24 de maio de 2011

24 DE MAIO DE 2011

Pazo "A Capitana"
TREIXADURA FAI A PRESENTACIÓN OFICIAL DO SEU NOVO DISCO EN CAMBADOS

Treixadura
O Grupo Treixadura, con sede social en Cambados, fará a súa presentación oficial nesta vila o vindeiro 4 de Xuño ás 12.30 horas na Casa de Turismo Rural “A Capitana”. “Esta si que é muiñada” completa a tetraloxia do grupo que comenzou con “Unha Noite no Muhiño”, continuou con “Unha Noite non é nada” e o derradeiro CD foi “Unha Semaniña Enteira” que foi o disco mais vendido na historia de música tradicional galega. “Esta si que é muiñada” é o disco que ven a completar esta tetraloxia, un CD que vai romper moldes, e canons, que vai sorprender a moita xente , aparte do orfeón Treixadura estáran tamén os mellores coros de Galicia e orquestra sinfonica do Rosal.
Fai uns días no programa “Alalá” da TVG xa presentarón algunhas cancións podes ver o mesmo premendo AQUÍ. Estamos espectantes ante esta nova presentación, pois un dos compoñentes de Treixadura Xaquin Xesteira foi un dos gaiteiros da desaparecida grupo de gaitas de Unha Grande Chea. As fotografias do CD son obra de famoso fotógrafo cambadés Eudardo Apariz.

Richar Charlin
RICHAR E MELO NA TVG
O presidente do Club Juventud de Cambados Richar Charlin e o capitán do equipo Melo, estiveron onte no programa “A Solaina” da TVG falando da “cacicada” que fixo a Federación Galega co Cambados, o non suspenderlle a xornada do domingo pese a que a maioria dos equipos estaban dacordo coa suspensión . Como sabedes o enterro de Moncho Fontán, directivo histórico deste club coincidia coa a hora do encontro, tanto a directiva como os xogadores por unanimidade acordaron non ir a xogar o encontro. Agora parece que que se quere votar atras despois do “lio” que se armou na prensa. Podes ver aquí o video premendo AQUÍ, a entrevista está aproximadamente no minuto 19.


 
O REFUXIO VAI FACER UNHA CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS
"Gatiños"
Empezan unha campaña de esterilización dos gatos das colonias de Cambados, empezaran polas do centro, poderáns esterilizar a uns pouquiños pero son moitas . Necesitan auda. Esta vez piden a vosa colaboración para poder levar a cabo este proxecto.
Necesitan GAIOLAS TRAMPA para gatos, para poder coller ás gatas e esterilizalos.
Tambien necesitan axuda economica na medida do posible, saben que as cousas estan mal e sempre están a pedir e eso sabenno, pero esta vez é para os gatiños, xa sabedes que non teñen gateiras no refuxio pero polo menos queren facer algo polas colonias, esterilizalas e intentar conseguirlles casa e casas de acollida.
Este é o seu número de conta.: 2100-5036-49-0200074762 A Caixa  ÍAN É48 2100 5036 4902 0007 4762
CONTAMOS CONVOSCO . REFUXIO ANIMAIS CAMBADOS info@refugiocambados.es 986524670  649919849

OS PENSIONISTAS NOVAMENTE A XANTAR GRATIS
Pensionistas e xubilados de Cambados poden recoller, a partir do luns, as invitacións para participar na comida de terceira idade. A cita será o vindeiro sábado, día 28. Os cartóns repartiranse no centro sociocultural da Merced en horario de mañá.
As celebracións en honra a este colectivo comezarán á unha da tarde, cunha misa. Posteriormente, celebrarase a comida no pavillón do instituto Cabanillas.
Está é a primeira cacicada do goberno cambadés na súa nova etapa no goberno de Cambados, coma sempre os grupos da oposición non contan para nada para o goberno cambadés, xa que nunca os invitan a este acto e non ia a ser unha excepción este ano. Lembremos quie este xantar pagamolo todos os cambadeses.

SHAKIRA E A EDUCACIÓN
Shakira
PAGA A PENA OIR O DISCURSO DA CANTANTE CHEO DE HISTORIA EDUCATIVA...
Unha mensaxe que causou unha admiración total e absoluta.
A pesar de que nunca se tivo a Shakira como unha persoa sensata , culta e comprometida coa sociedade, o discurso que deu impresionou.
Colombiana, que dá o discurso en inglés, de corrido, sen chuleta nin notas (xa quixeran os nosos políticos... que lástima).
Un dos mellores alegatos sobre a educación que se pode facer. Podelo ver premendo AQUI.

Gogue con Luis Tosar
GOGUE CON LUIS TOSAR
O noso amigo Gogue está que non para na súa actividade diaria, recentemente acaba de facerlle entrega o xenial actor galego, o incomparable Luis Tosar, dunha caricatura realizado polo artista meco-cambadés. O acto tivo lugar recentemente no Dadó Dadá Jazz Club de Santiago de Compostela na presentación do libro poemario de M. Villegas publicado pola Editorial Davinci. Luis Tosar quedou gratamente sorprendido polo agasallo do noso amigo Gogue e doulle os parabéns pola caricatura, que é referente a pelicula Calda 211.

COMUNICADO DA PLATAFORMA "DEMOCRACIA REAL XA" DE CAMBADOS
"Democracia Real en Cambados"
Ollo en Belgica levan case un ano sen goberno e estan na gloria, O SISTEMA FUNCIONA SÓ CUNHAS BOAS Leis
España debe baixar o seu déficit en 9,4 puntos porcentuais na próxima década, unha das reducións máis drásticas do mundo, segundo o Fondo Monetario Internacional... que ademais pide un recorte nas prestacións sanitarias do noso paí¬s para reducir a débeda. Miúdo panorama.
Non cres que chegou o momento de coller o touro polos cornos?...
ELIMINAR O SENADO. NORUEGA, SUECIA, DINAMARCA, NON TEÑEN SENADO, ALEMAÑA SÓ 100 SENADORES, EE.UU. UN SENADOR POR CADA ESTADO. Os GRANDES TEÓRICOS DO DEREITO INTERNACIONAL E CONSTITUCIONAL (DUVERGER, JELLINEC, Etc.) OPINAN QUE É UNHA CÁMARA INNECESARIA, PRESCINDIBLE E QUE ESTÁ EN EXTINCIÓN, ENTÓN POR QUE TEMOS QUE MANTER A 260 SENADORES? DESTA FORMA AFORRAREMOS 3.500 MILLÓNS DE EUROS CADA ANO.
ELIMINAR A PENSIÓN VITALICIA DE TODOS Os DEPUTADOS, SENADORES E DEMAIS "PAIS DA PATRIA ".
REVISAR Os SOLDOS DESTES ALCALDES QUE SE PON Os SOLDOS QUE LLES DÁ A GANA.
CAMBIAR As LEIS, E ADEMAIS DE CÁRCERE PARA Os LADRÓNS, OBRIGAR A Que TODO O DIÑEIRO QUE ROUBARON Os POLÍTICOS E DEMAIS "ADXUNTOS" VOLVA A Las ARCAS DE ONDE FORON ROUBADO. (p.e. Pachulis, Pantojas, Bonos, Juan Guerra, filla de Chavez, Camps, Matas, Munar, etc...)
ELIMINAR TODOS os coches oficiais (non é posible que teñamos máis coches oficiais que USA).
Anular TODOS os cartóns VISA oficiais (que cada un page coa propia) e pór na rúa a TODOS os "cargos de confianza" (temos funcionarios dabondo para encargarse deses labores).
ELIMINAR A Todos os diplomáticos excepto un embaixador e un cónsul en cada paí¬s. (Non é posible que gastemos nisto máis que Alemaña e O Reino Unido).
Con iso, e con rebaixar un 30% as partidas 4, 6 e 7 dos ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO (transferencias a sindicatos, partidos políticos, fundacións opacas e varios) se ahorrarí¬an máis de 45.000 millóns de Euros, non harí¬a falta tocar as pensións nin os soldos dos funcionarios, como tampouco harí¬a falta recortar 6.000 millóns de Euros en investimento público.
Ten razón o FMI cando di que "un bo plan de axuste podrí¬a ata acelerar a actividade económica".
COA METADE DO DIÑEIRO QUE O ESTADO AFORRARÍASE CON ESTAS MEDIDAS, ACABARÍASE A CRISE EN ESPAÑA
PASALO A Todos Os vosos CONTACTOS E QUE CORRA LA VOZ.
A DENUNCIA SILENCIOSA
Está comprobado que os millóns de msn, correos, vía móbil e Internet logrou exasperar aos políticos deste país.
Hai que seguir denunciando e dar curso a todas estas mensaxes que lles poñan en evidencia.
A partir de hoxe, periodicamente, imos pór en marcha unha mensaxe denunciando algún dos escandalosos privilexios dos que se dotaron os políticos. Para que vos fagades unha idea do que falamos, aquí tedes os catro primeiros que van circular.
Enviado por Hadrián Cores.

CUNQUEIRO CAMBADOS E O ALBARIÑO. ESTE ANO CUMPRENSE 100 ANOS DO SEU NACEMENTO.
Imaxe preciosa do finado "Miguel
Palacios" que ilustraba un artigo
publicado por Cunqueiro nunha revista
Cunqueiro mantivo sempre unha profunda relación con Cambados. Tanto a través da súa familia a súa tía avoa, Concha Montenegro, enviaba todos os Nadais á súa familia de Mondoñedo recoiro e vieiras para a Noiteboa dos seus amigos Manuel Silva, a casa dos Fraga, Ernesto Zárate, Dario Fole e o seu fillo Joaquín e, sobre todo, da Festa do Albariño da que foi impulsor, propagandista, permanente membro do xurado e fervoroso asistente...
Desde a segunda edición, en 1954, xa está acreditada a participación de Cunqueiro na Festa. En anos sucesivos, publicou diversos artigos sobre o viño e a propia Festa e non deixou de asistir ata o ano 1975 cando nunha carta remitida a Pedro Rial xustifica a súa ausencia dicíndolle que se atopa cansado e envellecido.
Nunha das súas últimas entrevistas, Cunqueiro recordaba así os momentos vividos en Cambados: "deixei de ser xurado pero me gustaba moito ir. En primeiro lugar porque en Cambados naceu o meu pai e porque me gusta moito o viño Albariño, que é o viño branco máis importante do noso país. As cepas do viño Albariño trouxéronas do Mosela os monxes do Císter.E se un ponse a xulgar isto, pois un ponse a xulgar case unha materia sacra, claro. E por iso ía sempre. Eramos, ademais, un grupo moi cordial de amigos, con Castroviejo, con Manolo Fraga Iribarne que foi xurado varias veces e moito antes de ser ministro, e ata personaxe político, e pasabámolo moi ben. Era un día moi fermoso e eu tiña sempre que pronunciar unha especie de arenga militar o terminar o xantar. En fin, moi ben, unha gran festa, unha das festas máis fermosas que había no país.

Portada do libro.
PRESENTACIÓN DO LIBRO “BOAS NOITES” CAMBADOS.
Teófilo Edicións ten o pracer de convidarrvos ao acto de presentación do seu proxecto editorial “Boas Noites, Cambados”, que se celebrará o vindeiro mércores 25 de maio, ás 21 horas, no Auditorio da Xuventude de Cambados.
O equipo de Teófilo Edicións. Tlf. 981 584 562 r/República Arxentina, 26, 1º esq. 15701 Santiago de Compostela . martacrespo@teofilocomunicacion.com .www.teofilocomunicacion.com

Equipo do Holmfirth
O 9 DE XUÑO CHEGAN OS INGLESES
O vindeiro 9 de xuño chegan os ingleses a Cambados, veñen a devolver visita, que a oficiosa Selección de Futbol de Cambados lle xirou a Holmfirth, perto de Liverpool, os nosos rapaces teñenlle preparada unha cea e unha viaxe en barco. Ademais esta prevista unha reunión na Leria para o 27 de maio as 22.30 horas, pàra aclarar estes e outros temas.

Ningún comentario: