22 de mar. de 2011

MARTES 22 DE MARZO DO 2011.

OS XEITOXIÑOS ANIMARON O SAN BIEITO  DE PRIMAVEIRA DE CAMBADOS.
Cambados demostrou onte que a devoción que existe por San Bieito entre os seus veciños é moita. Non en balde é o único santo cuxa festa se celebra dúas veces no ano.
A actividade na igrexa na que se venera a San Bieito comezou ben cedo, ao redor das oito da mañá. Desde entón, o goteo de fieis foi constante durante toda a xornada. E é que San Benito é un dos santos máis queridos na comarca arousá e moi coñecido polos seus «milagres». Destaca, sobre todo, a súa fama para acabar coas verrugas.
No aspecto músical destacamos a actuación de “Os Xeitoxiños” , este grupo de gaitas cambadés no que o mais vello non pasa dos doce anos destaca polo seu ben interpretar , dirixidos e adestrados polo mestre Xaquin Xesteira. Podelos ver interpretando a Muiñeira de Rubias e a Rumba dos cinco mariñeiros premendo nas ligazóns. Tamén participaron no evento “Os Carballeiras”.

ACTO CULTURAL ARREDOR DA ARTISTA MARUJA MALLO
O vindeiro venres 1 de Abril terá lugar no Centro Comarcal do Salnés un acto cultural arredor da figura da artista Maruja Mallo (pseudónimo de Ana María González Mallo, pintora surrealista, 1902-1995).
Comezará ás 20 horas coa proxección dun documental: Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco, dixido por Antón Reixa e con guión de Antón Patiño.
De seguido presentarase o libro Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, gañador do premio de ensaio Ánxel Fole e editado pola Fundación Caixa Galicia. Intervirán Luís Rei, escritor, biógrafo de Cabanillas e técnico cultural; Antón Reixa, director do documental; e Carlos Nuevo Cal e Emilio Xosé Ínsua, co-autores do libro. Podes ler a súa biografia premendo AQUI.
Nova recollida totalmente de http://www.cambados.tk/

GRAN INAUGURACIÓN DO CAMPO DA FESTA DE SAN ROQUE DO MONTE
O vindeiro venres 25 de marzo ás 17.00 horas gran inauguración do campo de Festa de San Roque
-17:00 averá inchables para os nenos que desexen acercarse ata o campo da festa
-18:00 gran inauguración do campo do festa amenizado grupos de gaitas populares e un picoteo para todos os presentes!!!
-A noite berbena a cargo da orquesta PASARELA!!!

Ningún comentario: