4 de xul. de 2015

SONIA CASTRO MARTINEZ DE CAMBADOS, GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS DO ALBARIÑO 2015

ARDUA TAREFA PARA O XURADO QUE TARDOU EN DAR O NOME DA GAÑADORA.
Sonia Castro Martinez de Cambados resultou ser a gañadora do concurso de carteis do Albariño 2015, entre preto de 100
cartel gañador
carteis que participaron no concurso. 
Hoxe a maña no Salón de Plenos do Concello de Cambados puxéronse a exposición do xurado os 93 carteis presentados a concurso e unha vez rematada a  deliberación procedeuse a dar o nome de gañadora. 
En representación do goberno cambadés falou primeiro o concelleiro de Cultura Victor Caamaño que  dixo que o concurso estivera
moi disputado, que era obxectivo deste goberno recuperar o concurso de carteis e abofé que o conseguiron resultando un éxito rotundo e que no mesmo participou todo o mundo. De seguido cedeulle a palabra Victor Caamaño ao concelleiro de
economía Xurxo Charlin , quen dixo que se presentaran 96 obras, das cales tres foron eliminadas por non cumprir as bases do concurso, que se presentou xente de Asturias, Coruña, Vigo,
Cambados, etc, e tamén cualificou o concurso como un éxito total. Xurxo pasoulle a palabra a portavoz do xurado a periodista cambadesa da Voz de Galicia Maruxa Alfonso, quen en nome dos demais compoñentes do xurado que eran Ramón
Ruidobro do Consello Regulador, Fernando Arenaz pintor e mestre cambadés, e José Baamonde técnico de museos do concello de Cambados,  dixo que no fora nada doado escoller o gañador e que o mesmo resultou ser Sonia Castro Martinez de Cambados . Todos os carteis presentados e admitidos a concurso estarán abertos ao publico no Salón de Plenos do concello de Cambados durante a vindeira semana.









Ningún comentario: