6 de out. de 2010

UNHA MÉDULA , POR FAVOR.

Todo empezou cunha simple varicela. Pero cando Inés Lomba Oliveira xa estaba en teoría recuperada, a pequena de seis anos, orixinaria da Guarda, continuaba sentíndose mal. «A principios de agosto, cando terminou o prazo que o médico nos deu para sacala de casa, ela seguíase queixando de que estaba moi cansa e de que lle doía a cabeza», explica a súa tía, Beatriz Lomba. Estrañoulles esa actitude, pois a nena «é a típica que aínda que estea algo pachucha sempre quere saír a xogar». Pero non foi ata que lle descubriron unhas manchas no pescozo cando a levaron a urxencias e, tras unha serie de probas, confirmáronse os seus peores temores: Inés sufría unha enfermidade chamada anemia aplásica.
Desde entón atópase ingresada no Hospital Xeral de Vigo, en estado grave e á espera dunha medula que lle salve a vida. A súa, como consecuencia da enfermidade, deixou de fabricar glóbulos vermellos, brancos e plaquetas, o que reduce ao mínimo os seus defensas. Pero na clínica, aseguran, xa non poden facer nada máis por ela. «Mañá -por hoxe mándana a casa, xa que din que a única solución que hai é o transplante», conta a nai de Inés, Vanessa Lomba. Máis información premendo AQUÍ.

Ningún comentario: