24 de nov. de 2010

ROTEIRO POLA LANZADA, ORGANIZADO POR ANDARELA.

O vindeiro domingo 28 de novembro a Asociación Cultural Andarela vai facer un roteiro pola LANZADA.
Todo o mundo escoitou falar das Nove Ondas, pero quen sabe onde está e para que se usa a cama da Santa?
Visitaran o Castro da Lanzada, agora que remataron as escavacións e reviviremos a revolta Irmandiña na Torre da Lanzada.
O punto de encontro é na praia da Lanzada (Noalla-Sanxenxo), fronte ao Con d’Arbón, ás 10 da mañá. Visualizar o mapa co punto de encontro.
O roteiro é guiado e apto para cativos. O percorrido non é longo. Recoméndase roupa de abrigo e calzado cómodo.
O roteiro é de balde e non fai falla inscripción! agardante.
Para máis información: http://andarela.blogaliza.org/

Ningún comentario: