I SEMANA DA MULLER NO I.E.S. RAMÓN CABANILLAS DE CAMBADOS.
![]() |
Maria Xosé Cacabelos é unha das conferenciantes. |
O I.E.S. Ramón Cabanillas de Fefiñans organiza a I Semana da Muller cunha serie de actos que pasamos a desglosar a continuación:
Luns 28 de Febreiro
Terceira e Cuarta hora (10.50-12-30), pelicula e coloquio. Quinta hora (12.50-13.40, charla de Maria Xosé Cacabelos e M. Victoria Oubiña mariscadoras de Cambados. Séptima hora (16.30-17.20) charla de Belén Fervenza, bióloga e labrega.
Martes 1 de Marzo
A terceira hora (10.50-11.40), charla sobre “Evolución do lugar das mulleres en Galicia” a cargo de Marian do Consello de Cultura Galega. A 5ª hora (12.50-13.40) Charla da Asociación “Implicadas”.
Mércores 2 de marzo
A terceira hora (10.50-11-40) charla de Mucha Duran, mestra xubilada do C.E.I.P A Pastora. A cuarta hora (11.40-12.30) charla de Begoña Baúlo Santos (Arquitecta ténica e enxeñeira). Primeiro e Segundo recreo, concurso de postres. Quinta hora (12.50-13.40) charla de Mariana Carballal, actriz e profesora da Universidade de Vigo.
Xoves 3 de marzo
Cuarta hora (11.40-12.30) Charla de María , unha avogada en excercicio. No recreo partido de Rubby-TAG femenino. E a quinta hora (12.50-13.40) Concurso de debates.
Todos os charlas terán lugar no Salón de Actos do I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados quenes agredecen a colaboración nos actos da Ampa do centro, o equipo directivo, a Graciano, David, Esther, Maria josé Alcobre e ás altruistas ponentes.
UN GUISANTE CO NOME DE CAMBADOS
O Guisante Senador Cambados e unha pranta de crecemento medio alto para enramar. Froito ancho e longo, curvado conb a súa continuidade., colo verde palido guisante
Foi creado por Sementes Fitó quen ten por misión desenvolver e facilitar ao mercado novas variedades de sementes que produzan produtos que satisfagan as necesidades do consumidor asumindo a evolución das técnicas de cultivo e as esixencias dos agricultores. Sementes Fitó é a empresa catalana do sector agrario que máis recursos humanos e económicos dedica a I D i, o que a converte na empresa líder na obtención de novas variedades. .
Semillas Fito-.Oficina central Selva de Mar 111 08019 Barcelona Tel.: 93 303 63 60
Fax: 93 303 63 73E-mail : info@semillasfito.com
PERIGO: “CRUCEIRO INDEFINIDO”. OUTRO CRUCEIRO QUE CAI EN CAMBADOS ESTA VEZ CON FERIDOS.
![]() |
NOVA SINAL , QUE O PASO QUE IMOS VAI TER QUE POÑER O CONCELLO DE CAMBADOS. |
Dúas persoas resultaron feridas onte ao sufrir o impacto duns fragmentos do cruceiro da igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo, en Cambados, que rompeu fortuitamente por razóns que se descoñecen. Os feitos ocorreron sobre as once e media da mañá, cando no atrio do templo había un nutrido grupo de persoas esperando ao comezo da misa de doce aos nenos que nese momento estaban recibindo a catequese.
Un dos feridos é J.V.F., un cambadés de 37 anos de idade que estaba á altura do muro situado á beira do cruceiro. Un dos fragmentos desprendidos do monumento golpeoulle na cabeza e un costado, polo que foi trasladado en primeiro lugar ao centro de saúde e posteriormente leváronlle en ambulancia ao Hospital do Salnés, onde estaba previsto que os médicos realizásenlle unhas radiografías para determinar o alcance das lesións. A media tarde de onte continuaba no centro hospitalario, en observación, aínda que en principio crese que as feridas non revestirán gravidade.
A segunda persoa lesionada é unha muller que se atopaba nas proximidades, e á que lle saltou un anaco de pedra. Recibiu o impacto nun xeonllo, e tiveron que aplicarlle catro puntos de sutura.
![]() |
Lugar onde estaba o cruceiro "asasino". |
No entanto, o ocorrido puido ser moito máis grave, posto que o home ferido levaba da man a unha nena de pouca idade no momento do accidente, pero por fortuna os pedazos de pedra non alcanzaron á pequena.
A escultura rota foi esnaquizada fai uns dous anos por uns vándalos durante a movida dun fin de semana.
Posibles causas
Ao parecer, o monumento esborrallouse só e ninguén alertara de que a estrutura estivese en mal estado, polo que se manexan diferentes hipóteses, como que a restauración estivese mal feita ou que a vara sufrise algún tipo de dano durante a pasada madrugada, xa que a igrexa atópase moi preto da zona de pubs da zona vella de Cambados.
O suceso ocorre só tres semanas despois de que un guindastre elevador rompese accidentalmente outro cruceiro na localidade. Naquela ocasión, o monumento esnaquizado foi o da praza de San Gregorio “o único que quedaba en pé en todo o barrio de Fefiñáns” e acabou moi danado.
O mais curioso é que foi noticia de varios medios estatais e un deles Europa Press ubicabanos na Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.