5 de out. de 2010

CAMIÑO DA LINGUA

Primeira etapa. Domingo 10 de outubro
Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)
Saímos camiñando ás 8:00 da mañá da parada de autobuses do Parque de San Lázaro de Ourense. Ao chegar xantaremos en Cea e, cando rematemos, un autobús traeranos de volta a Ourense a onde chegaremos arredor das 17:00 h.
Segunda etapa. Domingo 17 de outubro
Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Cea. Desde alí, continuaremos o camiño ata chegar a Lalín. Ao rematar de xantar volvemos a Ourense en autobús, coa previsión de chegar arredor das 17:00 h.
Terceira etapa. Domingo 24 de outubro
Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 25 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Lalín e, ao rematar o xantar, recolleranos en Ponte Ulla para volver a Ourense.
Cuarta etapa. Domingo 31 de outubro
Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 25 km (aprox.)
O autobús que nos levará a Ponte Ulla sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) e, ao xantar, recolleranos en Santiago.
Inscrición
Podes inscribirte para cada etapa ata a mañá do venres anterior a cada unha, nos números de teléfono: 988 218 123 ou 639 519 242 ou ben na dirección electrónica amencer@amencer.org
O prezo de inscrición son 5 euros e inclúe todas as etapas. Para estudantes e parad@s é de balde.
Trae a túa equipación e o teu xantar e bebida. A equipación axeitada é a seguinte: calzado cómodo (o ideal é de goretex) que non sexa novo (pódese levar calzado de reposto por se manca), dobre calcetín, roupa cómoda, gorra (non viseira), chuvasqueiro por se chove. Nunha mochila pequena cómpre meter o xantar e bebida. Todo isto debe estar dentro dunha bolsa de plástico por se a mochila non é impermeable. Tampouco esquezas a protección para o sol.
Organizan:Asociación Xuvenil Amencer, Plataforma Queremos Galego, Concellaría de Voluntariado do Concello de Ourense. Programa de voluntariado lingüístico, Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense
Colaboran:Casa da Xuventude de Ourense, CMEI Ourense - Coordinadora de Mestres/as de Educación Infantil de Ourense, Agrupación Cultural Auriense.

Ningún comentario: