NON A GUERRA EN LIBIA. MANIFESTACIÓNS MAÑÁN XOVES.
A sociedade galega debe dicir “Non á guerra” participando nas concentracións convocadas para este xoves, 24 de marzo ás 20.30 horas, en varias cidades galegas en rexeitamento da intervención militar en Libia.
Éstes son os lugares e horas das concentracións convocadas:
Vilagarcia: Praza de Galicia – Vilagarcia de Arousa.
Lugo: Praza de Armañá (diante da Subdelagación do Goberno), ás 20:30 horas.
Santiago: Praza de Cervantes, ás 2030 horas.
Ourense: Subdelegación do Goberno de Ourense, ás 20:30 horas.
Foz: Praza do Concello, ás 20:30 horas.
Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 20:30 horas.
A Coruña: no Obelisco, ás 20:30 horas
Vigo: diate do Museo Marco (Rúa do Príncipe), ás 19:30 horas.
Ferrol: Praza de Armas, ás 19.00 horas.
Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza, ás 20.30 horas.
Os conflictos debense resolver dunha forma máis racional e pasa polo diálogo e pola acción diplomática.
A guerra, tal e como se está a ver en Afganistán e no Iraque, lonxe de resolver os problemas o único que fai é agravalos, con graves custos en termos de vidas humanas inocentes.
A XUÍZA QUE DESMANTELOU UNHA BANDA DE NARCOTRANSPORTISTAS VAISE A LUGO
A titular do xulgado de instrución número un de Cambados (Pontevedra), Irene Roura, no cal está destinado tamén Xaquin Charlin “Chon” trasladarase ao xulgado de vixilancia penal de Lugo, informaron fontes xudiciais. A xuíza dirixiu a operación Tabaiba, na que foron detidos varios transportistas, vendedores de combustible, mecánicos e propietarios de naves, todos eles supostamente implicados nunha aparente trama sobre o transporte de droga, coa axuda tamén do personal do seu xulgado.
Esta operación permitiu ás autoridades incautarse de máis de 4,5 toneladas de cocaína. Roura, segundo as mesmas fontes, incorporarase ao seu novo destino a finais de abril ou principios de maio próximos. A Cambados irá Juan Carlos Carballal, que ocupaba o cargo de número dous desa institución.
O xulgado de vixilancia penal de Lugo, que atende a uns 1.250 reclusos de Bonxe, Monterroso e Ourense, foi posto en marcha a finais de ano.
PROGRAMACIÓN SÁBADOS MUSICAIS NA ILLA DE AROUSA
A partires do 2 de abril terá lugar o inicio dos “Sábados Musicais”. Un taller musical para nenos de entre 4 e 10 anos, no que un monitor especializado dará a coñecer ós rapaces a materia prima da música, a través das actividades e xogos máis entretidos.
A iniciativa é “Escola de Música de A Illa de Arousa”, e é totalmente gratuita. Terá lugar os sábados dende as 10:30 ata as 12:30 h...oras, entre as cales o monitor se fará cargo dos rapaces.
Os pequenos teñen a oportunidade de descubrir, explorar, manipular e incluso crear diversos tipos de sons e sentir a música no seu corpo expresándose a través dela. Realizarán actividades relacionadas coa voz, manipularán instrumentos que se porán á súa disposición como pandeiros, caixas chinas, etc., serán os autores de debuxos mediante os que se pretende que diferencien as cualidades dos sons e que se familiaricen coas notas e cos instrumentos, desenrolarán a súa percepción auditiva a través de contos musicais, xogos, bailes, e relacionaranse con outros nenos da súa mesma idade.
En definitiva, unha nova actividade que pretende ofrecer un servizo ós pais e nais, entretendo ós máis pequenos a través do mundo da música e do xogo.
A inscripción poderana facer os interesados os martes e xoves en horario de 4a8 e os sábados en horario de 9 a 14 horas e de 16:00 a 20:00 horas na escola de música(sita nas instalacións da antiga escola taller) e o resto dos días na biblioteca municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.