Nunha nova andaina portuaria, a serie documental salitre da TVG percorre o porto mariñeiro de Cambados, que naceu da unificación de tres antigas e pequenas vilas, Cambados, Fefiñans e San Tomé, un porto cheo de historias, lendas e de mariñeiros pioneiros como os que crearon as primeiras asociacións mariñeiras; xentes preocupadas por manter o seu pan de cada día que procede das augas mariñas da ría, como é o caso das mariscadoras desta zona, que co fin de conservar os produtos levaron a cabo medidas para recuperar a produción de berberechos e ameixas nas zonas onde realizan o seu traballo, pese a nefasta actuación en moitas ocasións da súa presidenta así como do patrón maior. Unha das mariscadoras convértese en testemuña para os telespectadores, para contar como se collen as miñocas na seca que posteriormente se venden para cebo. Outra testemuña deste relato portuario é Damián, un rapaz novo que traballa na gasolineira que atopamos no porto, onde acoden diversas embarcacións para abastecerse.
As mañanciñas, na ría, obsérvanse grupos de mariñeiros nas súas lanchas, traballando ao raño, mentres que outros mariñeiros de baixura van chegando ca súa mercadoría ao porto, lugar onde despois de clasificar a pesca do día traballan no se barco, deixando todo listo para a seguinte saída, como é o caso de Samuel Vázquez, que pasa bastantes horas no porto limpando o aparello de algas que son moi abundantes na ría en certas temporadas do ano. Da reparación destes aparellos e da elaboración de voitiróns encárgase Charo, unha atadeira de Cambados que se dedica a esta profesión dende moi pequeniña. O programa emitiuse fais uns días pero si o perdeches podes velo premendo AQUI ou na mesma imaxe.
Texto extraído da propia TVG.
Texto extraído da propia TVG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario