Avelina foi unha das grandes animadoras do desfile de carrozas, aqui vemola en compaña de Toño Chaves |
DOMINGO DE ENTROIDO
Despois dun sábado “agotador”, veu o domingo de entroido, día do desfile de carrozas, era a primeira vez que Unha Grande Chea desfilaba e poida que sexa a derradeira, pero bueno eso ainda está por ver. O dia estaba bo, e a xente pouco a pouco foise animando. Desfilabamos preto de catorce carrozas nas cales o avión de Unha Grande Chea ocupaba a décima posición. O desfile fixose un pouco longo e lento sobre todo porque a Catedral de Santiago pasaba por algunhas rúas con moito dificultade debido máis que nada a súa altura e porque a Praza de Fefiñans e a Avda da Coruña estaban de mais. Podes ver moitas máis fotos do desfile na columna da dereita. Tamén podes ver fotos dos nosos amigos de facebook entrando na nosa conta.
CARTÓN VERMELLO Á GARDA CIVIL. UN ÁRBITRO SEN SENTIDO DO HUMOR
O vigués Vázquez Martínez, árbitro do derbi da Preferente Sur entre o Céltiga e o Cambados, mandou o pasado domingo á bancada ao delegado do Cambados, ataviado cun disfrace de axente da Garda Civil.
Ramón Fontán disfrazouse en ton de broma e como vén facéndoo cada ano no fin de semana de entroido, pero a vestimenta esta vez non foi do agrado do colexiado do encontro.
O delegado se enfundóu unha chaquetilla da Garda Civil, unha gorra a xogo e unhas lentes escuras. Vestimenta coa que pretendía sentar no banco foráneo a exercer a súa función.
Expulsado e á bancada
Ramón coincidiu no aparcamento cós arbitros, foi a saudalos a caseta , realizou os trámites das fichas e outras xestión todo elo sen que o Sr. Vázquez Martinez lle dixerada absolutamente nada da súa vestimenta, e no intre en que ian a saltar o campo os xogadores o árbitro díxolle que así non podía ir vestido cara ao banco: "Isto é un partido de fútbol, non un entroido". Fontán tomoullo de broma e decidiu saír ao campo. Acto seguido, o colexiado mandouno á bancada, pore non expulsandoo como seria o normal senón por medio do Delegado de campo.
"Outros anos fun disfrazado de bombeiro, cura ou bispo, e os árbitros nunca me dixeron nada", comentaba Fontán, molesto coa decisión do colexiado, que reflectía no acta que expulsara a Ramón "por non cumprir correctamente coa súa función de delegado". Aparte de non ter humor o colexio é un perfecto mentireiro.
O PINTOR FERNANDO QUINTELA EXPÓN NA CAFETERIA AVENIDA DE CAMBADOS
O pintor Fernando Quintela expón na Cafeteria Avenida de Cambados, sita na avenida de Vilariño desta localidade. A exposición estará aberta donde mañá 10 de marzo ate o vindeiro 15 de abril no propio horario da Cafetería. Esta Cafeteria e outro dos establecementos que adica a promocionar o arte nas súas paredes, normalmente desenrola exposicións durante todo ano.
OS EQUIPOS SENIOR XUVENIL E CADETE DO XAV TEÑEN VIRTUALMENTE ASEGURADA A PERMANENCIA.
A Liga acaba este mes, quedan catro partidos (algúns aprazados incluídos) e pouco a pouco van chegando os resultados esperados. Os equipos senior, xuvenil e cadete teñen virtualmente asegurada a permanencia nas respectivas Ligas. Podería parecer pouco, pero son as que de máximo nivel no ámbito autonómico.
O equipo infantil está obrigado a buscar unha victoria que as alonxe dos cruces pola permanencia.
As cadetes B xogan os cruces de ascenso como premio para a súa case impecable temporada.
Mira os resultados e clasificacións premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario