Páginas

15 de maio de 2019

DE VICTIMISMOS, POLÍTICOS ACABADOS E O CAMBADOS DO FUTURO

Cordal tumba a Aragunde coa súa defensa a ultranza da sanidade pública e dos logros do goberno municipal


Xa rematado o debate de Canal Rías Baixas (tedes o vídeo completo o final do artigo), estes son para esta páxina os momentos clave que marcaron o seu desenrolo:

Fátima Abal, apoiouse en todo momento nos investimentos chegados dende a Deputación nestes 4 anos, aínda que estes cartos son os que lle corresponderían a Cambados por número de habitantes, independentemente da representación socialista no equipo de goberno. Sobre as áreas xestionadas polos socialistas resaltou a declaración do Albariño como Festa de Interés Turístico Internacional (Un logro do que participamos tódalas cambadesas e cambadeses e non é de ningún partido político), logro que atribuíu á súa compañeira de candidatura e concelleira de Turismo, obviando que o concello contratou a unha empresa para realizar esa tramitación administrativa. Resulta un tanto chocante que enumerase como un logro a adhesión de Cambados ós “Pueblos mágicos de España”.

Luis Aragunde, que tivo 4 anos nos que percibiu 240.000 € para preparar a súa volta a alcaldía, estivo sen apenas argumentos convincentes e utilizando datos falsos ou sen contrastar. Temos un claro exemplo no momento no que aludiu á redución nestes 4 anos do número de comercios e autónomos, dato desmentido con firmeza e con números por Tino Cordal; ou cando aludiu ó retraso na atención no departamento de servizos sociais, obviando que ese retraso produciuse por unha situación excepcional a todas luces, na que as tres traballadoras sociais do concello colleron a baixa laboral no mesmo período. Cordal aclarouno con rotundidade matizando que a resposta do departamento que el dirixe foi moi rápida, ó convocar un proceso de contratación de persoal mediante oposicións libres e transparentes, de tal forma que nunca a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados houbo tanto persoal traballando como na actualidade.

Nun exercicio de demagoxia, Luís chegou a comparar as inversións realizadas polas distintas administracións nestes 4 anos coas realizadas durante os 28 anos de alcaldía dos Populares. Fixo gala tamén dunha falta de escrúpulos inaudita ó falar da conserveira q necesita 12.000 metros cadrados... Unha tomadura de pelo para os cambadeses.

Para esta páxina o momento estelar do debate foi sen ningún xénero de dúbida entre Cordal e Aragunde ao falar dos recortes no centro de saúde. O candidato de Somos Cambados dirixiuse a Aragunde mostrando un recorte de prensa no que aparecía o mesmo Tino Cordal nun acto de protesta diante do centro de saúde, ó tempo que dicía que o mesmo día no que a Concellería de Sanidade do Concello esixía á Xunta que non deixara o noso centro de saúde sen pediatra e que non pechase polas tardes en Semana Santa, Aragunde saía na prensa denunciando que un muro privado invadía 10 centímetros un camiño, mentres ensinaba a páxina de periódico onde se publicaba esa noticia. “Quedan claras as prioridades de cada quen, Somos Cambados defendendo unha sanidade pública de calidade para todos os cambadeses, e o PP denunciando un muro privado”. Aragunde quedou calado e visiblemente afectado por ese tremendo ZASCA de Cordal.

Pola súa banda Víctor Caamaño resaltou entre outras cousas a necesidade do PXOM e criticou duramente as políticas urbanísticas do PP, mentres que Jose Ramón Abal non fixo máis que sacar peito por tódolos kilómetros de camiños asfaltados nestes 4 anos e os “avances” acadados dende a concellería de enoturismo.

Nun debate onde os 5 candidatos gardaron as formas con total corrección e no que non se produciu ningunha interrupción, Aragunde centrou os seus ataques en Cordal e en menor medida na candidata socialista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.