6 de xan. de 2011

HOXE SON NOVA: HERBALIFE E UNIÓNS AGRARIAS.

“POLÉMICA” CON HERBALIFE

A propósito de poñer na noso espazo web a oferta de emprego de Herbalife, recibimos un comentario dun anónimo que di o seguinte: “Suxiro precaución coa empresa Herbalife; son coñecidos pola súa dubidosa estratexia "piramidal". Só fai falla facer unha pequena busca en Google para coñecer algúns casos e, polo menos, acudir advertido.”. Perante isto intentámonos documentar e efectivamente na rede existe a polémica sobre si é unha sociedade piramidal ou non, sobre a presunta toxicidade dos seus produtos. O certo é que efectivamente en abril de 2008 publicase no Pais o seguinte “O Ministerio de Sanidade e Consumo recomenda aos cidadáns "precaución" á hora de consumir os produtos da empresa Herbalife tras detectarse nove casos de toxicidade hepática, é dicir, doenzas no fígado con manifestacións diversas, presuntamente asociados ao consumo de artigos desta marca, informou hoxe Sanidade nun comunicado”. Nembargantes no mesmo artigo dicía que todos os produtos de Herbalife atropábanse dentro do “marco legal”. Tamén e ben certo que ese artigo e outros parecidos foron contestados duramente dende a propia empresa por un directivo da mesma desmentindo tales acusación así como de que a empresa tivera estratexia piramidal. Tamén o periódico O Mundo fíxose eco da nova. Nos solo nos limitamos a informar dunha oferta de emprego agora os que acudan, polo menos, como dicía o anónimo, que acudan advertidos.

UNIÓNS AGRARIAS CELEBRA O SEU CONGRESO COMARCAL EN CAMBADOS
O sindicato denuncia que a Xunta incorre en "contradicións" na xestión do conflito.
O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) celebrará en Cambados (Pontevedra) un comité comarcal, o próximo 11 de xaneiro, para pedir que se cambie o regulamento" da Denominación de Orígen Rías Baixas para aumentar a produción por hectárea permitida, e que se paralicen" as accións contra os agricultores que venderon por encima da cota marcada. O secretario de Agricultura e Producións Extensivas do sindicato, Xosé Ramón González, afirmou a Unha Grande Chea que a actual normativa, que fixa un rendemento máximo de 11.500 quilos de uva por hectárea, é "inxusta" e "imposible de cumprir". "A única solución é cambiar o regulamento", engadiu González.
Así mesmo, o secretario aseverou que o seu sindicato levará a cabo unha "loita xurídica" para paralizar as sancións sobre os agricultores que produciron e venderon por encima da cota fixada nas pasadas tempadas, posto que "non cometeron ningún delito".
Unións Agrarias solicitou unha reunión co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, para abordar esta cuestión, e anunciou que levará a cabo acciones reivindicativas tras o comité do próximo día 11.
CONTRADICIÓNS
Toruis
O sindicato acusou, así mesmo, ao Goberno galego de incorrer en "contradicións" na xestión deste problema. Segundo a organización, a Consellería de Medio Rural informoulles de que a Xunta limítase a tramitar as denuncias emitidas polo Comité Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.
UU.AA. afirma que, se isto é así, "non se entende" que o delegado territorial da provincia de Pontevedra comprometeuse a buscar unha solución para este problema, posto que "non ten competencia" para iso, non quere dicir U.U.A.A. que Touris sexa un incompetente , que o é o seu criterio, xa que de todos é sabido que se dobregou politicamente perante Marisol Bueno e deixou marchar a sede do consello regular para Pontevedra polo cargo de Senador, logo prometeu a Sede Histórica e Cambados ainda estamos a esperar por ela.

Ningún comentario: