O meco-cambadés Gogue, acaba de ser novamente protagonista da porta da revista norteamaricana Dinamita.
Gogue ilustrou a portada da revista de humor estadounidense cun Obama vestido de Papa Noel. A publicación edítase en español e ten distribución en Carolina do Sur.
Os contidos da revista son definidas polo seu director Camilo Ramírez. “temos editorial da caricatura, tamén contamos con seccións de chistes, curiosidades, pasatempos, chistes gráficos, eventos da cidade e moito máis”.
Os lugares onde se reparte son Berea, Easley, Mauldin, Simpsonville, Taylors, Greer, Boiling Springs, Duncan, Spartanburg, Greenville, Roebuck, Inman, Woodruff, Lyman, Piedmont.
Está dirixida á comunidade hispana, cunha pequena sección en inglés. A revista é de difusión gratuíta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario