O ano 2011 celébrase o 50 aniversario da morte de Francisco Asorey, e, ao igual que fixemos coa celebración do Ano Cabanillas, desde Candea queremos facer un pequenos proxecto que serva para dalo a coñecer entre o noso alumnado e á vez rendirxe unha homenaxe.
Para falar do proxecto de traballo teremos unha reunión á que convidamos aos representantes dos centros interesados.
Poderían asistir profesorado de Plástica, Historia/Arte, Responsables de Normalización Lingüística, ou en xeral calquera que estivese interesado/a no proxecto.
DÍA: luns 4 de outubro
LUGAR: IES Francisco Asorey (Rúa Os Caeiros-Cambados)
HORA: 7 da tarde
PROXECTO DE TRABALLO. ASOREY NA ESCOLA
1.-EXPOSICIÓN
Homenexe dos centros do Salnés a Francisco Asorey
Proceso de traballo:
1-Elaboración dun guión, 2-Reparto do traballo, 3-Realización en cada centro
Cada centro elabora un panel a partir dun tema ou obra con ilustracións (fotos, debuxos, pintura, montaxes) que se poden complementar con textos explicativos., 4-Edición e impresión dos paneis
5-Inauguración e rotación da exposición por todos os centros participantes., 6-Acto de clausura.
Temporalización:
Elaboración: 1º trimestre
Edición: xaneiro 2011
Exposicións: febreiro a novembro de 2011
2.-PUBLICACIÓN
Asorey na escola
Asorey na escola
Elaboración dun libro conxunto no que se poden recoller:
Traballos escolares: paneis da exposición, traballos de investigación de alumnado ou profesorado…
Achegas de colaboradores/as (pintores, debuxantes, fotógrafos, escritores…)
Unha biografía de Asorey axeitada á escola
Financiación: Dependería de ter axudas económicas.
COORDINA: Adela Leiro,Maribel Iglesias
MATERIAL DE APOIO
Exposición elaborada polo IES Asorey, Blogs de Maribel Iglesias
Presentacións:
Arquivos fotográficos de Adela Leiro e Maribel Iglesias
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés
Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra.
Namentras o Concello sempre a remolque das entidades privadas que son as que poñen o grito no ceo e na prensa de hoxe podemos ver como "a que sempre está e non fai nada" que non é outra que Rosa Oubiña vai falar co conselleiro de Dena Roberto Varela (sabrá este home quen é Asorey?), para ver si "organizan algúns actos" a prol do escultor cambadés.

Ningún comentario:
Publicar un comentario