![]() |
| Manolo Pillado , Tesoreiro de Unha Grande Chea, posando con Angels Barceló. |
Onte, martes 26.10.2010, a Cadena SER, desde o Teatro Principal de Pontevedra transmiteu en directo para toda España o seu programa Hora 25, dirixido por Ángels Barceló, no que interviñeron, entre outros, o Alcalde de Pontevdra e o Presidente da Xunta, a quen non sabemos si lle quedarían moitas ganas de volver pois foi recibido e despedido con total frialdade (e bastantes abucheos) polo público asistente, quen aplaudeu a rabiar as preguntas que lle dirixían os contertulios, e entre eles, o máis, Carlos Carnicero. Tamén o alcalde Lores foi moi aplaudido tanto na súa presentación, como nas súas intervencións. Será certo que algo está mudando neste país? Para mostra de que estivemos alí, neste caso representados polo Tesoreiro da Asociación Manolo Pillado a quen podemos ver a veira de Ángels Barceló quen ademais tivo a xentileza de facernos unha dedicatoria para Unha Grande Chea (Para Unha Grande Chea. Un beso enorme) a quen se sumou tamén o afamado escritor galego, tertuliano de Hora 25 e azote do PP, Suso de Toro (Unha aperta desde Pontevedra de noite, para: Unha Grande Chea) . O que si xa e denigrante e intolerabel é a actitude de Radio Pontevedra a nivel local quen hoxe a mañá non comentou nada dos abucheos que sufriu o presidente da Xunta onte noite.
As adicatorias de Angels Barcelo e Suso de Toro a Unha Grande Chea:
+Suso+de+Toro.jpg)

++%C3%BCngels+Barcel+%C2%A6.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario