
Un ano máis O Rif Rock e o Continental lanzan a súa programación para o Nadal deste ano, que comezaba o pasado sábado 12 no 1º dos citados locais coa Jam Obsession na que participaron recoñecidos músicos da comarca como Quique Barreiro, Carlos Abal ou David Falcón entre outros. Posteriormente Comomepos amenizou o que quedaba de noite.

A derradeira actuación será a de Nacho Pérez y los chacales o domingo 26 no Continental, que encherán o local cambadés de blues e funk.
Os picadiscos nos vindeiros fins de semana nos dous locais serán: Mustapha dentro da serie mensual Fuck'U Whiteys... Black Groves o venres 18 (Rif), Chief Bromdem fará dobrete o 19 (Rif) e o 26 (Continental), El gran Iñigo será o que fará bailar os presentes o 19 no Continental tralo concerto de Sharknadoos e Michi Calambres porá o punto final a esta programación de Nadal tamén o día 26 no Rif.
Tedes toda a información da programación no Blog do Rif
Imaxes: Perfil persoal de Rif Rockerz en Facebook e o citado blog
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.