3 de xul. de 2015

A VELLA E NOVA POLÍTICA,OU DE COMO JOSEPP NON É MARICÓN.PERO SI AVISPA.

UN ARTIGO  DE XAN GALBÁN.
Falemos claro o ex"humilde funcionario" e" ún mais"do Concello de Cambados D.José PP nunca escondeu a sua ideoloxía conservadora e casposa que ás veces lle deixan espresar nun medio de comunicación coma é o Diario de Arousa con bastante éxito de crítica e público,mais en concreto nas huestes
esquerdosas da Vila que,como Carlos Luis Rodriguez na La Voz de Galicia nos anos 80´s facía tremer a todo o
nacionalismo galego abríndolle mercado en todas as comarcas ás que non chegaba daquela,polo que felicito ao Diario arousán por fichar a tal insigne"pluma".Sempre que compartillan os artigos nas redes o leo con atención coma me pasou hoxe dende o blog de Arturo Cores Rodríguez" Cores de Cambados"e case nunca contesto por que cadaquén ten
dereito a se expresar como pode, como quere e como lle peta,pero o atrtigo de hoxe sobre a" banderita multicor" raia no personal,afecta ás afectividades dos cidadáns,á sua maneira de se relacionar sexualmente e en sociedade polo que non podo ficar calado desta vez;non quero cair no plano personal,afectivo e familiar del por que non son desos pero espero encarecidamente que nunca teña a mala sorte de que
lle enxendren un vástago gai,por que a mala sorte sería para @ nen@. A bandeira gai que se pendurou na balconada do Concello polo goberno cuatripartito non foi para promover que haxa mais gais,nin para que vostede se
faga gai nen tan sequer para restregarlle a ninguén a condición sexual dun 7% da povoación,senon que o que buscaba o acto era a normalización dunha realidade negada polas leis e institucións que vostede alaba tan pronto pode,anteriores a ese malvado Presidente chamado ZP;é curioso que cando se fan enquisas sobre os usos e costumes do mundo gai sempre saen que temos un grande poder
adquisitivo,que gastamos moito en cultura e revistas de toda índole,que viaxamos moito,que votabamos ao PP...pero sabe por qué?ppor que os non armarizados de sempre,que eran aos que lles podían facer as enquisas
proviñan de familias pudientes e con profesións liberais aos que lles importaba ben pouco as consecuéncias económicas e non tanto as familiares,saiba vostede que no Concello izouse a bandeira do Arco da Vella polos gais do PP pero especialmente para os
mariñeiros,os agricultores,os pensionistasas mariscadoras,as novas xeracións de raparigos e raparigas que inda están armarizados e sofren o desleixo por xente coma vostede,vostede non, non se meteu no
avispeiro,vostede é avispa.Pertence a unha xeración de conservadores da Vila que está condenada a desaparecer por outra nova mais preparada e mais aberta que sendo conservadora de igual maneira xa non acredita nos valores do "Santiago y cierra Spaña",ésa será a nova política dun futuro
que teremos que construir en común e que como toda vangarda tócalle á esquerda ser a primeira en levalo a cabo.Non invoque ás Sagradas escrituras que nunca levou a cabo con disciplina beata e en todo caso pensa vostede que vender a unha filla coma esclava é moralmente aceptable?Exodo 21/7,ou traballar en Domingo quen o faga debe morrer?,tamén no Exodo,e mesmo se os xogadores do Xuventude de Cambados ván a un furancho e tocan a pel dun porco impuro deben ser axusticiados?Levítico 11/7.O que sí me permito é recomendarlle unha cousa,se non lle gusta a palabra matrimonio polo que supón na súa orixe etimolóxica e xurídica,diríxase ás estáncias correspondentes do Estado e esixa que a súa remuneración coma xubilado,o seu Salario llo paguen en Sal,en toneladas de sal VIVA CAMBADOS
XAN GALBÁN

Ningún comentario: