1 de dec. de 2010

XII CAMPIONATO DE SUBASTADO BAR GERMAN

A partires das 15.45 horas do vindeiro 5 de Decembro dará comezo no bar mais antigo de Cambados (1928), o Bar German o XII Campionato de Subastado. As parellas participantes deberán gañar dous xogos a 1000 puntos para pasar a seguinte rolda. Só se admitirán un máximo de 12 parellas. A inscrición será de 50 € parella. Entre eliminatorias haberá un impas dunha hora se falta algunha das parellas inscritas caso de non comparecer automaticamente pasa a seguinte eliminatoria a parella asistente. Só haberá trofeo para os gañadores. As normas do subastado son as habituais neste bar e as que rexen normalmente para este xogo. Cos cartos da inscrición terá lugar unha cea nun coñecido local da vila.

Ningún comentario: