13 de maio de 2011

CAMBADOS 13 DE MAIO DE 2011

UNHA “FESTA HAUSE” MOI POLEMICA
Cartel anunciador do evento donde
se pode ver o logo do PP
Mañan sábado vai ter lugar na Illa das Goritas as 23 horas unha “FESTA HAUSE” organizada por Novas Xeneracións do Partido Popular e auspiuciada por este partido segundo se pode ver no cartel anunciador. Todos sabemos que esta festa o final imola pagar supostamente todos os cambadeses, xa que é sabido de donde saen os cartos. Todos sabemos como son estas festas o final tamén todos sabemos o que se consume nelas prioritariamente . O debate xa está na rede e concretamente no foro de http://www.cambados.tk/   podemos ver comentarios como o que segue “...¿Como se financia? Pois cos cartos de todos os cambadeses, por que a festa paga o concello pero o merito levano os lobitos do PP. Incrieible que o Concello subvencione festas donde o "material" o alcohol van correr a esgalla...". Podendo estar ou non de acordo con este comentario, nos dende logo non estamos dacordo con él,  xa que nos pensamos que que non toda a xuventude se “coloca” nin moito menos, pero esta clase de festas axudan a certos personaxillos a deixarse ver . É domoledor o estudio titulado “Cultura de la diversión y consumo de drogas en España. Características diferenciales con Europa” Estudio financiado polo Plan Nacional de Drogas na parte española e pola Comisión Europea na parte europea onde claramente relacionan directamente o consumo masivo de drogas nas festas “hause”. Podedelo ler premendo AQUÍ.

III CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS.
Varios participantes da edición anterior
O domingo 12 de xuño o CLUB ATLETISMO CAMBADOS estrease en Cambados centro (xa que participaron varios membros fai uns dias na carreira de Oubiña) coa III Carreira Popular. As inscricións poderense facer a partir do 15 de maio en Championchipnorte.
Este ano volverá ser gratuíta e basicamente é un dez mil moi rápido con saída e chegada na Praza de Fefiñanes e que discorre por un circuíto de 3.333 metros ( tres voltas) polo centro da vila do albariño.
A próxima semana repartiranse os carteis polos establecementos de Cambados. O percorrido consiste en dar tres voltas polo devandito circuito, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns e que discorrerá polas seguintes rúas: avenida dá Coruña, O Pombal ida e volta, ribeira de Fefiñáns, paseo dá Calzada, praza do Concello, paseo marítimo, alameda de Santomé, avenida de Galicia, praza do Concello, avenida de Vilariño, avenida de Madrid e rúa Real.


MATEMATICAS Á RUA POR PARTE DOS ALUMNOS DO CABANILLAS
Alumnos do Cabanillas facendo os exercicios
prácticos de Matemáticas.
Os alumnos do Ramón Cabanillas de Cambados sacan as Matemáticas á rúa e resolven con facilidade asuntos que precisan importantes operacións
As Matemáticas sempre foron un dos "ósos" do curso académico porque pode ser difícil atoparlle a aplicación práctica. Pero este concepto quedouse desfasado para os alumnos de 3º de ESO e 1º de Bacharelato do Ramón Cabanillas de Cambados, que están a piques de completar un proxecto europeo de matemáticas fose do aula que converteu a materia nunha das máis amenas do presente curso.
A imaxe do "Pitagorín" cunha maraña de números, signos, pictogramas e lentes de cu de botella quedouse atrás no Ramón Cabanillas de Cambados, un centro no que as matemáticas sacáronse á rúa para atoparlle a aplicación práctica.
Os alumnos de 3º da ESO e 1º de Bacharelato aplicaron os seus coñecementos básicos da materia, a súa intuición e a súa lóxica para resolver algúns problemas que no papel parecen un auténtico xeroglífico, imposible case de resolver.
Baixo a coordinación do profesor José Benito Búa están a piques de finalizar o proxecto do curso a falta dunha última videoconferencia con compañeiros de Polonia que participan na mesma experiencia docente.
Para dar idea dos resultados aos que chegaron é preciso indicar que atoparon solución a moitos "porqués" da vida.
Entre outros conseguiron coñecer ata a circunferencia da Terra, aplicando o método de Eratóstenes, un bibliotecario de Alexandría do século III, que conseguiu obter conclusións coa sombra que o sol marca na súa proxección sobre unhas varas fixadas ao chan.
Pero esta non foi a única proba á que foron sometidos os alumnos cambadeses que nas últimas semanas estiveron ocupados e preocupados por achar a fórmula matemática a aplicar na construción dunha rampla accesible para cadeiras de rodas.
Non era un simple exercicio de trigonometría, pois os alumnos deberían chegar a conclusións que á vez cumprisen a lexislación actual tanto en España como noutros países. Os mozos non se amedrentaron e ata consultaron cos organismos pertinentes para non cometer nin o máis mínimo fallo no cálculo.
Por se isto fose pouco, os estudantes do Cabanillas tiveron a ocorrencia de determinar o número de árbores que hai en Galicia. Para iso recorreron a unha pequena masa arbórea que existe nas proximidades do seu centro educativo que lles serviu como referencia para establecer de forma moi aproximativa cantos existen na Comunidade.
Outra idea foi determinar o paso como medida de lonxitude. Ocorréuselles que iso só era posible calculando a velocidade do peón. Son uns xenios.

MERITORIA CUARTA PRAZA DO C.NATACION SALNES.
Os mozos e mozas do Clube Natación Salnés competiron o pasado sábado na Final da Copa de Clubs onde conseguiron unha meritoria 4º praza por clubs. Os dous que lograron o ascenso de categoría foron en primeiro lugar o Cidade de Santiago e de segundo clasificado o CN Xove. Segundo afirma o seu adestrador, César, espera e confía en que o próximo ano poidan mellorar a súa clasificación, e por que non, subir de categoría.
A puntuación a falta de confirmación da Fegan foi:
1.CDN Cidade de Santiago 1118 puntos
2.CN Xove 927 puntos
3.USC 850 puntos
4.CN Salnes 350 puntos
5.CN Albatros 288 puntos
6.CN Monforte 159 puntos
7.CN Arroaz Fene 157 puntos

Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/

UN CAMBADÉS ANÓNIMO RESIDENTE EN  ZARAGOZA DONA 1200 € A PROTECTORA DE ANIMAIS

Esta mañá tiñan un total de1480 € ingresados esta semana correspondentes ás distintas doazóns recibidas para as castracións das gatas e o alimento para esta familia necesitada, doazóns provenientes de todos vós, incondicionais como sempre, Carmen, Ana Belen, Sonia, Monica, Mar e moitos mais... Informatica Salnés e un ingreso especial, proveniente dun "CAMBADES" realizado desde ZARAGOZA co concepto de "PORQUE ELES TEÑEN DEREITOS" , dun importe de 1.200 €, este ingreso emocionou a Olga Costa e os seus axudantes.
Xornada de Paseo do Refuxio.
Choraron porque é unha donacion inmensa, proveniente dunha persoa cun enorme corazon, porque lles conmove saber que tanta xente que os ven e os coñecen e séguennos mais alá de Galicia, porque lles dá esperanzas, forzas, ánimos para seguir na loita, para saber que non estan sos e que. unha vez mais, ENTRE TODOS PODEMOS.
Esta noite, a sua presidenta Olga Costa durmirá tranquila por fin, despues de dias e dias pensando como pagar a factura de case 1000 € deste mes pasado do veterinario.Tranquila sabendo que en canto as gatas desta familia terminen a lactación das súas gatitos poderán ser esterilizadas sen problema algún. Tranquila sabendo que se lle poderá seguir comprando penso para esta familia...

ENMANUEL JOVEN ENTREVISTA A OSCAR PARDO PLANAS DO BNG
Estrevista ofrecida por Emmanuel F. Joven para o blog The Strange Hero (www.emmjovenrevolution.blogspot.com ), con Oscar Pardo-Planas, redactor de CambadosTk sobre a influencia de internet na campaña destas eleccións a nivel Cambados


Treixadura o completo.
TREIXADURA E “ESO SI QUE É MUIÑADA” NA TVG
O vindeiro día 18 de maio ás 22.30 horas o Grupo Treixadura fará a súa presentación os medios do seu novo disco no programa “Alalá” da TVG ÁS 22.30 horas. Este é o cuarto e derradeiro CD da serie “Unha noite no muiño”, Eesa si que é muiñada” e “Unha Semaniña Enteira” que bateu todos os recors de venda dun grupo de música tradicianal. Tamén están pendentes da presentación oficial probablmente en Camnbados en data sen determinar.

Emilio Insua
O ESCRITOR NACIONALISTA EMILIO INSUA LÉVASE O “RAMÓN CABANILLAS 2011"
Este sábado a partires das 21 horas vai ter lugar a entrega do VIII Premio Ramón Cabanillas que outorga a asociación de libreiros. Será no Auditorio da Xuventude e haberá poesía (recitarán Ramón Nogueira e Xose María Vila Ribadomar) e música (Aloia Ínsua e Manuel Antonio García Castro co saxo, Nacho González Castro coa zanfona e o acordeón, Miguel Costas ao piano e a actuación de Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira).
Falarán Francisco Fernández Rei (académico) e Saúl Otero (pintor e mestre).
Organizan as librarías Ramón Cabanillas e Contos. Colaboran Unha Grande Chea, o grupo Xironsa.

Cartel anunciador.
A PLATAFORMA “QUEREMOS GALEGO” ORGANIZA UN ACTO O 17 DE MAIO EN CAMBADOS
A Plataforma “Queremos Galego Salnés” organiza un acto cultural e reivindicativo bai xo o lema “Paremos os ataques contra o Galego” dentro da “movilización expansiva” que vai ter lugar na nosa nación o vindeiro 17 Maio. O acto vai ter lugar o 17 dfe maio as 11.30 horas diante do Monumento a Cabanillas en el varios perssoas procederán a lectura de textos en galego e de autores en galego, coa actuación músical da Asociación Cultural Nós de Sobradelo e a Asociación Cultural Sironxa de Cambados, o final leerase un manitesto da Plataforma.

I FOLIADA NO SIXTO
O vindeiro 11 de xuño as 21 horas vai ter lugar no Centro Cultural do Sixto a “I Floiada no Sixto”, terra dos Campaneirros. Tódos aqueles grupos folkloricos que desexen participar inscribirse nos seguintes telefonos: 609800426, 986520302. Haberá empanada e mexiloada para os participoantes. O evento celebrase con motivo do 32 aniversario do Centro Cultural do Sixto.





Fotograma da obra.
“O REI ARTuR E A ABOMINABLE DAMA”
O martes 17 de Maio ás 20 horas no Auditorio da Illa representación de testro de municreques “O Rey Artur e a abominable dama”. O Rei Artur, tras un enfrontamento cun cabaleiro máxico ten que resolver un enigma para salvar a súa vida: Que é o que máis desexan as mulleres? O que no seu comezo parece unha resposta sinxela convértese nun rompedeiro de cabeza. E o Rei Artur terá que pasar por intricadas aventuras que o levarán a unha reconsideración do seu pensamento sobre o rol das mulleres no seu entorno e o de Xenebra en particular. Sir Galván será o seu compañeiro nesta aventura, onde as virtudes dos cabaleiros pasan máis polo corazón e o intelecto que pola espada.

LUME DE COBIZA “LIBRO SOLIDARIO”, XA ESTÁ NAS LIBRERIAS
A venda de cada un dos exemplares de Lume de cobiza, editado por Galaxia, levará consigo a aportación dun euro dos dereitos de autor para a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas pola defensa do monte galego.
Con este novo caso, as aventuras do investigador consolídanse como unha das series policiais galegas máis populares. A serie de Soutelo comezou no 2002 con Un nicho para Marilyn e continuou con Luar no inferno e Tres disparos e dous friames.
O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en Galicia. Lume de cobiza chega ás librerías da man de Editorial Galaxia na súa colección Literaria, a mesma que acolle as anteriores entregas da creación de Miguel Anxo Fernández. A trama está ambientada na vaga de lumes que afectou o país non verán de 2006. A partir da morte por sobredose dun mozo, Soutelo meterase nunha espiral de descubertas nada agradables vinculadas con sectores como o da construción e a especulación inmobiliaria.
Co seu particular recurso ao humor e á retranca, Soutelo mergúllase na resolución deste caso ao tempo que fica asombrado polo furor incendiario e ve aflorar a súa agachada alma ecoloxista. Non faltará á cita o funerario Sugar Jones, outro dos personaxes habituais da serie, casualmente en Galicia para asistir a un congreso internacional da súa especialidade. Nin tampouco as acostumadas referencias cinéfilas. A novela transcorre en cidades como Compostela e Vigo, ademais de en vilas como Muros, Cambados e O Carballiño.



Evaristo en plena exhibición.
EVARISTO GONZALEZ, EN CAMBADÉS ESPECIALISTA EN CETRERIA
A Sociedade Galega de Cetrería está de parabén. A Unesco inscribiu esta práctica na lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade e a asociación decidiu aproveitar esta ocasión para dar a coñecer a súa actividade nos colexios e institutos da comunidade. Onte tocoulle a quenda a Cambados e os alumnos do instituto Asorey e do colexio San Tomé puideron gozar dunha sesión en directo. De impartir a charla encargouse Evaristo González, un cambadés que é secretario da sociedade.
Espectaculares : O primeiro que chamou a atención aos alumnos de ambos os centros foron as aves que González levou a ambos os centros. Entre eles destacaba, especialmente, un exemplar de bufo siberiano. Trátase dun animal que pode vivir máis de oitenta anos en catividade e que, polo seu tamaño e a súa plumaxe, chama a atención. Había, ademais, un falcón lanario, de 27 anos de idade, e un espectacular macho de aguia real. Unha aguia de cola vermella e unha parella de aguias de harris completaba a colección.
A charla : A actividade comezou cunha charla na que González explicou en que consiste a cetrería e como son os animais. Os alumnos escoitaron atentamente como se coida e adéstrase a estas aves. «Queremos darlle unhas nocións aos rapaces para crear afección e socios», asegurou o secretario da sociedade galega. Por iso están a percorrer os colexios contando aos alumnos en que consiste esta prática. «É unha afección que non vale para todo ou mundo. Tes que ter paciencia e ten que gustarche moito», engadiu González.
O mellor, a práctica : Pero sen dúbida o que deixou coa boca aberta aos alumnos cambadeses foron os voos que realizaron algúns destes animais. Houbo quen se atreveu ata a tocar coas súas mans ás aves e a acariñalas. «Aos rapaces gústalle porque é unha actividade que se sae do normal», engadiu González. Tamén destacou que na localidade do albariño hai bastante afección a esta práctica. Ata a nova presidenta da Sociedade Galega de Cetrería, Dolores Abella, é de Cambados.


ROTEIRO NA SIRADELLA
O vindeiro sábado 21 de maio, xornada de reflexión, xantar o aire libre, avisade os vosos colegas e familiares, antes do roteiro animadesvos a celebrar un xantar popular, traede convosco comida e bebida para xuntarse no Monte siradella. Ás 17 horas terá lugar o reoteiro Siradella-Feans, dende o parque infantil un percorrido polo monte comentando as zonas afectadas ante a posible construcción du campo de golf nunha zonba de especial protección como esta. Recomendase un calzado axeitado para a ocasión. Organizan a Asociación Cultural a Figheira do Meco, Plataforma Veciñal Non o Campo de Golf da Siradella (esperamos que non fagan como a Plataforma do Sanatorio da Lanzada que se reindiron ante Louzán) e Colectivo Ecoloxista do Salnés.




David Martinez
O CLUB ATLETISMO CAMBADOS A CORUÑA
O vindeiro domingo 15 de maio o CAC estará representado (salvo imprevistos de última hora) na Media Maratón da Coruña polos seguintes atletas:
Perico Fariña, Xoixe Costa, Moncho Daporta, Yayo Daporta, Borja Botana, David Martínez, Marcelino González e Alfredo Oliveira. Sorte para todos eles e que se cumpran os diversos obxectivos.



Ningún comentario: