9 de maio de 2011

CAMBADOS 9 DE MAIO DE 2011

DISCURSO DE DESPEDIDA DOS FUNCIONARIOS DO XULGADO Nº 1 DE CAMBADOS A SUA XUIZA,  IRENE ROURA.
Irene Roura, inigualabel.
Boas tardes. Tranquilos todos, que ainda que me presente as vindeiras eleccións municipais non vos vou soltar un mitin. Bromas aparte, hoxe é un día moi triste para nos, os funcionarios do xulgado Nº 1 de Cambados e coido que tamén para todos vos, pois nos deixa unha gran persoa, unha gran muller e unha gran xuiz e non é un tópico. Fai cinco anos chegou a Cambados unha rapaza de aspecto finolis vestindo entre outros a Roberto Verino e con accesorios de Tous. O seu aspecto en principio pareceunos fráxil e porque non dicilo un tanto altivo. Certo é que traia uns antecedentes a ter en conta, fora preparada por José Luis Seoane Spiegelber que fora xuiz de Cambados no ano 84. Enseguida comenzamos a darnos conta que estábamos ante unha muller de moito carácter, forte, , cunha capacidade de traballo fora do normal e sobre todo unha muller moi comprensiva en todos os sentidos. Sabedes que hai persoas que deixan pegada no xulgado e outras que nin nos acordamos delas. Dos trinta e dous anos que levo traballando no xulgado áte o de agora, e falo esto a nivel personal lembrome especialmente de dous xuices o citado e querido José Luis Seoane e Edgar Amando Fernandez Clos o primeiro xa o coñeces de sobra o segundo valo coñecer no teu vindeiro destino, pois ben, Irene estás cando menos a súa altura senón os superas.
Irene cos seus funcionarios.
Nos non somos quen para xulgar a túa valia xurídica para iso estades os profesionais , pero si vos podemos dicir que a súa calidade humana queda fora de toda dúbida, o seu trato con nos foi exquisito, amable e correcto, formamos no número 1 un gran equipo e ela sabeo, non quería esquecer deste equipo a unha persona que tamén formou parte del a querida Luisa que por nada do mundo se quixo perder esta cita. Aquí queriame parar un anaquiño e decirvos que neste equipo todos deben de ser importantes, deben de ser pezas perfectamente engranadas e que non poden funcionar unha sen a outra, nun xulgado é tan importante a Xuiz como o Axente Xudicial. Ir a traballar para nos todos os días era unha ledicia, un verdadeiro pracer, e sempre que habia unha ”movida” ali estabamos de gran gusto a veces ata moi tarde. Está claro que as apariencias engañan e no que nun principio pensábamos que era unha especie de Barbi Xuiz, despedimos a toda unha futura maxistrada do Tribunal Supremo cando menos. Pasamos momentos alegres e momentos tristes, un dia desgrazadamente un suceso na súa vida personal fixoa chorar, caian as lagrimas dos seus grandes e preciosos ollos que nos emocionaron a todos e fixonos ver que era de carne e oso . Decia o primeiro que ficamos tristes, pero por outra banda alegramonos que deste noso vivieiro de xuices que son os xulgados de Cambados , nos represente a donde vaia deixando o nome de do noso pobo en moi bo lugar. O primeiro xulgado Irene é como o primeiro amor ún nunca se esquece del. Tomamoche a palabra Irene e esperamos tomar o pulpo contigo no vindeiro San Froilan en Lugo. Grazas , que sepas que te queremos que te imos botar moito de menos, e que un cachiño dos nosos corazóns lévalo contigo.
Xaquin Charlin no seu nome e no dos seus compañeiros
Tamén vos deixamos premendo AQUI un enlace a entrevista de hoxe a irne Roura na Voz de Galicia.

UN VIDEO NOVIDOSO DO BNG DE CAMBADOS
Pola súa curiosidade traimos a esta páxina, unha vez empezada a campaña electoral,  o BNG de Cambados pendurou na súa canle de you tube un video no que además de coñecer fisicamente a todos os seus candidatos, amosonos resumido cada un deles unha proposta do seu programa electoral, nun só día acadou máis de 140 visitas, paga a pena velo, aqui volo deixamos:

 


Chon na súa chegada a meta.
DISPUTOUSE ONTE A CARREIRA POPULAR “MANUEL MARIÑO CASTRO”
Con grande éxito de público e de participación tivo lugar onte na parroquia de Oubiña e organizada pola Asociación de veciños San Vicente de Oubiña o XXII Carreira Popular “Manuel Mariño Castro”. Habia duas distancias 5 e 10 quilometros. Por primeira vez participou na mesma o Club Atletismo Cambados , ficando na categoria anbsoluta se segundo un dos seus membros concretamnete David Martinez (Pildorilla) e nunha das categorias ficopu campión o membro tamén C.A.C. tito Fariña. Tamén participou na mesma na súa doble condición o presidente de Unha Grande Chea Xaquin Charlin que percorreo a distancia de 10 quilometros. Podes ver unha ampla reportaxe da carreira na fila da dereita. A organización foi perfecta, cada ano melloran , parabéns.

BUSCANSE DUAS FAMILIAS MARIÑEIRAS CAMBADESAS PARA UN PROGRAMA DA TV.
Mariscadoras en plena faena.
A produtora "La Fábrica de la TV " vai gravar un programa onde un personaxe famoso vivirá durante un día con 2 familias galegas.
Se estais interesados, ou coñecedes a alguén que o estea, e queredes unha cita para o casting o que buscan é:
- Unha familia na que un deles, ou varios, dedíquense ao marisqueo ou a pesca.
- Unha familia empresaria, relacionada ou non co marisqueo/pesca, cun tipo de vida moi distinto ao da outra familia (trátase de ensinar 2 formas de vivir totalmente distintas na mesma zona).
Os interesados poden porse en contacto con Fer Piñeiro Pazos no seu facebook quen a súa vez paravos en contacto coa sua irmá que é a que está contratada por dita produtora.

Preme na imaxe para vela ampliada.
MARI FLOR CACABELOS BAULO REINA DAS FESTAS DA VALVANERA NOS ANOS 70.
Joaquin Aguiño, fonte de inspiración desta páxina non deixa de sorprendernos e esta vez amosanos a unha xovencisima Mari Flor (para os mais novos, a nai de Casti) que fora declarada polos anos 70 reina das Festas da Valvanera cando Eugenio Prado era o Presidente da Comisión de Festas, foi cando a festa da Valvanera acadou o seu maior esplendor despois sucedeuno o actual e a festa practicamente desapareceu só queda a procesión e pouco mais. Aquí vos deixamos un recorte da ápoca cunha foto dunha guapisima Mari Flor e unha breve historia sobre Santo Tome do Mar e as suas festas.

“LUME DE COBIZA” PRESENTARASE EN XUÑO EN CAMBADOS. XA ESTÁ NAS LIBRARIAS.
Anuncianos o seu propio autor que “Lume de cobiza” será presentada no mes de xuño en Cambados ainda por determinar o dia, pero xa vos informaremos cando o saibamos exactamente.
Galaxia incluiu na sección de noticias dá súa web unha nova na que se informa que «xa está nas librerías Lume de cobiza», a cuarta entrega dás aventuras de Frank Soutelo, detective creado polo escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández. Nesta ocasión, por vez primeira, as aventuras de Frank Soutelo (detective de Los Ángeles descendente de galegos) desenvólvense en Galicia, nunha trama que «está ambientada na vaga de lumes que afectou ou país non verán de 2006. A partir dá morte por sobredose dun mozo, Soutelo meterase nunha espiral de descubertas nada agradables vinculadas con sectores como ou dá construción e a especulación inmobiliaria».
Entre outros escearios a novela, ou libro conta cunha imaxe de portada de José Luis Diz, transcorre por vilas como a do Carballiño, e segundo o propio autor Frank Soutelo para un chisco en Sanxexo e outro chisco en Cambados.

Domingo Tabuyo
DOMINGO TABUYO PRESENTOU O  VENRES NAS ADEGAS MARTÍN CÓDAX,  A SÚA NOVA NOVELA SVE KÖTT (CARNE SUECA)
O Presidente da Real Academia Xosé Luis Méndez Ferrín presentou o libro, xunto con Manuel Bragado, Director de Edicións Xerais de Galicia.
A nova novela de Domingo Tabuyo, que supón o debut literario do Comisario Sindo Romero, o comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), un home coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lle atopaba nin pés nin cabeza.
Como en todas as obras de Domingo Tabuyo a comarca de Arousa e Cambados son protagonistas da novela e forman parte da trama de tal xeito que persoas, locais, restaurantes, rúas ou paisaxes forman parte do desenrolo da trama. E estos escenarios son compartidos con outros, especialmente Madrid onde o Comisario Romero está destinado na unidade operativa, e onde os espazos madrileños, e outros, axudan a destejer unha madexa de investigación para poder resolver o caso.A acción ten o seu inicio co asesinato “do home do abrigo beixe” no cruzamento de Alcalá con Gran Vía o que obriga ao Comisario Romero a regresar a Madrid dende Cambados onde acaba de enterrar a un ser querido, e poñerse a resolver un caso que se complica coa aparición doutro cadáver, esta vez en Arousa, e que fai levantar as sospeitas dunha posible vinculación Madrid-Arousa.

CURSO SOBRE ASOREY. DISCRIMINADA PROFESORA DE CAMBADOS PROBABLEMENTE POLAS SUAS IDEAS POLITICAS
Xosé Luis Barreiro
O curso desenvolverase entre o 25 e o 27 de maio con motivo do 50 aniversario da morte do cambadés Francisco Asorey.
O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Duran e o Director da UIMP en Galicia, Xosé Luis Barreiro, presentaron os cursos de verán que se celebrarán este ano na provincia.
Baixo o título ‘Asorey e a creación artística do século XX’, Cambados acollerá entre o 25 e o 27 de maio o primeiro destes seminarios.
Non queremos desvelar o  nome  da profesora descriminada porque  ela prefire manterse no anónimato pero é  unha profesora dun dos institutos da vila, foi apartada  pola organización polas suas ideas politicas. Defraudounos neste senso Xosé Luis Barreiro.


Imaxe doutro camipionato celebrado en Cambados.
O CLUB TM ORGANIZARÁ A FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA.
O club Cambados TM conseguiu a organización da fase de ascenso a División de Honra, que se disputará os días 21 e 22 de maio.
Na competición tomarán parte dous equipos de División de Honra, o Borges e o Mataró (ambos os cataláns), os clasificados tras a disputa do grupo de ascenso (Monte Porreiro e Establecimientos Otero) e deberían tomar parte tamén outros dous equipos do grupo B. Serían o Olot e o Ripollet, pero debido a que ambos decidiron renunciar a competir na cita serán os reservas os que estean en Cambados. Un deles é o Liceo Casino de Vilagarcía, e o outro o Torrelavega.
Os seis conxuntos serán divididos en dous grupos. Cada un deles estará composto por un equipo de División de Honra, o Monte Porreiro ou o Cambados, e o Liceo ou o Torrelavega. O sábado xogaranse os encontros de ambas as liguiñas e na xornada do domingo os dous primeiros de cada grupo enfrontaranse de forma cruzada (o primeiro dun contra o segundo doutro e viceversa). Os que gañen estes encontros serán os que suban.

O CUARTO DE SÉCULO DE CON DE XIDO . UN CUARTO DE SECULO VINCULADO O PP
Con de Xido é un asiduo da festa do Albariño
O grupo de Castrelo naceu en 1987 e hoxe é un dos principais do Salnés, precisamente o mesmo ano en que o PP se fai coa Alcaldia en Cambados, dende esa data son os gaiteiros oficiosos do PP de Cambados.
Con de Xido cumpre en 2012 o seu primeiro cuarto de século de historia, aínda que a efemérides da primeira actuación aínda terá que esperar ao 3 de maio de 2013, pois o grupo estreouse o día da festas patronais de Santa Cruz de Castrelo de 1988. Dúas décadas e media despois, Con de Xido acubilla a unhas 60 persoas amantes da música e o baile tradicional, e participa en case un centenar de actuacións ao ano. "Ou espantallo" e "A rede" son dous das súas pezas máis coñecidas fóra de Galicia, nas que homenaxean aos veciños que traballan na terra e o mar.
Corría o ano 1987 cando un grupo de veciños de Castrelo (Cambados) decidiu crear unha formación de baile e música tradicional. Foi o xerme de Con de Xido, que 24 anos despois converteuse nun dos principais grupos de danza galega de todo O Salnés.
O nome tomárono dunha roca existente á beira dunha praia de Castrelo, o Con de Xido, que aínda existe na actualidade, aínda que o areal xa desapareceu. A principios de 1988 xa se sumaron ao proxecto unhas 90 persoas, e a súa primeira actuación foi o 3 de maio de 1988, día de Santa Cruz, á que está encomendada a parroquia cambadesa.
Os primeiros ensaios eran na casa da profesora de baile, aínda que despois pasaron ao colexio e posteriormente á casa dá cultura, que é onde ensaia actualmente Con de Xido.
Os comezos foron difíciles. Os pais non contaban con axudas para facer os traxes nin para comprar os instrumentos, polo que algunhas familias tiveron que gastarse ata 200.000 pesetas de finais dos anos oitenta para empezar a actuar. Dúas décadas e media despois, os de Castrelo poden presumir de ser un dos grupos de baile e música tradicional máis importantes da comarca. Teñen unha sección de gaitas e outra de baile na que hai desde nenos de tres anos ata bailaríns de 60, e tocan ou bailan máis de medio centenar de persoas. Ademais, as apenas 10 actuacións de 1988 convertéronse en 90 o ano pasado.
Ao longo da súa historia Con de Xido realizou intercambios con ducias de grupos de España, Francia e Portugal. Así, os cambadeses bailaron no País Vasco francés, en Alemaña e en ducias de cidades da península Ibérica, como Cáceres, Valladolid, Barcelona, Alacante ou Toledo. En outubro viaxan a Eivissa, para devolver a visita que os baleares realizaron a Cambados en 2010.
O grupo afronta neste mes unha apertada axenda de actuacións. Así, tras a súa intervención, o pasado domingo, na Festa dá Raia de Sanxenxo, interveñen o sábado e o domingo desta semana nas festas da súa parroquia; o 15 celebran o seu festival folclórico anual no centro de Cambados; e o día 22 bailan no colexio dos Salesianos, en Castrelo, con motivo da festividade de María Auxiliadora. Tamén actúan en vodas, e de feito amenizaron unha que tivo lugarel pasado sábado nun pazo de Lois (Ribadumia).
Daniel Meaño é o presidente de Con de Xido desde o nacemento da agrupación, militando convencido do PP el a súa dona a cal forma parte do grupo e oseu fillo que este ano vai na lista do PP.


Ruben iglesias Laya
 PRECIOSA COMPOSICIÓN O PIANO DE RUBEN IGLESIAS LAYA
Ruben é un mozo cambadés dende sempre interesado pola música, estivo xa en varios grupos como baixaista, de vez en cando adicase a compoñer tamén pezas o piano e neste video amosanos unha que el titula “Heartburning”, a verdade que é preciosa. Na súa canle you tube tamén podes atopar outra peza titulada May Big Mistakes



Ningún comentario: