22 de nov. de 2010

UN MAR DE PEDRA, POR FIN O 27 DE NOVEMBRO AS 20.30 HORAS.

A traxectoria vital e artística do escultor e chalequeiro de Unha Grande Chea Manolo Paz. Isto é o que o seu fillo, Manu Paz, tratou de reflectir no documental Un Mar de Pedra , que se presentou no Concello de Cambados. A cinta mostra o proceso creativo que segue o famoso artista cambadés desde que chega á canteira ata que a súa obra se expón nunha galería. A estrea deste documental, terá lugar o vindeiro sábado, día 27, no auditorio da Xuventude.
Os directores da cinta explicaron que o proceso creativo desta obra prolongouse durante tres anos. Coa súa tarefa trataron de contar como se fai unha escultura e, de paso, como se fai un escultor. Cambados está moi presente en toda a gravación, pois se inclúen imaxes da parroquia de Castrelo, do barrio de Fefiñáns, do peirao de Tragove e da torre de San Sadurniño. Ademais, personaxes moi coñecidos da comarca, como os artistas Lino Silva, Xaquín Chaves, Uxío López, Manolo Chazo, Paco Leiro, Lucas Míguez e Carlos e Manolo Rial son entrevistados para permitir coñecer, un pouco mellor, a figura de Manolo Paz.
Mil copias
O Concello de Cambados vai editar mil copias deste documental, que serán distribuídas en distintos foros. A cinta, que ten unha duración de 67 minutos, estrearase o vindeiro sábado. A sesión dará comezo ás oito e media da tarde no auditorio da Xuventude. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforamento do recinto, ainda que nos libretos que repartiu o Concello “Outuno Cambados cooltural” pon que é as 19 horas.

Ningún comentario: