9 de nov. de 2010

XORNADA 2 – XAV CAMBADOS

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 3 - 0 ** XAV Cambados A 25-14/25-6/25-10
Partido moi sufrido o que disputaron as infantís en Teis. A superioridade do equipo de Vigo foi manifesta e pouco poideron facer as nosas xogadoras no seu debút en campo contrario na Liga Galega. O equipo líder da clasificación superounos cun saque excelente que non poido ser contrarrestado polas nosas receptoras.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA

Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 3 - 0 ** XAV Cambados 25-20/25-16/25-17
As cadetes acadaron un resultado máis axustado pero igualmente favorable para as cadetes de Vigo. Bótase moito de menos a falta de Fuensanta Buceta, a nosa colocadora titular, que lamentablemente pode ter rotura do ligamento cruzado. Esperemos que se mellore nese posto tan sensible e ter a oportunidade de remontar. Queda toda a Liga por diante.
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA

Turismo de Vigo Caixanova 3 - 0 ** XAV Cambados 25-19/25-16/25-8
Algo parecido sucedeu co equipo xuvenil, que deu o mellor de sí no primeiro set e pouco a pouco foise fóra do partido. Faltaba Sofía Fernández, a central titular, así mesmo por lesión pero esperamos que se recupere do seu esguince o máis pronto posible.

2ª DIVISION A FEMININA

CD Conxo 3 - 2 ** XAV Cambados 25-14/17-25/21-25/25-18/18-16
Parece que as nosas senior están notando a diferencia de categoría. Tralo ascenso do ano pasado, os dous partidos xogados fóronse por moi pouco, pero especialmente este xogado o domingo en Santiago onde non poideron sacar adiante un partido no que tiveron unha bola de partido con 14-11 no derradeiro set, que acabaron perdendo 18-16. Confiamos no márxe de mellora nos próximos partidos.

Ningún comentario: