Todos sabemos que logo da prensa local as RRSS, hoxe en día, xogan un
importante papel na propaganda política, e si ben, os partidos políticos
cambadeses están case todos nas máis coñecidas (Twitter, Instagram…) gran parte
da campaña de comunicación vaise xogar no Facebook.
Facendo un rápido repaso as páxinas de Facebook dos partidos encontrámonos
a seguinte curiosidade no número de seguidores de cada agrupación nesta rede
social:
Estadísticas última semana orde das columnas: Nome / Nº de seguidores / aumento de seguidores / Publicacións / Interacción
E que si polo FB fose hoxe en día estaríamos a ser gobernados polo BNG en
minoría e o PP sería 4ª forza, nin máis nin menos, pero as estatísticas de FB
pouco ou nada teñen que ver co que logo o votante mete no sobre.
Pero o máis interesante, para min, é a aposta polo contido que fai cada un
na súa páxina onde os fitos conseguidos por cada un, as propostas para o
vindeiro mandato e incluso as pullas que se botan os uns os outros (O mellor
exemplo, o do PSOE, que con 4 liñas de panfleto, reivindicaba dúas propostas dos seus
contrincantes).
Aquí gustaríame destacar a aposta polos vídeos nesta precampaña que se fixo
especialmente viral no vídeo de “A alcaldesa”, onde Fátima mostra a súa cara
máis institucional e tamén no caso de Somos Cambados, onde o candidato Tino Cordal
explicou a proposta do traslado do mercado na que se fai fincapé no aforro de
60.000 € anuais que suporía, o incremento do aparcamento no centro nos días de
mercado, a reactivación da economía no centro e a eliminación da contaminación
directa o mar que provoca o mercado.
Esperannos unhas longas 3 semanas de campaña, na que Cambados se xoga
moito. Estaremos atentos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.