24 de xan. de 2014

ESCÁNDALO SEN PRECEDENTES EN CAMBADOS

DE CONFIRMARSE A NOVA DE “ALZA LA VOZ” CAMBADOS ARAGUNDE SERIA COÑECIDO  COMO O PEOR ALCALDE DA DEMOCRACIA
QUERE ENCHUFAR A TRABALLAR NO CONCELLO  O ADMINISTRADOR DUN BLOG CAMBADÉS QUE ENSALZA A SÚA FIGURA E FEITOS.
Onte o coñecido blog cambadés “Alza la Voz Cambados”
publicaba unha nova, que doutra parte moitos xa tiñamos sospeita,  tratábase de que o administrador  do  blog do PP vai coller chollo no concello de Cambados. Si se confirma esta nova estamos sen ningún lugar a dúbidas perante o maior escándalo da democracia en Cambados e sobre todo ante o maior  escándalo de enchufismo e mais descarado de Luis Aragunde no Concello de Cambados. Despois de pechar Aragunde o seu Blog personal quedou este como seu sucesor, o problema que este energumeno
enchiase de razón e incluso nos chegaba a dicir que non tiñamos ética nin moral. E agora ti,  energúmeno, parásito, bufón, que nos contas “enchufado do carallo”, vas seguir tendo aberto o teu blog?. Agora que vas traballar no concello vas ter información de primeira man.  
Alza la Voz Cambados  titulaba “Aragunde busca premiar cun contrato a un bolguero cambadés” 
E decia o mentado blog: “Ás veces seguir a corrente dá bos resultados. O Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, quere continuar ampliando o número de persoas que cobran do erario público e xa que logo de todos os cambadeses sen pasar unha oposición nin proceso de selección algún. O rexidor, non contento con ter contratado un asesor de prensa, trata estes días de pechar o contrato do responsable da páxina web coñecida por cantar as
alabanzas do goberno municipal cada mañá e por criticar a aqueles blogs que (como este) utilizan a liberdade de expresión para contar o que non nos parece ben das accións do equipo de Aragunde. Nunha época na que miles de cambadeses seguen no paro Aragunde quere gastarse aínda máis diñeiro público en dar emprego, pero sempre aos mesmos, a quen están de acordo con todo o que di e fai. O webmaster que podería ocuparse (si péchanse ben unhas negociacións que xa están máis que avanzadas) do mantemento da páxina web e servizos informáticos municipais dando un gran salto na súa vida profesional e pasando de gestionar un blog a controlar a páxina web dun consistorio de máis de 10.000 habitantes. 
Este blog tras varias xestións ten constancia de que Aragunde preparou un pliego con tres ofertas dos candidatos a estes servizos onde desde un primeiro momento soou o nome desta persoa. 

Fai uns meses xa sospeitabamos das actitudes peperiles deste elemento.

As preguntas parecen obvias. Malia que custou 43.000 euros facer a nova web non contratou un servizo de mantemento o goberno municipal? Partindo da base de que é lóxico que os portavoces sexan persoas de confianza é normal que tampouco se saque a concurso nin se elabore un proceso de selección para un posto técnico como este? Está claro que os favores páganse.”
Este blog do PP levaba dinamitando a rede  baixo perfiles falsos todo o que os blogs progresistas publicabamos . Agora sa sabemos a razón, parafreseando a Belen Esteban o blogueiro do PP diria  “Yo por Aragunde , mato, maaaaaaaaato.”
E para rematar imos parafresear tamén unha coñecida canción popular galega que se titula “Vivir na Coruña”
“Vivir en Cambados que bonito é, falar ben do concello para terminar cobrando do PP”.
Señores o que fixo este individuo ten un  calificativo: C I N I C O.
Fillo de Abrahan ,  si tiveras un mínimo de decencia, pechabas o blog do PP, porque os demais xogamos en desventaxa,  o PP ten unha páxina web, a do concello e un blog, o teu. 
O prblema non é que este home sexa do PP que ten dereito a ser do partido que queira, o problema é que o negue e nos acuse aos demais de partidistas.
Si se confirma a nova daremos nome e apelidos deste impresentable.

Ningún comentario: