![]() |
| Antón Mascato Concelleiro de Cultura de O Grove. |
Onte a noite os contertulios dos"Venres no Balcón" (Balcón Café de O Grove) celebramos una nova sesión de faladoiros, esta vez cun tema enriba da nosa mesa de candente actualidade local, como o da "POUSADA DA LANZADA".
Ca presencia ademáis entre dos xa habituáis e outros de Antón Mascato , concelleiro de cultura , reflexionamos sobre o compromiso da continuidade do uso público do espazo .
A inutilidade deste investimento , apreciando isto dende o punto de vista do deficit de infraestructuras permanentemente demandadas polos cidadáns que estarían destiñadas a cubrir as necesidades primarias existentes no pobo :Piscina, Centro de saúde, auditorio.
Á pretensión a priori, da Diputación Provincial de facernos crer que é posible compatibilizar todas as actividades hoxe existentes no antigo sanatorio,CONSIDERÁMOLA INVIABLE tal e como están plantexadas.
Se podería apreciar unha real vontade política en favor das carestías do noso pobo saber ca prioridade fose a de ubicar unha escola de hostelería.
A pregunta é a de sempre : ¿porqué os investimentos públicos no Grove non se dirixen realmente a mellorar a calidade de vida de todos os grovenses?

Ningún comentario:
Publicar un comentario