30 de xan. de 2014

EVENTOS PARA ESTE FIN DE SEMANA EN CAMBADOS

VOLANDEIRA,PING-PONG, SKALOPENDRA, TEATRO INFANTIL
Este fin de semana temos  en Cambados dende un peculiar campionato de ping-pong, ate un concerto de rock, pasando
por unha actuación  dun grupo de gaitas, rematando por teatro infantil. O venres a partir das 10 da Noite actuación de Volandeira no Bar Baloca con motivo da “Hora Galega” que este establecemento organiza todos os derradeiros venres de mes con tortilla e pinchos gratis, así
como queimada. 
A uns pasos dalí esa mesma noite e as 23 horas, concretamente no Pub A Leria un singular campionato de ping-pong no que o primeiro premio é unha paleta de xamón , o segundo unha botella de licor e o terceiro unha caixa de copas de cervexa. 
Xa o sábado a iso das doce da noite o grupo Skalopendra  dará un concerto de rock no Pub 80´s de Cambados, na rúa Isabel II (antes Pub A Tribu), a partir das doce da noite.
Por último o domingo  a partir das 19 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados continua o ciclo de teatro infantil e xuvenil.

Ningún comentario: