2 de xuño de 2011

CAMBADOS 2 DE XUÑO DE 2011

TREIXADURA PRESENTA O SEU DISCO O SABADO NA CAPITANA
Treixadura vistos por Eduardo Apariz
O grupo Treixadura volve a Cambados, esta vez para presentar o seu disco "Esa se que é muiñada." Será este sábado, no pazo A Capitana, ás 12.00 horas. Treixadura mostrará o seu traballo e ao terminar invitará a un viño aos presentes. A presentación en Cambados non é causal. Este grupo ten vinculación coa vila por diversos motivos, entre eles porque un dos seus compoñentes, Xaquín Xesteira, é veciño da localidade, tamén perteneceu o grupo o cambadés “O Chilro”, teñen o domicilio social na Rúa isabel II e ensaian todos os mercores na de Pitusa  Losada.
Xesteira estivo nos primeiros pasos de Treixadura e máis duas década despois segue tocando a gaita xunto a un conxunto que creceu cos anos. Agora confórmano quince músicos tradicionais conocederes da tracición «que se xuntan para ogrecer particular visión dá música do país, achegando tamén novos repertorios».
Despois do seu último disco "Unha semaniña enteira", que levou ao grupo a percorrer a gran parte dos escenarios galegos e do cal venderon máis de sete mil copias, Treixadura presenta o seu novo disco, o que suporá o peche da tetralogía comezada cunha noite non muiño.
Tivemos xa a xorte de escoitar o disco, e que vos imos dicir, pois que é maravilloso, emocionante, técnico, agradable, caralleiro, sinfonico, ten de todo en especial emocionouos a peza “Canto do meu compañeiro” adicado o desaparecido Morgan.
Tamén a destacar que moitas das fotografias da maquetación do disco son obra do footografo cambadés Eduardo Apariz.
E que mellor colofón para Unha Grande Chea que aparecer no capitulo de agradecementos do disco “Agora xa podemos deseparecer tranquilos”.
Podes ver a maquetación completa do disco na columna da dereita.

Moncho en Nogueira de Ramuin disfrazado de
obismo co seu amigo da ialma Sr. Jesus.
HOMENAXE A MONCHO FONTAN
O vindeiro domingo o Club Juventud de Cambados baixo a presidencia de Ricardo Charlin, un dos seus derradeiros actos como presidente, vanlle rendir unha merecida homenaxe a “Moncho Fontán”, ás 18.30 horas o Club Juventud Cambados, reforzado con xogadores que militaron no Cambados outras tempadas estando Moncho como delegado, vanse enfrontar a un Cominado do Salnés. Ainda que os actos comenzarán as 18.15 horas , vaiselle entregar a su viuva Mercedes, a titulo póstumo a medalla de ouro do Club. Tamén será presentada perante a afición os equipos da base. A Entrada o evento será totalmente gratuita.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Edificio de Exposalnés.
O Centro Comarcal do Salnés - Exposalnés, ubicado no Paseo da Calzada, s/n, en Cambados, acollerá este venres día 3 de maio, dous cursos de manipulador de alimentos. O primeiro impartirase pola mañán, en horario de 10:30 a 13:30, e o segundo pola tarde, 17:00 a 20:00. Dirixido a calquera persoa que esté traballando ou queira traballar no sector da alimentación: hostalería, restaurantes, tendas e supermercados, pesca e marisqueo, industrias conserveiras e de conxelados, cárnicos, vitivinícola, agricultura, etc. Está organizado por Enatop - Enxeñería e Servizos, e será impartido por entidade de formación autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, con número de rexistro 101/Ga. Os interesados poderán inscribirse e obter maior información no teléfono 654 25 24 50.
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, Paseo da Calzada s/n, 36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12, Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

CAMBADOS DESTACA EN TENIS DE MESA E KAYAK

Escudo do club

O pavillón Príncipe Felipe acolleu o pasado fin de semana o Campionato Galego escolar de tenis de mesa, cita á que acudiron o Cambados e o Ribadumia.
Os cambadeses tiveron unha brillante actuación ao lograr o subcampeonato por equipos na categoría infantil. Martín Regueiro -que levou o triunfo en todos os partidos-, Iván Lois e Santiago Fernández foron gañando todos os seus partidos, ata que caeron na final fronte ao Oroso.
O domingo foi a quenda das actuacións individuais e dobres. Nesta última modalidade, Martín Regueiro -que formaba tándem co pontevedrés Santiago Prieto- foi bronce.
Polo que respecta aos ribadumienses destacou a actuación de Domingo Miguel, que logrou acceder ata a rolda de oitavos de final
Unha carreira.
O Cambados impúxose na segunda regata do calendario de probas de kaiak de mar, que se celebrou o pasado fin de semana en augas de Vigo.
Os cambadeses conseguiron un total de 228 puntos, dezanove máis que o segundo clasificado, e catro medallas na competición. Laura Lesmes (K-1 cadete) e Paula Pérez (K-1 sénior) impuxéronse nas súas respectivas categorías e Eddie Freire (K-1 cadete) e Fernando Estévez (K-1 sénior) foron bronce.
O Náutico O Muíño acabou no décimo lugar, con 61 puntos, e conseguiu senllos bronces de José Manuel Vázquez e José Javier Guillán, e de Juan Gómez. O As Torres, pola súa banda, foi duodécimo na clasificación xeral mercé aos seus 54 puntos.

Un equipo histórico de Veteranos Cambados
UN HISTORICO DE VETERANOS BAIXA A SEGUNDA DIVISION: O CAMBADOS.
Finalizou a tempada 2010-11 do fútbol veterano, e fíxoo cunha moi mala nova é o descenso do Cambados, equipo que foi dos primeiros en xogar esta competición e que sempre había estado na máxima categoría, gañando ata en 1992. Pero a pesar de gañar o sábado ao Arousa, a vitoria do Cillero salva aos da Estrada e manda a Segunda a cambadeses e vilagarciáns. A boa noticia da última xornada para o fútbol do Salnés é o ascenso do Caldas ao grupo segundo. Necesitaban gañar os caldenses para asegurar a cuarta praza e vaia se o fixeron, metéronlle 6 ao San Andrés de Praceres.
Por outra banda, o campión da Liga, o Poio A Pinela, xoga esta sábado (18 horas) no campo de Chapela o partido de ida da primeira eliminatoria do Torneo Autonómico contra o Neno de Vigo.
A CAMBADESA ARACELI BUGALLO DESTACADA NA 4ª PROBA DE LIGA GALEGA DE ESPADA.
Araceli Bugallo
A cuarta proba da Liga Galega de Espada disputouse o pasado fin de semana en Lugo e finalizou cunha vitoria do coruñés Pablo Fontes ante o tirador de Vigo Carlos Silva. Manel Villadóniga de Oleiros e Xosé Piñeiro do Compostela foron medalla de bronce. En mulleres, as catro mellores foron a cambadesa Araceli Bugallo (Compostela), Laura (Oliveira), Beatriz Arregui (100tolos) e Olalla Neto (Oliveira).
A proba forma parte do circuíto de Espada, avalada polos clubs: Coruña, 100tolos de Oleiros, Oliveira de Vigo, o Lugo e o Compostela que organizará a última cita en Vilagarcía.
A competición desenvolveuse baixo unha fórmula mixta, en dous grupos que competeron por un oco entre os 32 mellores. Tras as primeiras eliminatorias, chegaban a cuartos Manuel Villadóniga (100tolos), Pablo Fontes (Coruña), Carlos Silva (Oliveira), Ricardo Llovo (Lugo) e os catro tiradores do Compostela: Esteban Carreira, Alberto Míguez, Xose Piñeiro e Araceli Bugallo. Villadóniga vencía a Carreira, Silva a Llovo, Fontes a Bugallo, e Piñeiro a Míguez.
En semifinais, Fontes, que gañaría a final ante Silva por 15-10 eliminou a Piñeiro que foi bronce.

NOVO VIRUS A VISTA
Somos moi escepticos a hora de publicar alertas de virus porque non sabemos se son verdade ou non, pero non facerlle un fao que a quen nos informa aquí vos deixamos o que nos enviou o noso amigo Angel Barreiro:
URXENTISIMOOOOOOOOOOOO !!! POR FAVOR, FAI CIRCULAR ESTE AVISO A TUAS AMIZADES, FAMILIA, CONTACTOS !!!
Nos próximos días, debes estar atento: Non abras ningunha mensaxe cun arquivo anexo chamado: Invitación de FACEBOOK, independentemente de quen cho envíe. É un virus que abre un facho olímpico que queima todo o disco duro C da computadora. Este virus virá dunha persoa coñecida que che tenia na súa lista de direccións.. É por iso que debes enviar esta mensaxe a todos os teus contactos. Se recibes a mensaxe chamada: Invitación de FACEBOOK, aínda que sexa enviado por un amigo, non o abras e eliminalo inmediatamente. É o peor virus anunciado por CNN. Un novo virus foi descuberto recentemente que foi clasificado por Microsoft como o virus mais destrutivo que exista . E non hai arranxo aínda para esta clase de virus. Este virus destrúe simplemente o Sector Zero do Disco Duro, onde a información vital da súa función é gardada.


ASAMBLEA DO 27/05/2011 DE DEMOCRACIA REAL DE CAMBADOS
-Iniciativas:
-Apertura e mantemento dun blog (votado e aprobado).
-Distribución de panfletos informativos e contido destes (votado e aprobado).
-Asistencia ó “xantar popular” do 28/05 a título persoal e celebración dun acto-protesta no mesmo (votado, aprobado e consumado).
-Agrupación do movemento baixo unha “insinia/símbolo” propio (votado e rexeitado).
-Asistencia a Santiago de Compostela coma colectivo cambadés (votado, aprobado e non consumado por problemas loxísticos. No seu lugar, enviamos a dous representantes ;-) ).
-Creación dunha conta twitter (votado e aprobado).
-Contidos do blog: orden do día, libreta doutros links do movemento, información extra sobre o movemento, tanto en Cambados coma no resto do globo (votado e aprobado).
-Continuación coas acampadas rutinarias (no votado/votación anulada; Detalles: iniciativa a ser levada a cabo non de xeito rutinario, a título persoal, buscar outro tipo de iniciativas con maior calado e relevancia, etc.).
-Contactar cos servicios sanitarios de Cambados, e outros grupos de traballadores en situación complicada, co fin de que poidan integrar as súas loitas no movemento a nivel local (votado e aprobado).
-Creación dun pequeno fondo común prás actividades do 28/05 (votado e rexeitado).
-Establecemento do concello coma punto fixo de reunión, sendo posible o desprazamento a outros puntos coma Praza de Fefiñáns, Monumento a Cabanillas ,etc., en caso necesario (votado e aprobado).
-Contidos dos panfletos (puntos orixinais e manifesto, direccións dos medios de comunicación do movemento e horarios/lugar das asambleas) (votado e aprobado).
-División da asamblea en alomenos dúas partes (asamblea organizativa ou propiamente dita e espazos de opinión/actividades) (votado e aprobado).
-Espazo de opinión e actividades:
-Non consta. A asamblea limitouse a cuestións organizativas.

SALNES PARTY 2011
Na súa cuarta edición, segunda no Salón de Congresos Peña, a lanparty organizada por mozos de Cambados volve a ter lugar no noso Concello.
Desta volta será durante os días 24, 25 e 26 de Xuño e os prezos seguen a ser os do ano pasado: 10€ entrada sen comida e 30€ se queres ter o xantar incluído.
Hai 75 prazas e para inscribirte só tes que acceder á web da SalnesParty e cubrir o sinxelo formulario de rexistro, elixindo a modalidade que prefires de entrada. Unha vez feito isto, recibirás un correo electrónico coas instrucións para facer efectivo o pago.
A party está organizada pola Asociación de Internautas de Cambados (AINCA).
Nova recollida de http://www.cambados.tk/

OUTRO CAMBADÉS ESTAFADO: MOITO OLLO CON E-Bay

Ultimamente están proliferando en internet a estafas e cada dia hai mais denuncias o respecto, a garda civil non da abasto pese as precaucións que se mandan ter a todos os internautas, a última foi a dun cambadés que pideu por E-Bay un aparello para que lle fixera medrar o seu pene, o noso amigo envioulle os 150 euros que custaba e sabedes que lle enviaron: ¡¡¡UNHA LUPA!!!. Asi que tende coidado.

Ningún comentario: