![]() |
| Luis Rei, merecente deste premio e de moitos mais, no medio dos "presuntos plaxiadores". |
Titulares como “Os libreiros acusan ao Concello de plaxiarlles o premio Ramón Cabanillas” ou “A asociación recorda que leva sete anos outorgando esta distinción a escritores vinculados a Cambados” ou “Acusan o Concello de Cambados de plaxiar o Premio Ramón Cabanillas” ou “A Asociación de Libreiros acusa ao Concello de plaxiar por completo o seu Premio Cabanillas ” podemos ver publicados hoxe en Faro de Vigo, Diario de Arousa ou A Voz de Galicia, todos se fixeron eco da nova publicada por Unha Grande Chea así como do comunicado do presidente dos Libreiros de Cambados Ramón Dominguez Argibay. Segundo Domingo Tabuyo portavoz socialista isto non era o que se acordara en sesión plenaria senón a creación dun premio de poesía “Ramón Cabanillas” así é como cumpre os acordos plenarios o noso Alcalde pasándoos literalmente polo forro da chaqueta, a ver con que escusa nos sae agora Luís.
Nos dende aquí animamos os Libreiros de Cambados, a que sigan organizando o seu premio porque cada ano vai a mais, esta a adquirir unha grande categoría, e o auditorio atópase sempre cheo, ademais de integrar e invitar a outros colectivos a que participen no evento non como fai o Concello que exclúe a todo o mundo. E si Luis Rei estaba entre os seus candidatos e o final fora o que se levara o premio con máis razón aínda habería que facer a gala. A nova está a xerar comentarios tanto neste espazo como no libro de vistias de http://www.cambados.tk/ así como no noso facebook.
Por outra banda dicir que o vicepresidente da deputación o Sr. Durán, nun acto no que non pasabamos de trinta persoas (que esa é outra historia) esperou a sacarse a foto con Luís e inmediatamente marchou, iso chamase oportunismo político.

Ningún comentario:
Publicar un comentario