30 de nov. de 2010

EVA SOTO RECOLLEU HOXE NA CORUÑA O SEU GALARDÓN E O PREMIO EN METÁLICO.

COMO XA ANUNCIAMOS FOI PREMIADA NO APARTADO DE DESEÑO DE XOIAS.
Os once gañadores das once modalidades do premio Xuventude Crea recolleron o seu galardón esta noite na Coruña e entre elas a cambadesa Eva
Soto. O acto, está organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, impulsora dun certame que persegue recoñecer o talento emerxente en Galicia en diferentes disciplinas como a moda, o teatro, o deseño de xoias ou a música.
O certame recibiu este ano un total de 186 obras que representan a arte dos preto de 300 mozos e mozas galegas que se presentaron ao programa. A convocatoria deste ano incluíu un total de once especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, grafiti, carteis e deseño de xoias. A iniciativa, para mozas e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia, contou neste exercicio cun total de 280.000 euros.
A gañadora na modalidade de moda foi Leticia Branco Hermida; en cómic, Jose Domingo Used; en grafiti, Alejandro Castro Rei; en música, Miguel Ángel Alonso; en teatro, Mequetrefes Teatro; en deseño de xoias, Eva Soto Conde; en artes plásticas, Miguel Cuba Taboada; en relato breve, Enrique Bernárdez Reigosa; en videocreación, Sofía Grandío; en poesía, Gonzalo Hermo, e en carteis, María Pena

Ningún comentario: