![]() |
| Duas portadas na mesma imprenta unha prohibida , a outra permitida. |
A extraña moralidade da imprenta Jimenez Godoy de Murcia non deixa de sorprender os de Retranca... Resulta que os amigos de Vilagarcía de Arousa que editan a revista Scifiworld tamén imprimen en Jimenez Godoy. Curiosamente a nosa revista especial visita do Papa que amosaba ao Papa rodeado de billetes de 500 euros, feriu fondamente a súa moral cristiana, pero a capa do mes de outubro de Scifiworld cunha monxa chupando unha pistola non... E a cousa non acaba aquí... dentro hai imaxes tan cristiás como as que podedes ver si entrades no blog de Retranca http://www.revistaretranca.com/ Non hai nada como a coherencia empresarial desta imprenta.
O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma.
Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”. É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política.
![]() |
| A chalequeira de Unha Grande Chea Maria Pedreira, o presidente da devantida asociación Chon, e Ramón Dominguez presencian a sinatura de Kiko Da silva da revista en Cambados a finais do 2007. |
Desde Retranca queremos tranquilizar aos nosos lectores anunciando que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve.
Tamén queremos facer público que estamos tratando cos nosos avogados para tomar medidas contra os danos e prexuízos causados polo incumprimento de contrato da Imprenta Jiménez Godoy.
Retranca é unha revista galega de humor satírico que leva nos quioscos desde o ano 2007 e que o pasado sábado día 30 de outubro celebrou o seu terceiro aniversario cun acto no Café Moderno de Pontevedra ás 20.00 horas. Retranca, a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada.
O número era un especial sobre a visita do Papa a Galicia, e conta como autores invitados a colaboradores de la revista EL JUEVES (Jordi March, Guillermo, Manuel Bartual , Fer e Bernardo Vergara) ademais dos colaboradores habituais da revista.
Retranca foi presentado no Auditorio de Cambados fai tres anos por lo seu director Kiko da Silva polos librieros de Cambados.


Ningún comentario:
Publicar un comentario