12 de maio de 2011

CAMBADOS 12 DE MAIO DE 2011

ENTREVISTA  A OSCAR PARDO PLANAS POR www.emmjovenrevolution.blogspot.com
Estrevista ofrecida por Emmanuel F. Joven para o blog The Strange Hero (http://www.emmjovenrevolution.blogspot.com/ ), con Oscar Pardo-Planas, redactor de CambadosTk sobre a influencia de internet na campaña destas eleccións a nivel Cambados:



Treixadura

TREIXADURA E “ESO SI QUE MUIÑADA” NA TVG
O grupo de música tradicional Treixadura, con enderezo social en Cambados, xa ten rematado o seu disco “Esa si que é muiñada” que ven a ser o cuarto CD da serie “Unha noite no muiño”, “Unha noite non é nada”, e “Unha semaniña Enteira” que foi número 1 de ventas en Galicia no que a música tradicional se refiere. Pendentes da presentación oficial probablemente en Cambados,  o vindeiro día 18 de maio ás 22.30 horas presentarán o disco no programa “Alalá” da TVG. O vindeiro disco promete está gravado aparte do orfeón Treixadura con outras corais e pezas coa orquestra sinfonica do Rosal. O disco está ilustrado con fotografias do cambadés Eduardo Apariz


Victor Caamaño

SUSPENDESE O MITIN DO BNG PREVISTO PARA HOXE
O mitin que está previsto para hoxe ás 21 horas no Salón de Exposicións de Peña por parte do Bloque Nacionalista Galego, vense de suspender en solidaridade cos finado do terremoto de Lorca-Murcia, neste mitin estaban previstas as intervencións de Manuel Fariña, Almudena Castro, Xaquin Charlin, Bieito Lobeira, Montse Prado e Victor Caamaño. Esta formación anuncia nose facebook que en principio queda para o vindeiro 17 de maio e que xa nos informaran da hora.



QUEREMOS GALEGO ORGANIZA UN ACTO EN CAMBADOS
A plataforma QUEREMOS GALEGO vai organizar o vindeiro 17 de maio as 11.30 horas no paseo da Calzada un acto reivindicado do noso idioma , que o mesmo tempo e a mesma hora vai ter lugar en varios lugares de Galicia, baixo o lema “PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO”, nel intevirán varios persoiros da comarca lendo distintos textos de autores galegos e intervendrá os grupos de música tradicional “Nos” de Sobradelo e “Xironsa” de Cambados. O final leerase un comunicado da Plataforma. Atopamanos ese día en Cambados coa paradoxa de que o Concello practicamente nunca organizou nada neses dia e este ano por motivos electorais ten unha axenda impresionante, a ver se a manten así para outros anos e lle fai saber o presidente da Xunta a importancia do galego.

O ESCRITOR NACIONALISTA EMILIO INSUA LÉVASE O “RAMÓN CABANILLAS 2011"
Os libreiros entregan o sábado o seu oitavo premio CabanillasOs libreiros de Cambados celebran este sábado a oitava edición do seu premio Ramón Cabanillas. Un galardón que cada ano quere recoñecer a traxectoria dun escritor e que, nesta ocasión, recaeu sobre nacionalista Emilio Xosé Insua. A entrega deste premio será toda unha festa, na que non faltará a poesía nin a mellor música en directo. Comezará ás nove da noite no auditorio da Xuventude.
A actividade iniciarase cun recital poético a cargo de Ramón Nogueira e Xosé María Vila Ribadomar. A continuación, intervirán o académico nacionalista Francisco Fernández Rei e o pintor e mestre, Saúl Otero. Da música encargarase a filla do homenaxeado, Aloia Insua, que contará coa colaboración de Manuel Antón García, Nacho González e Miguel Costas. Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira porán o broche final a unha festa que, como xa é habitual, terminará cunha cea no restaurante A Traíña. Neste acto colabora a Asociación Cultural Unha Grande Chea.
Doutra banda, os libreiros cambadeses tamén organizarán unha pequena feira do libro. Será o próximo 17 de maio na praza do Concello. Contos e Cabanillas colocarán un espazo no que poderán adquirirse os libros cun 10% de desconto.

I FOLIADA NO SIXTO
O vindeiro 11 de xuño ás 21 horas vai ter lugar no Contro Cultural do Sixto e organizada por esta entidade a I Foliada no Sixto “Terra dos Campaneiros” . Todos aqueles grupos folclóricos que queiran particpar deberán inscribirse nos seguintes telefonos: 609800426 2 986520302. Haberá empanada e mexiloada para os participantes. Este evento celebrase entre ooutras cousas en conmemoración do 32 aniversario do Centro Cultural.




LUME DE COBIZA, UN LIBRO SOLIDARIO, XA ESTÁ EN LIBRERÍAS
Un euro dos dereitos de autor van para á Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas pola súa defensa do monte galego. Miguel Anxo Fernandez, aparte de ser un bo escritor é un homew solidario. 
En Lume de cobiza, o detective californiano de pais galegos, Frank Soutelo, emprende o seu primeiro caso en Galicia que o levará por numerosas vilas e cidades galegas (Sanxenxo, Cambados, Santiago de Compostela, Vigo, O Carballiño, Muros, Soutelo de Montes…) a modo de road movie para aclarar a morte dun mozo durante a vaga de lumes de 2006. A peripecia que o levará a esclarecer o caso espertará no propio detective a súa agachada alma de ecoloxista, razón pola que o autor de cuarta entrega das súas aventuras, Miguel Anxo Fernández, considerou oportuno solidarizarse con quen traballa a prol da defensa do monte galego. Para iso renunciará a un euro dos seus dereitos de autor por cada exemplar da primeira edición, para destinalo á Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, fundada en 1988, presidida por Pablo Rodríguez Fernández Oitabén e domiciliada no IES O Ribeiro de Ribadavia. Ridimoas dedica os seus esforzos ao coidado e merca progresiva do monte que lle da nome no concello de Beade. Lume de cobiza, da man de Editorial Galaxia, xa está nas librarías galegas desde esta mesma semana e súmase ás tres anteriores entregas do detective: Un nicho para Marilyn (Premio García Barros 2002), Luar no inferno e Tres disparos e dous friames.

EVARISTO GONZALEZ TODO UN ESPECIALISTA EN CETRERIA
A Sociedade Galega de Cetrería está de parabén. A Unesco inscribiu esta práctica na lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade e a asociación decidiu aproveitar esta ocasión para dar a coñecer a súa actividade nos colexios e institutos da comunidade. Onte tocoulle a quenda a Cambados e os alumnos do instituto Asorey e do colexio San Tomé puideron gozar dunha sesión en directo. De impartir a charla encargouse Evaristo González, un cambadés que é secretario da sociedade.
Espectaculares
O primeiro que chamou a atención aos alumnos de ambos os centros foron as aves que González levou a ambos os centros. Entre eles destacaba, especialmente, un exemplar de bufo siberiano. Trátase dun animal que pode vivir máis de oitenta anos en catividade e que, polo seu tamaño e a súa plumaxe, chama a atención. Había, ademais, un falcón lanario, de 27 anos de idade, e un espectacular macho de aguia real. Unha aguia de cola vermella e unha parella de aguias de harris completaba a colección.
A charla
A actividade comezou cunha charla na que González explicou en que consiste a cetrería e como son os animais. Os alumnos escoitaron atentamente como se coida e adéstrase a estas aves. «Queremos darlle unhas nocións aos rapaces para crear afección e socios», asegurou o secretario da sociedade galega. Por iso están a percorrer os colexios contando aos alumnos en que consiste esta prática. «É unha afección que non vale para todo ou mundo. Tes que ter paciencia e ten que gustarche moito», engadiu González.
O mellor, a práctica
Pero sen dúbida o que deixou coa boca aberta aos alumnos cambadeses foron os voos que realizaron algúns destes animais. Houbo quen se atreveu ata a tocar coas súas mans ás aves e a acariñalas. «Aos rapaces gústalle porque é unha actividade que se sae do normal», engadiu González. Tamén destacou que na localidade do albariño hai bastante afección a esta práctica. Ata a nova presidenta da Sociedade Galega de Cetrería, Dolores Abella, é de Cambados.

Fotograma do Rey Arthur
“O REI ARTUR” NA ILLA
O vindeiro martes 17 de maio ás 20 horas no Auditorio da Illa de Arousa representación da obra de monicreques “O Rei Artur”. O Rei Artur, tras un enfrontamento cun cabaleiro máxico ten que resolver un enigma para salvar a súa vida: Que é o que máis desexan as mulleres? O que no seu comezo parece unha resposta sinxela convértese nun rompedeiro de cabeza. E o Rei Artur terá que pasar por intricadas aventuras que o levarán a unha reconsideración do seu pensamento sobre o rol das mulleres no seu entorno e o de Xenebra en particular. Sir Galván será o seu compañeiro nesta aventura, onde as virtudes dos cabaleiros pasan máis polo corazón e o intelecto que pola espada.

ROTEIRO NA SIRADELLA (O GROVE)
O vindeiro sábado 21 de Maio terá lugar no Monte a Siradella de O Grove un xantar o aire libre no que cada ún terá que levar as súas viandas, logo as 17 horas iniciartase dende o parque infantil un percorrido polo monte comentando as zonas afectadas ante a posible construcción dun campo de golf nunha zona de especial protección como esta. Racomendase un calzado axeitado para a ocasión. Organizan a Asociación Cultural “A figheira do Meco”, “Plataforma veciñal non o camp de golf da siradela”. Colectivo Ecoloxista do Salnés.

O CLUB ATLETISMO CAMBADOS A CORUÑA.
O vindeiro domingo 15 de maio o Club Atletismo Cambados estará representado (salvo imprevistos de última hora) na Media Maratón da Coruña polos seguintes atletas:
Tito Fariña, Xoixe Costa, Moncho Daporta, Yayo Daporta, Borja Botana, David Martínez, Marcelino González e Alfredo Oliveira.
O pasado domingo tiveron xa unha exitosa intervención na carreira popular Manuel Maniño Castro de Oubiña, donde David Martinez ficou segundo en cantegoria absoluta e tito Fariña na súa caterio en 5 kms.
Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/  

Ningún comentario: