Páginas

21 de xan. de 2016

Leda Atómica nas semifinais do EISVMusic 2016


Leda Atómica, a gran sorpresa no panorama musical cambadés no 2015 busca mediante o concurso de bandas da Escola de Imaxe e Son de Vigo facerse un nome no panorama musical galego. E é que coa súa posta en escea estes 5 cambadeses non deixan indiferente a ninguén. Unha mezcla de teatro, poesía, prosa e música que son capaces de poñer os pelos de galiña a calquera.



As semifinais consistiron na presentación de dous dos seus temas que foi grabada polos organizadores e que podedes ver neste enlace. No mesmo podedes ver a esencia do grupo tanto no seu directo, como na posterior entrevista, onde amosan a súa bis máis cómica á par que absurda.

Así todos os cambadeses e cambadesas podedes votalos para que se planten na final deste concurso pincando aquí

Se queredes coñecelos máis a fondo podedes consultar o seu perfil en Facebook, aínda que a recomendación dun servidor é que os vexades en directo e disfrutedes do espectáculo que dan Edu, Jose María, Antón, Xosé e Sergio. Teredes un petisquiño no concerto do Venres de Entroido en Brañas, onde ademáis de tocar algúns temas seus, tamén nos sorprenderán con unha versión de Unha Grade Chea.

Poñerlle solo un "pero", que dende A ti meu Cambados nos gustaría que utilizasen máis a miúdo nos seus temas a lingua da terra... O galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.