Páginas

2 de mar. de 2011

Hoxe cumpren anos dos nosos amigos do facebook: Amigas da Muiñeira, Asociación Mozas E Mozos, Benjamin Rey, Consuu Alfonso Pazos, Jacobo Domínguez Pedreira, Javier Rodriguez Calonge, Lourdes Fernandez Castelo, Peter Ketelslegers, Rafa Caballero, Santi Bouzas, Yeni Taia

O “CONTRA-BANDO” XA ESTÁ NA RUA E CON BASTANTE BOA ACEPTACIÓN
O Contra-bando de Unha Grande Chea xa está na rúa e este como non ia a ser menos vai sobre o tabaco, coincidindo na temática co Concello de Cambados no que se refire o enterro da sardiña, que tamén se enterra o Tabaco e o que asistirá unha representación de Unha Grande Chea. Podes ler o contra-bando prEmendo na primeira imaxe da marxe dereita deste espazo ou se o queres baixar en PDF premendo AQUI. Como todos os anos a uns gustará máis, a outros gustará menos e a outros non gustará directamente, pero pera iso está o azucar Hoxe falan del tanto A Voz de Galicia como o Diario de Arousa.. Tamén temos que decirvos que o avión de Unha Grande Chea vai vento en popa e esperamos telo rematado para o vindeiro sábado dia 5 de marzo dia súa inuguración as 21 horas na Praza de Alfredo Brañas.(Praza das Terrazas).

YAYO DAPORTA MAÑÁ  EN TVE2
Este Xoves 3 de Marzo, participará nun debate no programa "PARA TODOS A 2" de TVE. Neste programa a partir das 12:00, estará xunto a Carlos Falcó, marqués de Griñon e vicepresidente da Real Academia Española de Gastronomía, Iñaki Martinez de Albéniz, gastrónomo yprofesor de Sociología da Universidade do País Vasco, e Juan Andrés Morilla, do restaurante "O Claustro" de Granada, para falar de "GASTRONOMÍA,TERRITORIO E IDENTIDADE" . O programa emitese en directo dende Barcelona.


“HISTORIA DUN CHICHARO” POR TEATRO CARACOL
Varios colexios confirman a súa asistencia ás funcións de Teatro Caracol, que son no instituto Asorey a partir de abril
"Un musical moi, moi divertido". Así describe Olga González a "Historia dun chícharo" que Teatro Caracol está terminando, e que en abril se representa para público. Estes días toda a compañía envórcase en remátelos do decorado, o "atrezo" e os traxes. Todo o vestiario levará algún elemento alusivo ao descanso.
As obras de Teatro Caracol xa son un clásico da primavera. O traballo que inician a comezos do outono eclosiona como todos os anos a finais de marzo ou principios de abril, e nesta ocasión a estrea de "Historia dun chícharo" fixouse para o luns, 4 de abril.
Maria a de Domin e Domin cos
chalevos de Unha Grande Chea.
Unha vintena de colexios do Salnés e outros puntos limítrofes asisten ás representacións, que como sempre terán lugar no salón de actos do instituto Francisco Asorey, en Cambados. Os actores de Caracol actuarán durante dúas semanas para nenos e adolescentes. Ademais, programáronse varias funcións abertas ao público xeral para os domingos 10 e 17 de abril. A directora da compañía, Olga González Vilas, conta que a obra é unha adaptación libre dunha película que Disney fixo para televisión e que se titulaba "Once upon a matress". O telefilm era, á súa vez, unha versión do conto popular da princesa e o guisante.
Neste obra participa como actor o Secretario de Unha Grande Chea “Domin” de todos coñecido, este home de carácter polifácetica sabe darlle os papeis a entonación como ninguen. Tamén participa na obra nun papel importante a chalequeira de Unha Grande Chea Maria Pedreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.