4 de abr. de 2011

CAMBADOS 4 DE ABRIL DE 2011

O SERÁN DE OUBIÑA , TODO UN ÉXITO DE PUBLICO E DE PARTICIPACION
O sábado pasado tivo lugar de no Salón de actos do Centro Manuel Mariño de Oubiña e Organizado pola Asociación de Veciños San Vicente o “Serán de Oubiña”, con toal éxito de público e de participación e cunha organización que raiou a perfección. Dezoito grupos pasaron polo escenario do Manuel Mariño, interpretando cada ún duas pezas. O salón estivo abarrotado e o final das actuacións no escenario veu a verdadeira festa comandanda neste caso polo brillante gaitero Nacho, mestre dos rapaces de Xironsa ata altas horas da madrugada. En fin espectacular serán do que podes ver imaxes na columna da dereita.

A BANDA DE CASTRELO, UNHA DAS QUE MAIS GUSTOU
Onte tivo lugar en Cambados o festival zonal de bandas no salón de congresos e exposicións José Peña porque ten máis capacidade que o escenario tradicional destes espectáculos, que é o auditorio da Xuventude, un auditorio que como decia a oposición do BNG quedouse pequeno nada máis construilo, aparte que ten moi mala sonorización e peor distribución de butacas. E aínda así, o salón de Peña quedou onte pequeno debido á gran afluencia de público ao certame. Actuaron as dúas bandas de Ribadumia “a municipal e a Músico-Cultural”, así como as de Castrelo, Sanxenxo, Meaño e A Vertula de Meis. Destar a actuación da Banda de Música de Castrelo que foi unha das que mais gustou o publico ali presente e levouse os aplausos mais longos da tarde.

BORRÓN 4 ESTARÁ TAMÉN NO ESPAZO ATLANTICO VIGO 2011
A Galería de Arte Borrón 4 estará presente na Feira de Arte Contemporánea ESPAZO ATLÁNTICO VIGO 2011 que se celebrará no Recinto Feiral IFEVI do 7 ao 10 Abril.
O Amigo Luis Silvoso invita os cambadeses a acudir a este evento, donde tamén será homenaxeado o escultor cambadés e chalequeiro de Unha Grande Chea Manolo Paz
Borrón 4 estará  na caseta C-1.
Os obras dos  artistas que Luis levará a esta feira son os seguintes: Lino Silva, Vicente Prego, Francisco Pazos, Rosa Úbeda, X. Manuel Castro, Baldo Ramos e Alberto Gulías.

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSOE DE CAMBADOS
O vindeiro xoves 7 de abrill o PSOE de Cambados fará a Presentación da súa Candidatura ás vindeiras Elecións Municipais. Será as 20.30H no Auditorio da Xuventude:
Intervendrán:
-Rafael Blanco, nº2 da candidatura
-Modesto Pose, Secretario Provincial
-Pachi Vázquez, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
-Domingo Tabuyo, Candidato á Alcaldía.

O CAMBADÉS DE ADOPCIÓN RAMON CARIDE PREMIADO EN COMPOSTELA
Os autores de literatura infantil Xoán Babarro, Ramón Caride e An Alfaya gañaron o premio Frei Martín Sarmiento que conceden 8.500 alumnos de tres niveis de primaria de centros de Galicia da Ferega (Federacion Española De Religiosos De La Enseñanza De Galicia), entre eles os composteláns La Salle, Compañía de María, Cluny e San Jorge.

O XENIAL GOGUE DOBLEMENTE NOVA, A INMARTIZALIZACIÓN DE FLOREANO E O SEU PASO POLA TVG.
O afamado escultor Lucas Míguez ocúpase da homenaxe ao non menos importante Gogue, o caricaturista grovense de ascendencia cambadesa asiduo colaborador de FARO cuxo personaxe máis coñecido e querido polos lectores é Floreano.
Como se anunciou fai meses, vai instalarse unha escultura de Floreano, tamaño natural, na céntrica Praza de Arriba, de tal forma que pasará a converterse nun atractivo cultural e turístico máis da vila meca.
En realidade a idea de instalar esta escultura naceu como unha forma de homenaxear a Gogue, que pasea o nome do Grove por todo o mundo. Pero o que vai facerse é, tamén, unha homenaxe do propio caricaturista e de Floreano ao seu pobo natal.
Para non estragar a sorpresa os promotores desta iniciativa prefiren non desvelar demasiados datos sobre as características da obra escultórica, que sen dúbida vai converterse nun dos principais atractivos de Praza de Arriba.
En calquera caso, parece lóxico pensar que Floreano podería estar agarrado ao seu habitual cunca de viño tinto.
Tamén poidemos ver a Gogue estes dias na TVG podes velo premendo AQUÍ.

