30 de xan. de 2014

UNHA RARA MISTURA DE EMPRESAS ESTÁ DETRÁS DAS COMPORTAS DO SACO DE FEFIÑANS

ATA HAI EMPRESAS QUE SE ADICAN A EXPLOTAR COMPLEXOS DEPORTIVOS, IMPORTACIÓN, EXPORTACIÓN ETC. 
Un dos nosos mellores informades fainos saber  que as Comportas do Saco de Fefiñans está sendo realizada  por
unha empresa que se chama CIVIS GLOBAL S.L., pero si entrades nesta empresa a través  da páxina www.empresia.es temos que esta empresa a súa vez está composta por outras tres empresas que son  MQA NAVIA, SL, RIODEL ASESORES, SL e C. D. INDEPO, SL. Isto xa de por si resulta , dicía o noso informador sospeitoso, nos imos a dicir que “raro” , e sobre todo  que non apareza ninguén a
titulo persoal nesta empresa senón que aparecen sociedades. 
Pois ben, seguidevos sorprendendo, pinchando por exemplo nestas tres empresas a súa vez divídense en outras empresas (podedes seguir o a súa pegada na citada páxina) sae unha persoa como administrador pero resulta que no concello de
administración están ademais outras empresas mais, a súa vez a terceira empresa ten tamén no consello de administración outras dúas empresas mais, a case todas teñen un nome dunha persoa como denominador común, 
E o noso informador  e nos tamén preguntámonos porque tanto mistura de empresas que se adican a cousas tan
peregrinas como xestión e explotación do novo complexo polideportivo de Navia, na cidade de Vigo , a compraventa, administración e explotación de inmobles,  a compraventa e administración de valores, así como a participación noutras compañías e a xestión e dirección de devanditas participacións,  a adquisición, tenencia, goce, administración en xeral, enaxenación e gravame de valores mobiliarios de renda fixa ou variable,  a adquisición, importación, exportación, distribución e venda de materias primas ou  a adquisición, tenencia e goce, administración en xeral, enaxenación e gravame de valores mobiliarios de renda fixa ou variable.  Hai empresas que teñen sede en Madrid, Vigo, Ourense etc. 
Todo isto para unha obra estimada en 450.000 € .
Entendedes algo?. Non vos parece moi raro todo isto?.
O final os cartos da obra realmente a que petos van?
Porque os partidos da oposición e prensa en xeral non investigan ou preguntan por  este tema?

1 comentario:

o quinto dixo...

Los partidos de la oposicion no sirven absolutamente para nada, solo saben bajarse los pantalones y tragar lo que le sea.E despois piden o boto, pa que carallo o queren, se despois dinche que non poden facer nada por que os outros teñen a mayoria. e millor non botar solo beiras ten o que se debe ter, os do bloque que compren un bosque ese perdan en el