29 de out. de 2010

RALLY ALBARIÑO DE CLÁSICOS

Este sábado 30 de outubro terá lugar a segunda edición do Rallye Albariño de Clásicos. O punto de encontro dos participantes será o parque pechado da Pza. de Fefiñáns. O percorrido terá unha lonxitude de 300 quilómetros; pola mañá, os participantes farán tres tramos deste percorrido, volverán a Cambados para comer nun restaurante cambadés, e continuarán pola tarde co resto dos tramos que levarán aos participantes ata os arredores de Pontevedra. A media tarde, regresarán cara á comarca do Salnés e farán unha parada na Adega Rosalía de Castro (Meaño) para gozar duns petiscos e dunha cata do viño "Paco e Lola". A continuación, renovarán a marcha para finalizar co último tramo do rallye que será duns 57 quilómetros aproximadamente. Para finalizar a xornada, os participantes gozarán dunha cea no mesmo restaurante, onde tamén se fará a entrega de premios.

Ningún comentario: