2 de out. de 2010

FUMOS DE ESTREA

O festival de cine de Ourense ábrese coa última cinta de Tosar (foto 3) .
Un ano máis, e xa van 15, Ourense vivirá de cine durante nove días. O Festival de Cine Independente de Ourense -ou o Ourense Filme Festival (OUFF)- poralle esta noite a alfombra vermella ao outono cultural da cidade coa estrea da película 18 comidas do director galego Jorge Coira (foto 4) e na que intervén o laureado Luís Tosar. Un debut de luxo para un evento que insiste en buscar o seu espazo no moi copado mundo dos festivais cinematográficos. Pola alfombra vermella pasara tamén  hoxe a Directora de Teatro Caracol Olga González Vilas (foto 1) e o directivo de Unha Grande Chea José Maria Trigo (foto 2).
Ingredientes:
1 músico de rúa que hai tempo perdeu a súa oportunidade para ser feliz.
1 muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa.
1 macedonio perdido en Santiago de Compostela.
2 amigos que non durmiron e que queren seguir borrachos o que queda de día.
1 home que espera o seu amor.
2 homes que se queren.
1 home que non sabe que o seu irmán quere a outro home.
1 convidada á comida equivocada.
1 rapaza que quere máis do que recibe.
1 home que non pode dar todo o que esa rapaza lle pide.
1 mozo-no día do seu aniversario- que morrería por que llo pedise a el.
2 irmás incomodadas porque unha delas quere ser cantante.
1 pai e 1 fillo que buscan cantante para a súa orquesta.
2 velliños que comen xuntos e en silencio.
Elaboración:
Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha
masa consistente e esponxosa.
Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade ós ingredientes para impregnarse do
sabor dos outros.
Meter no forno e esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas pero poderían selo.
Aliñar a gusto con risas e bágoas e , finalmente, sírvese nunha boa mesa, para que, quen o desexe, poida degustar,
durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas.

Ningún comentario: