18 de maio de 2011

CAMBADOS 18 DE MAIO DE 2010

Chon lendo o manifesto de "Queremos Galego".
O ACTO DE “QUEREMOS GALEGO” EN CAMBADOS , FOI MOI COMPLETO
Onte, aproveitando o Día das Letras Galegas, a Plataforma Queremos Galego celebrou un acto en defensa da lingua.
Para eles a xornada deonte serviu para mobilizar á sociedade e demostrar que temos unha cultura viva e de futuro. Este acto formou parte dunha mobilización expansiva, celebráronse concentracións simultáneas en varias localidades galegas e mesmo fora de Galicia, na diáspora.
O obxectivo é facer do Día das Letras Galegas unha xornada de reivindicación e mobilización social, para seguir demostrando que temos unha cultura viva. Para esta Plataforma, o galego está a sufrir nos últimos anos máis ataques ca nunca, polo que din, hai que loitar por defendelo.
Durante o acto fíxose unha homenaxe a Lois Pereiro, ó que se adica este ano o Día das Letras Galegas, léronse distintos comunicados e houbo tamén actuacións musicais. Intervirón Xavir Rios que fixo a presentación e conduciu o acto, Maria Villaronga, Ramón Argibay, Adela Leiro, Oscar Pardo, Eulalia Planas, Victor Caamaño e Montserrat Prado, rematou o acto o voceiro da Plastaforma no Salnés Xaquín Charlín “Chon” quen deu lectura o cominicado oficial.
Gracias tamén infinitas os grupos Nos de Sobradelo e xironxa de Corvillón, así como os gaiteiros Nacho e Victor.
Podes ver unha ampla reportaxe fotografica na columna da dereita e videográfica premendo AQUÍ.

Está é a caratula do novo CD de
Treixadura.
TREIXADURA "ESA SE QUE É MUIÑADA”, XA ESTÁ A VENDA
Xa está a venda o novo CD de Treixadura coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións e vida en común acaba esta tetraloxía. "Esa si que é muiñada" é hoxe unha lúa crecente, case chea, que albisca o fin dun ciclo e, ao tempo, o inicio dun novo. Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música. A súa presentación vai ter lugar o vindeiro día 4 de xuño pero asinda está por definir o lugar, do cal xa vos informaremos polo miudo.

Epitadio na tumba de D. Ramón en Cambados
O CONCELLO DE CAMBADOS SEGUE SEN POÑER O EPITAFIO NA TUMBA DE RAMÓN CABANILLAS.
FRANCISCO FERNANDEZ REI RECLAMA ISO E OUTRAS COUSAS QUE O CONCELLO SEGUE SEN CUMPRIR.
Unha Grande Chea xa o reivindicou no 2006
Estes dias podemos nel no bloig http://rcabanillas.blogspot.com/  con respecto a entrega do premio a Ramón Cabanillas 2011
“Especial relevancia tiveron, na miña opinión, os rogos que o noso académico, Paco Fernández Rei, fixo ao futuro Goberno Municipal e que foron (espero non esquecer algún):
- Que se cree dunha ver a prometida Fundación Cabanillas
- Que se poñan placas naquelas casas nas que viviu o poeta como son a da Rúa Real e a da Rúa Hospital.
- Que de deseñe un roteiro-turístico literario sobre Cabanillas e Cambados, algo sobre o que teñen traballado dabondo en Candea, Manuel Núñez e Adela Leiro
- Que se adecente a tumba do poeta en Bonaval e se graven os versos do seu epitafio, como foi o seu desexo.
Mágoa que a prensa comarcal non dedicase nin unha soa liña ao acontecido alí. Escápasenos o criterio que siguen os xornais para a selección das novas, eu pensaba hai tempo que era a relevancia dos acontecementos pero descubro cada día que non debe ser ese o motivo.”

Ratificamos todas e canda unha das verbas deste blog e ademais engadimos que nos, Unha Grande Chea, fumos os primeiros en reclamar o epitafio para a tumba de D. Ramón, que el mesmo escribirá.

Candidatura do PSOE de Cambados
HOXE MITIN DO PSOE
Este Mércores 18, ás 21h no Salón de Congresos ''José Peña'', MITIN DO PSdeG-PSOE de Cambados.
Interveñen:
-Ismael Agra, das Xuventudes Socialistas
-Lucas Vieites, nº4 da Candidatura.
-Fátima Abal, nº3 da Candidatura
-Rafael Blanco, nº2 da Candidatura
-Domingo Tabuyo, próximo Alcalde de Cambados.
Estades todos convidados. Agardan a túa presenza.
Podes tamen ver un video da campaña premendo AQUI


Gogue e Chon
GOGUE O 21 DE MAIO NA TVG
Estamos de parabéns, o caricaturista mecó-cambadés Gogue e a súa personaxe por excelencia o mítico Floreono estarán o vindeiro Sabado 21 Mayo as 20,15 horas na Galega, no programa "REPORTEIROS". Este vai ser o primeiro personaxe de ficción e creado por un habitante do Salnés que vai ter un monumento no seu “pobo natal” O Grove, Floreano está tamén tratando de actuar nunha pelica de animación pero por asgora eso ainda está moi verde.



O CLUB ATLETISMO CAMBADOS, VEN DE PARTICIPAR NA MEDIA MARATON DA CORUÑA
As participantes  da media maratón de Coruña.
En xeral a carreira estivo marcado polo forte vento e o calor o rematar a proba,entre que as condicions non foron as mais favorables asi coma a lesion de Borja (xa arrastraba molestias dende os dias anteriores) e a fascite leva arrastrando unhas semanas ninguen consigueu mellorar a sua marca.

Pildo ( Daviz Martinez) que ainda esta en pretemporada tomouna coma un entreamento e moi bo tempo para Alfredo que dende que volveu a correr empeza a estar xa en boa forma fisica,e Yayo coma un toro.

Clasificacions e Tempos:

44 º / 2091 / EDUARDO DAPORTA CASTRO / VTAM- 13 / T_Oficial: 1:19:31 / Ritmo: 0:03:47 / T_Neto: 1:19:31 / CLUB DE ATLETISMO DE CAMBADOS

130 º / 653 / JOSE ANTONIO COSTA RODRIGUEZ / VTBM- 26 / T_Oficial: 1:25:52 / Ritmo: 0:04:05 / T_Neto: 1:25:48 / CLUBE ATLETISMO CAMBADOS

131 º / 1579 / DAVID MARTINEZ COSTA / VTAM- 38 / T_Oficial: 1:25:52 / Ritmo: 0:04:05 / T_Neto: 1:25:38 / CLUBE ATLETISMO CAMBADOS

287 º / 1740 / ALFREDO VÁZQUEZ OLIVEIRA / VTBM- 60 / T_Oficial: 1:31:26 / Ritmo: 0:04:21 / T_Neto: 1:31:15 / ATLETISMO CAMBADOS

313 º / 1933 / ROBERTO FARIÑA CHARLIN / VTAM- 92 / T_Oficial: 1:32:27 / Ritmo: 0:04:23 / T_Neto: 1:32:14 / CLUBE ATLETISMO CAMBADOS

616 º / 585 / JOSE ALVAREZ RODRIGUEZ / VTBM- 135 / T_Oficial: 1:43:22 / Ritmo: 0:04:54 / T_Neto: 1:42:47 / CLUBE ATLETISMO CAMBADOS

737 º / 611 / RAMON DAPORTA FERNANDEZ / VTDM- 48 / T_Oficial: 1:47:03 / Ritmo: 0:05:05 / T_Neto: 1:46:28 / CLUB ATLETISMO DE CAMBADOS

820 º / 586 / MARCELINO GONZALEZ OZORES / VTEM- 37 / T_Oficial: 1:50:44 / Ritmo: 0:05:15 / T_Neto: 1:50:26 / CLUB ATLETISMO DE CAMBADOS
RETIRADO BORJA BOTANA (LESION MUSCULAR)
Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica na columna da dereita.
Unha crónica e fotos de Tito Fariña.

"No Frills Project"
CONCIERTO DO GRUPO "NO FRILLS PROJECT"
A Adega de Albariño “Don Olegorio” de Cambados, prácese en invitarnos o vindeiro venres ás 22 horas aproximadamente ao concerto do grupo “No Frills Project”, un gurpo moi bo e innovador, un grupo musical que introduce temas con teclado, frauta, caixón flamenco, gaita etc. Unha especie de música fusión.

Ningún comentario: