![]() |
Rueda Crespo |
Establécense categorías de xuvenís, junior, promesas, senior e veteranos, tanto en homes como en mulleres. Entregaranse premios en metálico para os tres primeiros clasificados, e trofeos en todas as categorías. Toda a proba estará controlada a través dun chip que os atletas deben colocar nas súas zapatillas antes da saída. O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado por quilómetro.
Os participantes deben dar tres voltas ao circuíto, que partirá de Fefiñáns cara á Avenida da Coruña, rua do Pombal, Ribeira de Fefiñáns, paseo da Calzada, praza do Concello, paseo marítimo, alameda de San Tomei, Avenida de Galicia, Avenida de Vilariño ata o cruzamento coa Avenida de Madrid, rúa Real, e meta en Fefiñáns. A Policía Local cortará estas rúas ao tráfico desde primeira hora da mañá ata a unha do mediodía.
A inscrición estará aberta ata a medianoite de mañá na páxina web http://www.championchipnorte.com/ ó na oficina do animador deportivo do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario