Unha carballesa de 25 anos Angela (Preme AQUI para ver o seu facebook) propón no seu facebook unha curiosa a par que novidosa iniciativa. Para acompañar ao Papa na súa visita a Compostela, moita xente pensa que debemos seguir a palabra de Deus contan grata visita, así a véspera da súa paixón Xesúscristo díxolle os seus discípulos “Douvos un mandamento novo: amádevos uns os outros, como eu vos amei”, para seguir o pe de letra os consellos de Xesús propón Angela que miles de parellas se biquen nos morros ao paso do Papa por Santiago, polo que invita a acudir a capital de Galicia para "morrearnos" todos. Moi boa iniciativa si señor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario