4 de maio de 2019

PRESENTACIÓN DAS MELLORAS NO ACCESO O CENTRO CULTURAL E CORVILLÓN DO BNG DE CAMBADOS


"Trátase dun proxecto da Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe a nacionalista María Xosé Cacabelos para aprobar no GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural). Foi presentado neste organismo (GDR Salnés-Caldas) polo Tenente Alcalde, Víctor Caamaño, representante municipal no mesmo. O proxecto sería financiado nun 60% con fondos europeos e con el preténdese realizar actuacións para mellorar ó acceso ó centro cultural de Corvillón á vez que se pon en valor a paisaxe tradicional da zona.

O acceso a este centro cultural obriga ós peóns a dar un amplo rodeo para chegar, polo que neste proxecto plantéxase a realización dun novo acceso unido ó paseo peonil do contorno do Muiño da Seca permitindo un doado achegamento desde o parque da Seca; lugar que concentra gran parte da actividade social da parroquia de Corvillón. O acceso deseñado, nun terreo con gran pendente, propón un paseo en zig-zag para posibilitar un acceso peonil transitable, así como a mellora ambiental para valorizar a paisaxe tradicional (eliminación de piñeiros e eucaliptos con plantación de especies autóctonas e tamén alumeado público) e diminuír a incidencia dos incendios na zona."

MELLORA DO ACCESO Ó CENTRO CULTURAL DE CORVILLÓN E MELLORA AMBIENTAL DO ENTORNO 

Ningún comentario: