UNHA CRÓNICA DE PABLO ABAL.
Esforzo,acerto,entrega e concentración. Esas poden ser as
palabras que definan o partido celebrado o sábado no Pombal.
palabras que definan o partido celebrado o sábado no Pombal.
Comezaba un encontro no que os visitantes partían como favoritos debido á diferenza na clasificación, pero cun detalle moi importante: o 53-81 que os cambadeses endosaran ao conxunto catalán na súa visita á pista do filial do Joventut. O Xuven saltou á pista moi concentrado, pero con pequenos despistes no balance defensivo, o que permitiu ao Prat adiantarse cun 0-4. Pero o Conservas de Cambados púxose o mono de traballo, atopando o seu mellor nivel defensivo e tendo moito acerto de face ao aro. Finaliza o primeiro período cun 15-8 moi esperanzador.
Un triplo de Lucas Vaquero inaugura o segundo cuarto. O Xuven seguía sorprendendo ao CB Prat con boas defensas e rápidas transicións ofensivas. Podemos afirmar que neste cuarto, o equipo local adquiriu un nivel defensivo excepcional, moi agresivos e activos. A falta de 1:46 un triplo de Norman Rei pon a maior diferenza do partido no marcador(28-14). E un terceiro triplo tamén de Norman cando quedaban 25 segundos situaba aos locais con 15 puntos de vantaxe. Este período finalizaría cun 33-20.
Empezaba o terceiro cuarto dun xeito máis que bo. Norman Rei anotaría o seu cuarto triplo e faría estalar á afección cambadesa que vía o 36-20 no marcador. Neste cuarto os dous equipos atacaban con moita soltura, movendo moi rápido o balón. Con Taylor e Alberto como principais referentes, o Xuven seguía mantendo a vantaxe adquirida desde o principio do encontro. E ata chegando a aumentala ao término do cuarto, cun 58-41.
Malia a diferenza no marcador, o Conservas de Cambados sabía que lle ía a tocar sufrir no último asalto do partido, e así foi. Unha asistencia de Ander para Rafa Wildner colocaba ao equipo local 19 puntos arriba. Pero un colapso no ataque local, grazas a unha gran defensa do conxunto
visitante, apertaba o marcador a falta de 6:22 (62-52). O partido estaba “quente” e proba diso foi a falta técnica sinalada ao base visitante Agustí Sans, que seria a súa quinta falta e polo tanto a súa expulsión. O Xuven perde o balón e posteriormente fai unha mala defensa, o que propicia que o Prat se meta no partido(66-59). Alberto Rodríguez continuaba dando un recital dentro da zona, e cunha traballada canastra a falta de 3 minutos poñía un 70-60 no electrónico. Os
últimos minutos foi un querer e non poder por parte dos mozos e talentosos xogadores do CB Prat, que faría finalizar o encontro cun 74-66.

Importante e merecida vitoria para os galegos, que lles fai subir postos na clasificación. Pola súa banda, esta derrota podería afectar ao estado anímico nos xogadores do conxunto catalán, que este próximo fin de semana xogarán a final da Copa Adecco Prata ante o Fund. Baloncesto Fuenlabrada.
Destacar o partido realizado por Norman Rey, que parece que xa atopou o seu mellor nivel con 16 puntos, 4/5 en triplos, 5 asistencias e 20 de valoración. E como é costume, Alberto Rodríguez callou un bo partido con 17 puntos,6 rebotes, 4 asistencias e 19 de valoración.
Pablo Abal
en
http://www.jorgelorenzobasket.com/2014/01/27/el-conservas-de-cambados-tumba-al-cb-prat/
en
http://www.jorgelorenzobasket.com/2014/01/27/el-conservas-de-cambados-tumba-al-cb-prat/
@PabloAbalRey

Ningún comentario:
Publicar un comentario