Páginas

24 de mar. de 2011

XOVES 24 DE MARZO DE 2011

DE MARCHA POR VILARIÑO
Vilariño é unha parroquia cambadesa de 6.2 kms. Cadrados. O seu punto máis alto é Sete Pias con 113 metros, a parroquia está percorrida polos rios Vello, Paisapeixón e Umia. O BNG de Cambados invitate a percorrela o vindeiro domingo 27 de marzo a partires das 10.30 horas. A Saída é dende o Campo Municipal de Burgáns e logo continuará polas Adegas Martin Codax, San Antón, A Pedreira, rio e muiño de Psapeixón, Cruceiro de Culebrón rematando na Igrexa. A duración prevista é de 3 horas, a dificultade é media baixa e a distancia a percorrer é de 6 kms.

Preme na imaxe para vela ampliada.


PROMOCION BEEFEATER NA RIBEIRA DE FEFIÑANS
Este venres 25, a partir das 21:30h, a dirección do Ribeira de Fefiñans preparou unha noite especial para os seus clientes, na que poderán degustar combinados que ten como basee a xenebra Beefeater 24, preparados por un experto na materia.
Beefeater 24 é unha nova e sofisticada xenebra, que ten como principais ingredientes, un augardente elaborado de Té Sencha procedente de Xapón, Té Verde Chinés e pel de pomelo, que xunto aos cítricos tradicionais na receita orixinal de Beefeater, como os limóns e laranxas españolas, achegan a todo o conxunto, logo de macerar 24 horas, un suxestivo toque.

Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/

A POLICIA LOCAL DE CAMBADOS EN PLENA FORMA
A segunda xornada dá Liga A Pedra-Trofeos Compol de fútbol sala para forzas e corpos de seguridade do Salnés reducíu de tres a dous vos equipos empatados non máis alto dá táboa. A Policía Locais de Cambados continúa á fronte dá clasificación polo seu mellor balance goleador, logo de derrotar pola mínima, 0-1 a Garda Civil do Grove.
O outro conxunto que conta vos seus partidos por vitorias é a Policía Portuaria de Vilagarcía, que esta semana venceu 5-2 a Bancada Civil de Sanxenxo. Non outro encontro dá segunda xornada, a Policía Local de Vilagarcía superou 1-5 a Policía Local.

NOVO PASO NA SEMANA SANTA CAMBADESA
A programación relixiosa da Semana Santa de Cambados inclúe este ano por primeira vez un paso exclusivamente feminino. Así, vinte mulleres que colaboran habitualmente nas tarefas da parroquia ou no mantemento da igrexa van portar unha imaxe antiga da Virxe das Angustias.
Trátase dunha peza que probablemente formaba parte dun conxunto escultórico xa desaparecido e que sae o Venres Santo pola tarde, ao comezo da procesión do Santo Enterro. Os cambadeses xa puideron vela fai un ano, pero entón levábana sobre os seus ombreiros media ducia de homes. O 21 de abril farano, con todo, 20 mulleres.
Esta é unha das principais novidades de próxima Pascua en Cambados, unha das localidades da comarca onde máis tradición ten a festividade e onde maior fervor espertan as cerimonias relixiosas. Pero hai outras sorpresas, xa que un grupo de veciños da vila formou unha coordinadora que empezou a traballar en decembro coa finalidade de dar este ano un maior realce aos actos relixiosos da Semana Santa.
Para iso, están facendo unha recollida de donativos polos domicilios e negocios da vila e pretenden custear, cos fondos obtidos, a restauración de diferentes imaxes de santos, de teas ou da urna do Santo Sepulcro, que é onde se introduce ao Cristo tras o Desencravo. As procesións relixiosas tal e como hoxe coñécense empezaron a realizarse no século XVI, e calcúlase que Cambados foi unha das primeiras vilas onde se fixeron, pois o convento franciscano ?que ocupaba os terreos onde agora está a igrexa parroquial? data de 1553. Os franciscanos e os dominicos foron, precisamente, quen sacaron por primeira vez as imaxes dos santos á rúa e os que empregaron os autos sacramentales como método de educación en materia de fe. Por iso, nos pobos onde estiveron estas congregaciones existe unha tradición máis arraigada neste tipo de celebracións.
A coordinadora de veciños explica que unha quincena de persoas está traballando na recuperación dos antigos vestidos dos santos ou na confección de traxes novos, e que tamén van saír a cálea pezas que non o facían desde facía moito, como un Poncio Pilato que formaba parte do conxunto escultórico do Ecce Homo, antigamente composto por cinco imaxes das que só dúas chegaron á actualidade: o Ecce Homo e a de Pilato. Tamén se recuperou para a ocasión unha María Magdalena.
Restauráronse, así mesmo, unhas pezas de candelería e unhas ánforas e estase traballando na posta en valor do Santo Sepulcro. Esta última é unha peza de entre 300 e 350 anos de antigüidade, e os expertos están tratando de recuperar a pintura e o pan de ouro orixinais.

INAUGURACIÓN DO SPAF DE MR. MISTO.-
O vindeiro venres as 20.30 horas na rúa Vistalegre 32 baixo de Vilagarcia de Arousa, Xoan Mariño en nome de todo o equipo e o personal que colaboran en Mr Misto ten o pracer de invitarvos a inauguración do seu último proxecto; o SPAF Mr. Misto, un sitio para a proudcción audivisual, a actividade formativa, a comunicación, para estar, un centro de encontro, ademáis de ser o sseu centro de traballo en Vilagarcia de Arousa. Presentarase o proxecto a través dun video para logo convidarvos a un catering cortesía de partners e colaboradores.

DESPOIS DUN ANO DE ACTIVIDADE INAUGURASE O SALÓN DE CONGRESOS DE PEÑA
O vindeiro venres as 13.30 horas procederase a apertura do salón de exposicións e congresos, na antiga nave de Conservas Peña , en Borrón, que foi rehabilitada a tal fin grazas a un investimento superior aos 204.000 euros. Este Salón leva xa un ano funcionando e precisamente procédase agora a súa inauguración xa que a partires do 28 de marzo por imperativo legal non se poderá inaugurar obras realizadas pola administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.