En primeiro
lugar, quero presentarme: Eu son
o funcionario do concello de Cambados do
que vostede falou hai uns días nos xornais , onde dixo na súa nota de prensa, que son o secretario e o chófer da alcaldesa. E , cando digo nota de prensa, penso que xa estou sendo xeneroso de abondo, en verdade
Fala vostede, que estas tarefas as fago
porque a alcaldesa non posúe carné de conducir. Si vostede, que ten tempo libre de abondo, se
mergullase un pouco polas redes sociais, seguro
que se sorprendería. Mais, non é a miña intención falar do carné
de ninguén, entre outras cousas, porque non me interesa en absoluto, non é ese
o tema.
O asunto que
me trouxo até aquí e outro ben distinto. Mire: Nos xornais ironiza vostede sobre
a posiblidade de un presunto pago de
favor a un funcionario. E, o mais sorprendente, é que o dí como
si fora fumar un pitillo. E, por
riba, o fai como voceiro de un grupo
político Manda truco!
Penso que debería vostede explicar este asunto: Que clase de favor é ese? Quen
paga o favor? Quen o recibe? En
que consiste? Agradeceríalle que falara ben claro e sin reviravoltas, pois esta en xogo a miña reputación coma funcionario e, simultáneamente, tamén a de vostede . Ou non se decata? A ver si estos favores dos que fala, han ser coma o carné de conducir de Fátima Abal, quen ,
según vostede, non o posúe.
A verdade é que esperaba un pouco mais
de vostede , Sr. Aragunde ; cando
menos, un pouco mais de altura de miras; un pouco mais de rigor pola súa parte; algo mais
de respeto polo personal que traballa nesta Casa. Acaso pensa vostede que está en poder da verdade absoluta,
e pode falar a eito? Seica, en nome da superstición política, se pretende levar o matadoiro a dignidade humana? Ou será
que tivo vostede un designio divino …?
Mire: Todo esto, llo
di un funcionario, un traballador do concello que , despois
de trinta anos de traballo continuado e, debido a unha eiva
física, fun examinado por un tribunal médico , o cal emitiu un dictamen que é
vinculante para a administración pública,
e tamén concluínte. Lóxicamente non hei
entrar no contido por ser cousas conficenciales, mais por este motivo estou a realizar tarefas de tipo administrativo, non de chófer nin
outras paxaradas como vostede asegura. Asi que, despòis da aclaración, lle rogaría
que, antes de facer evaluacións preconcebidas sin ningún tipo de argumento , antes de
empregar a demagoxia e a propaganda, antes
de enarbolar a bandeira da suprema sabiduría
e falar barato; en definitiva, antes de opinar nos medios sobre a situación
laboral de un empregado, primeiro,
infórmese; despois, opine. Ainda que,
visto o visto, de vostede xa non me
sorprende nada, Sr. Aragunde. As súas
historias son paverísimas desde logo e,
si lle digo a verdade, penso que,
quizais, algún xa ten tema para o entroido.
E, senón, tempo o tempo…
Reciba un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.