A DESPENSA DA RIBEIRA QUEDOU INAUGURADA
José Luis Aragunde, propietario desta vinoteca”Ribeira de Fefiñans”, decidiu pór en marcha unha nova tenda de alimentación de produtos de calidade. Chámase A Despensa do Ribeira e trata de ofrecer viños, conservas e outros produtos aos mellores prezos. A inauguración foi unha festa ao grande na que Antonio Botana, do Pandemonium, e Yayo Daporta encargáronse de preparar bocados moi especiais aos que ninguén puido resistirse.

CLESA EN PERIGO
Como sabedes dende a Familia Ruiz Mateos está con grave porblemas economicos ven arranstrando a unha serie de empresas do seu grupo ven a quebra , a regulacións de emprego ou ben o peche sen mais. Unha destas empresas queda no Concello de Caldas é Clesa na cal traballan algúns arousáns e por suposto algún que outro cambadés, aquí vos deixamos un enlace a manifestación que fixeron por conservar os seus empregos en Santiago non fia moitas datas. Podes acceder o video premendo AQUÍ.


SE CRES QUE NON VAS ESTAR O 22 DE MAIO, SOLICITA O VOTO POR CORREO
Desde esta semana xa se pode solicitar o voto por correo. Poden facelo todos os electores que o desexen, se saben que non van estar ese día no seu concello (caso de persoas que residan fóra del) ou se por calquera motivo pensan que non van estar ou queren asegurarse o voto. Non é necesario aducir argumentos ao solicitalo, todo o mundo pode facelo sen ningún problema. Para iso terá que seguir os seguintes pasos:
1-Acudir a unha oficina de Correos. Para este trámite tes até o 12 de Maio. Alí terás que encher un documento cos teus datos e presentar o teu DNI.
2-A documentación elixida chegará ao domicilio indicado na solicitude por correo certificado (papeletas, sobre, certificados, instrucións...) e terás que recollela persoalmente, se non estás na casa nese momento poderás pasar pola oficina de Correos.
3-Logo de escoller a papeleta, introducirás o sobre de votación xunto co certificado noutro sobre (seguindo as instrucións dadas) e enviarás por correo certificado o teu voto. Tes até o 18 de Maio para facelo. O custo de todo o proceso é cero.
Estas instrucións son para persoas que estean dentro de territorio español, pero se coñeces a algunha persoa que resida de xeito temporal no estranxeiro, tamén pode votar de xeito sinxelo seguindo as correspondentes instrucións.
Podes ler información oficial de Correos premendo AQUI


PODE SER UNHA SEMANA SANTA ESPECTACULAR EN CAMBADOS.
A urna do Santo Sepulcro xa está restaurada e exposta aos fregueses nunha das capelas da igrexa parroquial de Santa Mariña, en Cambados. Trátase dun dos obxectos máis vinculados á Semana Santa cambadesa, pois é onde se introduce ao Cristo despois do Desencravo. É unha peza de entre 300 e 350 anos de antigüidade que se atopaba deteriorada polo paso do tempo.
Unha comisión veciñal decidiu iniciar unha recollida de donativos por toda a parroquia coa finalidade de restaurar a urna, e o resultado pode verse xa estes días na igrexa. Os expertos traballaron, durante semanas, na recuperación da pintura e o pan de ouro orixinais. Con todo, os fondos recadados polos veciños serviron para moito máis, pois tamén se restauraron as imaxes de varios santos, as teas das súas roupas, pezas de candelería e unhas ánforas.
A coordinadora pretende dar un impulso ás celebracións da Pascua en Cambados “onde a festa ten un carácter tradicional moi arraigado”, e de feito tamén puxo á venda unha serie de balconeras con motivos relixiosos e este ano haberá dúas bandas de música nas procesións no canto dunha soa. Outra novidade da próxima Semana Santa é que sairá por primeira vez un paso procesional só feminino. Intégrano 20 mulleres que portarán á Virxe o Venres Santo. A destacar neste senso a labor altruista que está a facer Manolo o da floristeria Tabaiba da Rúa Sevilla.

APOIA A REDE POPULAR DE ENSINO EN GALEGO
Estará composta por un conxunto de instalacións de ensino de tódolos niveis e modalidades que teñan como obxectivo a transmisión de coñecementos científicos e útiles para a formación integral da persoa e que a lingua vehicular (lingua franca), a do ensino sexa o galego.
Que a formación da persoa sexa realizada con criterios de pluralismo, respecto, tolerancia, diversidade, fora de toda influencia relixiosa (laico).
O conxunto das escolas (da rede popular) estará ao servizo do Pobo de Galiza, para poder ser usada por tódolos seus habitantes, será universal, e para todas aquelas persoas que desexen recibir unha educación en lingua galega.
A rede popular e cada unha das escolas, será privada, sendo os seus propietarios os seus usuarios e impulsores, correspondendo á comunidade escolar no seu conxunto a xestión educativa de cada centro e a participación no global da rede.
A rede manterá a súa independencia dos poderes políticos, a pesar das axudas que por lei lle puideran corresponder e desempeñarán a súa función para acadar os máximos resultados de competencia dos seus alumnos/as equiparables a nivel europeo, conforme ao establecido na lexislación educativa vixente.
En adíante e para evitar calquera interpretación que dificulte o seu contido a Rede popular galega privada de ensino en galego, pasará a denominarse:Rede popular de ensino en galego.
Apoia a este rede asinando AQUÍ.

O REFUXIO DE ANIMAIS NA “SEXTA”
O programa " Vidas ánonimas" da sexta estivo todo o día do sábado a compañando á responsable do refuxio Olga Costa. Nela poderemos ver verdadeiramente no que consiste o día a día do Refuxio. Unha socia enviou unha mensaxe a este programa e contoulle o labor que Olga realiza e que creia que a xente merecía saber a que dedica o seu tempo no Refuxio onde pon a disposicón dos animais o seu tempo. Os que a coñecemos, sabemos que vira ao redor dos animais. Gemma, que así se chama a socia, dixo admirar este labor e ela mesma axudaba no. En menos de 24 horas este programa chamou a Olga para falar con ela, e pedíronlle que lles contará en que consistía a súa vida cotiá, ela contestoulles (pois en limpar cacas) jajajjajaja, iso non merece ser gravado, dicíao en verdade, pero os que a coñecemos e sabemos o labor que leva realizando durante doce anos merece ser gravada... todos os que colaboramos sabemos que ela é a alma, a persoa que recibe todo... os demais estamos cando o noso tempo permíteo, pero ela é todo os días do ano.... pois mañá desde as 9 da mañá estarán con ela todo o día e poderemos ver como é o día a día dos voluntarios e de Olga, que día a día axudan aos animais......sabemos que hai días dedícanlles 10 a 11, horas diarias, sen apenas tempo para comer.... Neste programa poderemos ver aos voluntarios que están todos os días altruistamente e aos padriños, madriñas e paseadores que colaboran no “Sácame de paseo”.

O TM CAMBADOS NO TORNEO ESTATAL DAS IDADES
Mariña Chaves, en benxamín, Paula Padín e Andrea Chaves, en alevín, Martín Regueiro, en infantil, e Adrián Vidal, en Sub 23, representaron o Cambados Tenis de Mesa non Torneo Estatal de Idades que se disputou este fin de semán en Valladolid. Unha cita que reuneu os 24 mellores de España por categoría.

A PORTA DO CICLOPE
E disque xa anda solto polas noites e brúa encaixado pola nave do seu corpo, mancado nos estaleiros onde uns sorrín caraveis de coágulos, e outros, fabrican o transatlántico do seu hemisferio, sábese preso das rúas de látegos e das columnas de abril, e vai ir na busca do seu criador, cos ollos fitando estantío a salmoira das estatuas, coa carniza arrolada polas concubinas do luar e as apertas dos brazais de pan, mesmo tornará sempre agardando o día no seu íntimo, na retina ulcerada polos cines pechados, sostido polos cadros das pernas longas, e caerá outra volta polas andamiaxes apresado pola boca das nadadoras, acaso na arroiada de cabichas e martinis coidará do bosque de bulevares, desembocando na panxea do pai que o fixo, cuspindo os chamados nos leiros das pontes e nos alicerces da vertical do sexo, azoutado pola carricanta do seu himno fórmico, velaí, velaí disque soa a súa cantiga de amor propio, que tanxe co piercing dos beizos e préndeno coa tanza da súa harpa  nas calellas das azoteas femininas, decote, ós pés das baleas da solaina e das frontes oceánicas

De Xosé Maria Vila Ribadomar.

ROI CASAL EN PONTEVEDRA
A xira "Maxicamente Vello" chega a Pontevedra tras os exitosos concertos que Roi Casal e a sua banda ofreceron en Madrid e Huesca a semana pasada. Será o vindeiro venres 8 de Abril ás 21 horas no Teatro Principal.
Máis info en www.roicasal.com
Venda anticipada de entradas premendo AQUI.  

A ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO REÚNE A DECENAS DE SOLIDARIOS EN CONDES DE ALBAREI
Cambados A Xunta Local de Cambados da Asociación Española contra o Cancro celebrou o pasado sábado a súa tradicional cea anual á que asistiron numerosas persoas, non só da capital do albariño, senón tamén de toda a comarca do Salnés.
A cea tivo lugar nas instalacións da adega Condes de Albarei de Castrelo e tiña como unha das súas finalidades a de recadar fondos para loitar contra esta grave enfermidade. Indican que unha boa parte do diñeiro que se reúne destínase directamente a labores de investigación, ao considerar que este elemento é indispensable para que nun futuro próximo esta doenza non teña as graves consecuencias que ten na actualidade. O presidente da agrupación de Cambados, Manuel Ferreiro Insua, agradeceu a participación e implicación de todas as persoas, institucións e colectivos que, un ano máis, ofreceron o seu apoio e respaldo a este tipo de iniciativas solidarias.

Ningún comentario: