Páginas

27 de abr. de 2019

GALIZA ANTE O ABISMO DA IRRELEVANCIA


Nas épocas nas que os partidos políticos negocian gobernos ou presupostos é habitual escoitar en conversas de bar, en comidas familiares ou cos amigos expresións do tipo: “É que o final reparten todo entre os vascos e os cataláns”. As máis das veces este tipo de exabrupto ven cun análise superficial do final do proceso, sen conseguir ver o fondo ou a causa, que non deixa de ser o factor identitario que teñen estas dúas nacións con respecto o resto de rexións do Estado.

Galiza nunca conseguiu ter esa identidade, probablemente porque nunca houbo unha dereita burguesa e nacionalista, como si sucede en Cataluña e Euskal Herría, que lle dese a réplica a esquerda. Atrevereime a dicir que esta dereita nacionalista quedou diluída en Alianza Popular e minorizada ata a irrelevancia no actual Partido Popular de Galicia.


E así chegamos a estas eleccións do 28A, que, de non remedialo cos nosos votos, serán as eleccións nas que Galiza se quede sen voz no parlamento do Estado Español. Non vou facer aquí un análise das causas desta deriva, e creo que a nivel de voto o nacionalismo galego se vai a encontrar moi forte, pero a factura da división vana pasar ben gorda e vainos costar as cordas vocais.

E por iso dende este minúsculo espazo da rede pido que se vote en masa, que se vote nacionalismo galego, porque nos estamos a xogar o futuro da pesca, da industria gandeira, da tecido industrial, dos nosos vellos, dos nosos dependentes, dos nosos nenos e nenas... Ninguén vai defender mellor os intereses de Galiza que os nosos partidos nacionalistas e de esquerdas.

Esta é a única esperanza que nos queda para que dentro de un mes, cando se comece a negociar o goberno do Estado, non volvamos a escoitar a tan manida frase do inicio deste texto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.