![]() |
| Luis Rei e Manolo Paz, "chalequeiros" de Unha Grande Chea. |
Cambados conta xa cunha comisión que se encargará de organizar os festexos do Ano Asorey. A entidade, formada por políticos, técnicos e artistas, quedou constituída onte no pazo de Torrado. O encontro serviu tamén para ir perfilando os actos cos que se quere render homenaxe a este escultor o ano que vén, cando se celebra o cincuentenario da súa morte. A catalogación de toda a súa obra será un deles.
O alcalde, Luis Aragunde, encargarase de presidir esta nova entidade na que tamén están José Manuel Asorey, fillo do escultor e Carmen Asorey, neta. Na comisión haberá representación da Deputación, José Juan Durán, da Consellería de Cultura, José María Picallo, do museo de Pontevedra, Carlos Vale, e do PSOE, Domingo Tabuyo, e do BNG, Víctor Caamaño. E non faltarán tampouco a profesora do instituto Asorey e biógrafa do escultor, Maribel Iglesias , o técnico de Cultura, Luis Rei, a asesora cultural da Deputación, Marta Lucio, e os escultores cambadeses Manolo Paz e Francisco Leiro.
Os integrantes da comisión esperan que non pase como na comisión organizadora do Ano Cabanillas 2009, que tando PSOE como BNG foron discriminados en todos e cada ún dos seus actos.
Nova "extraída" da Voz de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario