27 de xan. de 2014

O TAPADO DO PP PARA AS ELECCIÓNS A CONFRARÍA DE CAMBADOS PODERIA SER ALEJANDRO PEREZ PIÑEIRO

FOI NA LISTA DO PP DE CAMBADOS AS MUNICIPAIS NO 2007 E NO 2011
O pasado 9 de Xaneiro o blog cambadés “CORES DE
CAMBADOS” publicaba unha nova que titulaba “Benito González, Só ante o perigo”, e comentábanos que o PP de Cambados está disposto a apoiar a un home do partido , antes que o imputado Benito González. O propio blog citaba fontes preto do PP que dicían que queira impulsar a candidatura dun mozo armador de Santo Tome, este mozo segundo
comentarios de mariñeiros experimentos   é supostamente  ALEJANDRO PEREZ PIÑEIRO, o cal foi nas listas do PP as eleccións municipais tanto no ano 2007 como no 2011, concretamente nestas últimas eleccións  foi de número quince. É evidente que Benito González está
tocado, moi tocado, ten tres problemas gravísimos:  primeiro unha querela en Santiago de Compostela; segundo,  unha querela nos Xulgados Cambados na que tivo que pagar  unha fianza de 60.000 euros e terceiro unha nova que estamos pendentes de publicar (chegounos unha
documentación que  temos que “ordenar” que podería ser a ruína total da Confraría de Pescadores se chegara a levarse a cabo).  Louzán, Touris e Aragunde que foron os máximos valedores  de Benito González saben  que o tema xudicialmente está moi crú aínda que estanse a  mover "fios" para que non chegue a bo
porto. 

Non creemos que Luís Aragunde estea disposto a ír porta a porta de Benito Pelea da man como fixo nas derradeiras eleccións a Confraría pedíndolle o voto a xente do PP (a máis a que non era do PP)  para Pelea, e que mellor recambio que un home da
casa,  mozo e sen ningún problema xudicial. Tampouco é que Luís Aragunde, tamén querelado no Xulgado de Cambados estea para botar foguetes. 
Doutra banda tampouco nos estrañaría nada que repetira Benito porque si se sabe sen trono,  podía dicir moitas cousas que sabe de Louzán,
Tourís e Aragunde e demais industriaís de zona que están no allo. Así que non descartamos nada.
As eleccións están aí, a hora de redactar esta nova non podemos dicir nada sobre as candidaturas, entre outras cousas porque  a Xunta aínda non determinou a data das eleccións,  pero ao parecer van ser en primavera. Pero xa se oen “tambores de guerra.”


Ningún comentario: