20 de abr. de 2011

CAMBADOS 20 DE ABRIL DO 2011

Rosa Mari, nai de Manuel, foi a primeira
muller concelleira no Concello de
Cambados (1979)
MANUEL FARIÑA GONZÁLEZ “FARI”, O “SETE” DO BLOQUE É UN HOME DE GARANTIA, A FORMACIÓN, A INTELEXENCIA, O “BO ROLLO” , O COMPROMISO E A  XUVENTUDE, TODO NUNHA MISMA PERSOA.
Como xa sabe case todo munto a estas alturas o número “sete” do BNG cara as vindeiras eleccións municipais non é outro que “Fari” , Manuel Fariña González, un rapaz do noso tempo comprometido co nacionalismo, conprometido co deporte, comprometido coa cultura , comprometido coa sana diversión, comprometido co estudio, comprometido con Galicia . Un rapaz que se que quere e se deixa querar , nembargantes é fillo dunha das mulleres que fixeron historia en Cambados “Rosa Mari”, a primeira muller concelleira no Concello de Cambados, y iso queiras que nón imprime forza e carácter a túa peronalidade, unha muller que merece capitulo aparte, polo tanto o seu fillo non ia a ser menos. Unha vez sinteu a chamada de nacionalismo non o dubidou un intre e pasa a formar parte nun posto de importancia na lista do BNG, a unha das chaves para o futuro do nacionalismo do noso pobo, hoxe queremolo achegar para os que non coñezades a figura de Manuel vos acerquedes un pouco a él porque de verdade que paga a pena.
Fari con varios amigos na manifestación de
"Queremos Galego"
1.- Dende cando sintes a chamada do nacionalismo?
Pois a decir verdade, non podería concretar cando comecei a sentirme nacionalista. Supoño que dende pequeno e pouco a pouco, a medida que comprobaba que me sentía máis galego que calquera outra cousa, que me gusta ser galego e a súa cultura, e que é o nacionalismo quen máis e de mellor xeito defende o que me gusta.
2.- Sabemos que da tua familia, é dicir tu nai Rosa, teu irmán Adrián e ti, era lo único que non foras nunha lista, sorprendeute a chamada do BNG
Bueno, meu irmán leva colaborando moito nos últimos anos, pero non foi nas listas (por ahora… jajajaja). A miña familia sempre estivo moi cercana ao BNG en Cambados polo que a chamada foi unha grata sorpresa. Estou encantado e orgulloso de colaborar co grupo que máis e mellores cousas pode facer por Cambados.
A gaita, unha das súas paixóns
3.- Como acolleu tua nai a nova.
Creo que moi ben e que lle gustou. Felicitoume, ao igual que os demais membros da miña familia: irmán, avós, tíos… Supoño que estará contenta de que os fillos se impliquen e tomen partido, nalgunha medida, en mellorar as cousas a través dos ideais que ela contribuíu a forxar en nós.
4.- Sabes que Rosa Mari é historia viva de Cambados, pois foi a primeira muller en ser concelleira en Cambados e ademais polo BNG. Iso impreme carácter?
Aínda que na forma de ser me parezo moito a ela non sei se será algo que me imprima carácter político, o que si me imprime é sentimento de orgullo de fillo. E non só polo mero feito de que fora concelleira (se me apuras, iso incluso é o de menos) senón pola implicación que sei que tivo naqueles anos traballando para mellorar algo a vida de bastantes cambadeses, por exemplo defendendo os intereses de compañeiras traballadoras dende responsabilidades sindicais. Dalgunhas destas cousas teño recordo, como concetracións diante da fábrica e cousas así; aínda que fora moi pequeno sempre andaba de aquí para alá con ela.
Celebrando a entrada de ano cos seus amigos.
5.- Sabemos que eres licenciado en ciencias políticas e que agora estás a facer Maxisterio – especialidade primaria- , quereste continuar formando ou non se atopa traballo?
Pois a verdade é que comecei esta carreira porque sempre quixen ser mestre, ademais de xogador do Real Madrid (jajaja). A anterior carreira de ciencias políticas sempre será unha formación moi importante que terei e que me abreu moito os ollos, pero no ámbito laboral non era o meu. Na vida hai erros que se deben cometer por un mesmo (como descubrir que a Universidade non é a panacea), e cando eres xoven moito máis, o importante é recoñecelos e seguir adiante.
6.- Dentro das tuas multiples actividades, futbol, gaiteiro, actor, etc, con cal te atopas máis a gusto e con cal de identificas millor.
Debo decir que a pesar do moito que me gustan as tres ningunha delas se me da ben e nunca destaquei. O que máis me gusta do mundo é o fútbol, sobre todo xogalo a calquera nivel, pero tamén velo en directo (sobre todo o Xuventude Cambados), pola tele só ou cos amigos, ir adestrar aos pequenos, etc. É herencia de meu pai, que tamén xogaba e lle gustaba moito. No caso da gaita comecei a tocar fai relativamente pouco tempo porque me “pegou” de repente e para facer festa. Últimamente teño as clases algo abandoadas porque me coincide moito co fútbol pero no verán volverei con forza. E o de actor simplemente é para pasar divertidisimos momentos coa xente de chourizofilms, xa que talento non teño ningún.
Formando parte da candidatura do BNG
7.- Acabades de formar a asociación “Xuga Bonito” ti e boa parta da xente que frecuentades o Pub A Leria. Que obxectivos e fins ten a mesma?
A asociación nace cun carácter aberto en todos os sentidos, tanto na composición coma no contido das actividades. Confórmaa xente de edades, visións e ambientes diferentes, aínda que é certo que a idea xurdiu dos amigos que faciamos excursións a Palas ou a Holmfirth. O que pretende é ser un instrumento ou ferramenta para que os cambadeses que queiran dar saída a unha idea ou organizar algo (exposición, concerto, evento deportivo, presentación dalgunha obra en sociedade, facer unha curta, organizar algun viaxe, e todo o que se lles ocurra) e non saiban como, non teñan os medios ou non lles interesen outros cauces poidan facelo a través da asociación.
Fari é moi querido entre os seus amigos
8.- Que carencias atopas en materia cultural e deportiva para os xovenes cambadeses. O que me gustaría que mellorase é a estructuración tanto da vida deportiva coma cultural da vila ao redor de e liderados por o Concello. Penso que debe cumplir un papel máis activo no fomento da interactuación entre os axentes sociais, e non só limitarse a patrocinar un trofeo ou contratalos na cabalgata de reis. A nivel cultural temos asociacións culturais, grupos de música tradicionais e contemporáneos, novos músicos, escritores, pintores e escultores, afeccionados á arte cinematográfica, etc. e cada un deles aillados do resto da vida cultural do concello, cando deberían, polo menos, coñecer o que se está a facer na súa e noutras disciplinas. En canto ao deporte temos clubes en numerosas disciplinas (futbol, tenis, baloncesto, tenis de mesa, voley, atletismo, futbol sala, piragüismo, natación,…), a maioría con seccións para rapaces e non hai ningún tipo de contacto entre eles. A relación entre deportes con xornadas abertas, sobre todo a nivel infantil, sería moi beneficioso para a cultura deportiva dos rapaces.
Formando parte do "Xuga Bonito"
9.- Como afrontas as tuas primeiras eleccións e ademais nun posto tan relevante na candidatura?
Estou moi ilusionado ante as eleccións, xa que o grupo que formou e a gran valía personal que ten Victor para traballar e xestionar un equipo son chaves importantes para poder, por fin, mellorar as cousas en Cambados. Non esquezamos que o PP ten a maioría absoluta por moi poucos votos, polo que conseguir que Cambados sexa xestionado dun xeito máis participativo socialmente e eficiente económicamente é moi posible a partir de Maio. Ser o primeiro dos xovenes na candidatura e nun posto así o único que confirma é a importancia que ten a voz da mocedade para o Benegá, chave para mellorar o goberno en Cambados.
10.- Non cres que é hora dun xiro a esquerda neste pobo?
Por suposto, unha maneira de gobernar nova no Concello sería especialmente beneficiosa para os cambadeses. O BNG protexería os recursos naturais, fomentaría o turismo con responsabilidade, o crecemento urbano sería tratado con maior intelixencia e sen comprometer o futuro, os recursos económicos xestionaríanse máis eficientemente, a vida cultural reactivaríase, habería maior seriedade nas contratacións, pasear por Cambados sería aínda máis reconfortante coa peatonalización, tantas cousas mellorarían…
Fari era o Capitán do Cambados B, e chegou a debutar
en partido oficial co Cambados senior.
11.- Sabemos que gozas da festa do Albariño como o que mais, que botas de menos, que sacarías ou que engadirias da actual festa.
Como bo cambadés gústame moito o Albariño, aínda que as miñas festas favoritas sempre serán as do Entroido. O que máis me gusta é compartila charlando, rindo e cantando cos amigos da pandilla e tamén cos demais cambadeses. Gústame o ambiente que se forma na rúa, por iso penso que o importante da festa é a xente, que a disfrute a xente de Cambados.
Boto de menos un pasarúas que teña que ver con Cambados, Galicia, e co viño albariño e non un desfile “militar” que non debe distar moito do da festa da morcilla de Burgos. Que se note o carácter e as raíces da festa. Sei que ten que haber actuacións musicais de todos os estilos (para iso están os domingos), pero boto de menos algunha que arme festa. Creo que a gala de premios debería ser o domingo á tardiña antes do concerto. Non me gusta o despilfarro en invitacións para a Comida a xente que non ten nada que ver coa festa. Creo que os adegueiros deberían implicarse máis na súa promoción e organización e non só limitarse a vender botellas,…
12.- A Chon sempre lle din que é unha contradición ser do Madrid e do Bloque, como é o teu caso. Ti que dirias os que critican isto?
JAJAJAJA, houbo algún que tamén mo dixo, pero tampouco moita xente. Pois o único que lles podo decir é que é así e punto, non o fago a propósito. Deben entender que o fútbol e a política son cousas diferentes, e que os sentimentos futbolístico e político non nacen da mesma semente.
O Antroido, outra das súas paixóns.
Agora unhas cantas preguntas rápidas:
Un viño: Mencía.
Unha comida: Polo asado con patacas novas e ensalada.
Un libro: Tres: El Señor de las Moscas. (W. Golding); A Esmorga (E. Blanco Amor); Luces de bohemia (Valle-Inclán)
Unha Pelicula: duas: Atrapado en el tiempo; El Gran Lebowski.
O actor preferido: Bill Murray.
O días máis feliz da tua vida: por exemplo cando gañamos a Copa Deputación de fútbol.
Un personaxe histórico: Robespierre.
Un político: Castelao.
O teu hobby preferido: Rirme cos amigos.
A tua cidade ou pobo preferido (Cambados aparte): Madrid.
Por ultimo voute poñer nun dilema ¿Qué prefires que gañe o Bloque as Municipais en Cambados ou que o Madrid quede campión de Europa?
Jajajajaja! Esta é fácil: que gañe o Benegá as eleccións! A Champions que a gañe calquera menos o Barça jajajaja.
Grazas Fari, pola tua colaboración foi para nos unha honra contar contar contivo para esta entrevista e estamos seguros que non vas defraudar os nosos visitantes. Sorte para ti na vida, para o BNG...e para o Real Madrid. Unha aperta.

MIGUEL ANXO FERNANDEZ SITUA NOVAMENTE A “FRANK SOUTELO”EN CAMBADOS
O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver ou seu primeiro caso en Galicia en Lume de cobiza, que chegará ás librarías non próximo mes de abril dá man dá Editorial Galaxia na súa colección Literaria, a mesma que acole as anteriores entregas dá creación de Miguel Anxo Fernández. Fillo de pai de Soutelo de Montes e nai de Muros, ambos os emigrados en Nova York, ou popular sabuxo deberá alterar as súas merecidas vacacións galegas coa súa familia muradá, e resolver un caso por puro compromiso ambientado na vaga de lumes que afectou ao país non verán do 2006.
A partires dá morte dun mozo por sobredose, Soutelo meterase nunha espiral de descubertas nada agradables vinculadas con sectores como ou do ladrillo e a especulación, aínda que resoltas co seu particular recurso ao humor e á retranca, ao tempo que fica asombrado polo furor incendiario e ve aflorar a súa agachada alma ecoloxista. Non faltará ou seu álter ego, ou funerario Sugar Jones, casualmente en Galicia para asistir a un congreso internacional dá súa especialidade, nin tampouco as acostumadas referencias cinéfilas presentes na serie. A novela percorre cidades como Compostela e Vigo, ademais de vilas como Muros, Cambados e O Carballiño, entre outras. Con Lume de cobiza, Miguel Anxo Fernández ten a intención de manter a Soutelo nalgún caso máis por Galicia, aproveitando a aparición de personaxes secundarios que se engadirían aos seus colaboradores ocasionais.
A serie de Soutelo comezou non 2002 cun nicho para Marilyn e continuou cun luar non inferno, e Tres disparos e dous friames.


NOVA PAXINA INTERCTIVA NO FACEBOOK CAMBADÉS: EU TAMÉN QUERO UN CAMBIO PARA CAMBADOS.
http://www.cambados.tk/ abreu unha sección especial da páxina adicada a unir a toda esa xente que queren un cambio para Cambados a partires do vindeiro 22 de Maio. Abre cun pequeno resumo dalgunhas das razóns polas cales é preciso mudar o goberno do Concello.
O deseño empregado está moi en relación coas redes sociais, en particular co Facebook, para tratar de mobilizar e de informar por esa canle ao maior número de persoas de aquí a dentro de practicamente un mes.
Na parte blog da iniciativa iranse colgando (ou recolgando nalgún caso) artigos relacionados coa xestión do actual goberno durante estes anos para afondar nos moitos argumentos que existen para demandar un troco na política municipal.


NOVO LIBRO DE RAMÓN CARIDE
Ramón Caride preséntanos unha novela histórica con tinguiduras fantásticas que gustará aos lectores afeccionados a este xénero tan popular, pero tamén a aqueles que desexen gozar dun texto sen un momento de respiro. Trasladarémonos ata os inicios da Idade Moderna, pero nos que se conservan as supersticiones e sombras do medievo anterior. E entre frías pedras coñeceremos o poder do mal personificado no abade dun mosteiro escondido, aínda que este ser maligno terminará sufrindo un destino tan violento como o que el infrinxiu a tantos inocentes.
Argumento
Nunha fría noite de inverno un mozo e nobre cabaleiro chega ata o recóndito mosteiro de Oseira. Este esixe ver ao abade e como carta de presentación expón un misterioso fardo e un anel co selo do señor do mosteiro.
Tras varios días de espera, unha noite é conducido ante o abade, Lorenzo de Navascués. Lorenzo era un guerreiro ao servizo de Isabel de Castela; para ela conquistou terras e matou a infieis e a outros inimigos do seu mesma relixión. O agora abade era un home sen compaixón e dunha crueldade extrema; xunto ao seu amigo e compañeiro de armas,Servando de Noreña, estudou as artes máxicas escuras, anigromancia. Tras unha batalla, ao regresar a Toledo, Servando enferma gravemente e, a piques de expirar, realiza a promesa de volver de entre os mortos para contarlle a Lorenzo que hai máis aló. Lorenzo transforma a dor pola morte do seu amigo en desenfreo e luxuria polas rúas de Toledo. A raíña, indignada por estes feitos, ordena ao guerreiro que se exilie unha tempada nas súas encomendas estremeñas e dirixa unha investigación sobre posibles conatos de herexía.
Autor
Ramón Caride naceu en 1957, reside en Cambados , é licenciado en bioloxía e profesor de Ensino Secundario. Posúe unha gran obra, narrativa e poética, en galego que foi traducida a varios idiomas. Da súa produción para os lectores máis novos destaca a serie:«As aventuras de Sheila e Said», cun transfondo ecoloxista que tamén atopamos noutras das súas obras. Ramón foi galardoado co Premio Merlín 1995, por Ameaza na Antártida, e o XV Premio Lueiro Rei de Novela Curta, por Ou frío azul, a edición orixinal desta novela.

MARTIN FABILLA VELAY GAÑADOR DA CARREIRA DOS INSTITUTOS
Os dous institutos de Cambados, o Ramón Cabanillas e o Francisco Asorey, celebraron onte o seu xa tradicional carreira. Centenares de rapaces, máis de trescentos segundo a organización, participaron nesta competición que, este ano, quixo render unha homenaxe ao escultor Francisco Asorey. Así, os dorsais dos participantes incluían unha caricatura do xenial escultor cambadés. A saída tivo lugar ás once da mañá da alameda de San Tomé e, tras percorrer as principais rúas da localidade, os estudantes chegaron, un pouco máis cansados todo hai que dicilo, ás instalacións do instituto Asorey.
Lista de gañadores
O primeiro en chegar á meta foi Martín Fabilla Velay, seguido de Sergio Chaves Serantes e de Victorino Souto Sanmartín. Pódese dicir que a carreira foi gañada polo Cabanillas, pois os dous primeiros clasificados estudan nese centro. Na categoría de infantil, Miriam Trigo e David Somoza foron os primeiros en chegar á meta, mentres que Andrea Torres e Adrián Feijoo fixeron o propio na de cadetes. Jennifer Oubiña foi a gañadora da clasificación xeral, mentres que Rosa María Barreiro e Diego Fernández levaron os premios aos veteranos. Ao final, os organizadores repartiron un total de 24 trofeos entre todos os participantes. Estes foron doados polos comerciantes.

XOGOS POPULARES E DE MOTOR CENTRARÁN A II FESTA DEPORTIVA DE CASTRELO OS DÍAS 21,22, 23 E 24
A asociación de veciños “Santa Cruz” de Castrelo prepárase para celebrar unha segunda edición da Festa Deportiva que o pasado ano alcanzou un gran éxito de participación. Celebrarase os próximos 21, 22, 23 e 24 e haberá música, así como actividades dedicadas aos máis pequenos.
As probas deportivas comezarán o xoves ás dez da mañá e desenvolveranse durante todos os días ata o domingo ás nove da noite. Haberá unha xincana automobilística e outra motorizada, así como campionatos de Ran e Chave e maratón en tres categorías: Adultos, cadetes e infantís.
As bases de cada proba poderanse atopar no campo da festa e os gañadores recibirán os seus premios durante a verbena que terá lugar este sábado. Para amenizar a noite contarán con “Salnés Móbil” e Os Tres Latinos.
A comisión de festas tamén organizou actividades para o último día da festa. A partir das seis da tarde haberá unha gran festa infantil con animación a cargo do grupo A.C. D`Vuena. A clausurá dos xogos chegará ás 22 horas e logo, pola noite, volverá a música, esta vez da man do trío chamado Melodyans e novamente haberá unha discoteca móbil.
A II Festa Deportiva tamén supón a primeira das moitas celebracións que a asociación de Castrelo preparou para ocupar o calendario cultural deste ano 2011.
Novas citas > A próxima cita terá lugar o 30 deste mes, coa festa de irmandamento entre Galicia e Asturias que propiciará a celebración do primeiro Concerto Coral de carácter rexional de Castrelo, coa participación de agrupacións chegadas desta comunidade e de todas as provincias galegas. Terá lugar o día 1 de maio, ás cinco da tarde no campo da festa.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE CARLOS BLANCO

XOVES 22 DE ABRIL (XOVES SANTO). ACTUACIÓN NO PUB BULEVARD (BARRANTES) PONTEVEDRA
VENRES 23 DE ABRIL (VENRES SANTO) ACTUACIÓN NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA. CON PEPO SUEVOS E PATRICIA VAZQUEZ.
SABADO 23 DE ABRIL. ACTUACIÓN EN TOMIÑO (PONTEVEDRA). 21.00 HORAS
XOVES 28 DE ABRIL. ACTUACIÓN XUNTO A "MOFA E BEFA" NO CAFÉ A SENRA (PONTEVEA).
VENRES 29 DE ABRIL. "OREM E PROGRESSO" NA CASA DA CULTURA DE BURELA (LUGO)
SABADO 30 DE ABRIL. ACTUACIÓN NO PUB "MEU" DE RIBADAVIA (OURENSE). 23.00 HORAS
MERCORES 4 DE MAIO. SALA NASA. SANTIAGO. PRESENTACIÓN FESTIVAL SOLIDARIO CON GAZA. ACTUAN THE HOMEMS, QUEMPALLOU, GARCIA MC...
VENRES 6 DE MAIO. ACTUACIÓN NO PUB "A TABERNA DO PATIO" EN SANTA CRUZ DE RIVADULLA. 23.00 HORAS
SABADO 7 DE MAIO. ACTUACIÓN NO PUB "LA PECERA". VIGO.
DOMINGO 8 DE MAIO. AUDITORIO DE CANGAS. GALA DA ASOCIACIÓN CONTRA O ALZHEIMER. CON MONCHO BORRAJO, ENTRE OUTROS/AS...
SABADO 14 DE MAIO. ACTUACIÓN DENTRO DA PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE "GUEZOS". OURENSE
VENRES 20 DE MAIO. "ORDEM E PROGRESSO" NO AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO.
MERCORES 25 DE MAIO. FOLK ORAL NA SALA MOON. SANTIAGO.
VENRES 3 DE MAIO. FOLK ORAL NO CENTRO CULTURAL DE MOURENTE (PONTEVEDRA)
SABADO 4 DE XUÑO. LUGO. CLAVICEMBALO.
SABADO 11 DE XUÑO. ORDEM E PROGRESSO NA CORUÑA.
SABADO 18 DE XUÑO. FOLK ORAL NA SALA 600 (MELIDE-A CORUÑA). 23.30 HORAS
SABADO 25 DE XUÑO. ACTUACIÓN NO LICEUM. O PORRIÑO (PONTEVEDRA)
SABADO 2 DE XULLO. FOLK ORAL NA ASOCIACIÓN CULTURAL DE PONTESAMPAIO (PONTEVEDRA)

Ningún comentario: