DENDE A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE EDUARDO BAAMONDE A O RECITAL DAS K-NARIAS.
Este venres non te vas aburrir pois ha actividades para dar
a tomar. O venres empeza coa inauguración no Pazo de torrado da exposición de pinturas de Eduardo Baamonde, a cal se poderá visitar en horario de visita de martes a domingo de 16.30 a 19.30 h. A exposición poderá ser visitada ate o 23 de febreiro vindeiro.

A cousa continuará no pub BB+, tamén en Cambados, onde poderás asistir a actuación do DJ Marco Deejay, con ritmos “quentes e bailongos”. A entrada é gratuíta.
No Pub-vinoteca encontro de Barrantes a partir das doce da
noite veñen directos dende A Coruña catro fenómenos baixo o nome “Los Claretes” para deleitarnos co seu directo mais xenuíno mesturando temas propios con clásicos do xénero. Xa sabedes se queredes pasar un bo anaco e escoitar música en directo e de calidade… a opción é clara. Entrada 2 euros.

No Bar “O Galo negro” da Rúa Hospital de Cambados, as 22.30 horas actuación en vivo e en directo do monologuista Aildo Vidal, coñecido por saír nos principais canles de televisión, Cuatro, La 2, Antena 3 etc.
E por último no Pub Pilón de Cambados, a partir das dúas
da madrugada actuación tamén en vivo e en directo do dúo feminino K-NARIAS, quen presentaran en directo o seu novo disco. A partir das 00 horas haberá photohall.

Ningún comentario:
Publicar un comentario