21 de xuño de 2011

CAMBADOS 21 DE XUÑO DE 2011

Aragunde nun acto do  concello de Cambados.
A ALCALDIA CUSTALLE O CONCELLO DE CAMBADOS 8.420 € MENSUAIS.
TRES POSTOS DO CONCELLO DIXITALIZADOS (A DEDO) OS CALES DEBERIAN TER ACCESO TODOS OS CAMBADESES.
No Pleno do 16 de Xuño pasado, aprobouse o novo organigrama do concello de Cambados, aprobouse tamén o soldo do Alcalde e Teniente de Alcalde dos que xa vos demos conta e tamén aprobraronse só cos votos do PP tres plazas de asesores particulares do señor Alcalde que son as seguintes: 1.- Secretaria de Alcaldía , o seu traballo consiste en asistencia xeral á alcaldia e xestión da súa axenda, transcripción de documentos e outras funcións de similar natureza polo cal vai recibir un soldo de 23.089.50 €, catorce pagas o que ven supoñendo 1649.25 euros mensuais aparte horas extras, o que ate o de agora ven sendo o acompañante personal do Alcalde 2.- Asesor de Comunicación, oseu traballo consisten en asumir a responsabilidade na xestión, organización e implementación da comunicación,externa do conxunto de actuación e actividades que dende o Concello en xeral, e dende a Alcaldia en partiuclar , tiñensen sido postas en marcha ou sexan susceptiobles de aplicarse no futuro, o que ata agora ven sendo xefe de prensa do concello, polo cal vai recibir un soldo de 28.803,04 €, catorce pagas o que ven supoñendo un soldo de 2057.30 aparte horas extras, o que ate o de agora ven sendo o Xefe de Prensa do concello e 3.- Auxiliar de comunicación o seu traballo consiste en asumir as competencias de apoio administrativo e auxilio xeral nas actuacións a implementar polo asesor de comunicación e tamén poderá desenvolver calquera tarefa propia da súa categoría ou que lle sexa encomendada dende a Alcaldia ven a ser o axundante do anterior e cobrara un soldo de 18.409,16 catorce pagas o que ven a supoñer un soldo de 1314,94 € o mes, aparte horas extras. Estes tres postos foron dixitalizados polo Sr. Alcalde, quen a parte ten unha secretaria particular funcionaria do concello. Este ven a supoñer que a Alcaldia contando o soldo do alcalde ,3298,51 €, custalle cada mes o concello de Cambados a friolera de 8320 euros mensuais, o que ven a supoñer 116.480 euros o ano. Entendemos que estes tres postos previa acreditación da titulación correspondente deberian ter acceso o mesmo todos os cambadeses e cambadesas previa las probas correspondentes e non ser tres señores nomeados a dedo polo Sr. Alcalde, por certo contra eles personlamente non temos nada, mais ben todo contrario. E despois falannos de que hai que aforrar.

O ENCONTRO IRMANDIÑO PARECE QUERER DINAMITAR O BNG
Beiras
Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores., na Galicia actual veñen a ser os descontentos do BNG que perderon unha Asemblea Nacional e non son capaces de dirixir a derrota. Están comandados polo que noutra hora foi líder do BNG o Xosé Manuel Beiras e son entre outros cabezas visibles Martiño Noriega e Concha Trigo, Dende fai bastante tempo está formación estalle a dar a comer a prensa da dereita o que eles queren oír , que “non hai democracia no BNG”, que o “BNG está roto” e lindezas polo estilo. Sen ir mais lonxe recentemente nunhas declaracións a cadea Ser Beiras despachouse a gusto e dixo entre outras cousas “O BNG está roto, dende fai moito tempo, por dentro” ou que “houbo perda de sintonía coa cidadanía máis activa, coa esquerda” ou que “a xente rompeu co BNG e non se identifica con el” ou “Se o BNG non se actualiza e non abre as portas, a propia sociedade irá enxendrando o proceso de construción dunha alternativa. Hai que dar garantía de se poidan facer as cousas dentro”. Isto en calquer outro partido seria motivo de expediente disciplinario cando menos pero a xente que está dirixindo actualmente o BNG está a templar as cousas todo o que poden. O Encontro Irmandiño  parece que o que quere é dende dentro dimanitar o Bloque para despois saír como salvadores da patria e crear un novo partido, é unha cousa que parece evidente. En Cambados, a representación do Encontro Irmandiño, nas pasadas eleccións adicouse a desprestixiar a actual cúpula do Consello Local, a desprestixiar os candidatos e non falemos de axudar iso non vai con eles, a representación do Encontro Irmandiño en Cambados é incalificabel. Un se non está conforme ca actual executiva , ELIXIDA DEMOCRATICAMENTE nunha asemblea o mínimo que poder facer e traballar dende dentro para tratar de cambiar as cousas como mandan os estatutos, ou senón irse sen facer ruído. Non queremos dicir con isto que a UPG ou MÁIS GALIZA sexan a perfección nin moito menos, pero non están a alodar a auga como os Irmandiños.

TERRA DE ASOREI GAÑA O VI CERTAME RÍAS BAIXAS ALBARIÑO DE BARRO
Diploma gañador.
O concurso tivo lugar no marco da XXXII Festa do Viño. Expertos do panel de cata do Consello Regulador da D.O. e da Orde do Lagariño avaliaron 17 marcas.
Vinte e dúas adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participaron este ano na Festa do Viño de Barro, unha celebración que xa vai pola súa 32 edición e que pechou de novo cun alto índice de participación. Desde a súa inauguración puidéronse degustar no recinto do Pazo da Crega un total de 29 marcas de Rías Baixas. De entre elas, dezasete participaron no Certame de Viños Rías Baixas no que o albariño Terra de Asorei se fixo co primeiro premio.
Membros do panel de cata do Consello Regulador e da Serenísima Orde do Lagariño eran os encargados de avaliar momentos antes da entrega de premios as elaboracións que se presentaron a concurso. En segundo lugar quedou clasificado o Rías Baixas Castel de Bouza, e o terceiro premio foi para Terras de Lantaño. Pero estes non foron os únicos viños premiados. No marco desta festa distinguíronse ata vinte elaboracións máis de entre as que participaron noutro concurso, o de colleiteiros. Os primeiros premios por categorías foron para Casa Villa de Amigo en brancos do país, Manuel Parrado en tintos, Guadalupe González fíxose coa distinción ó mellor caíño e Celso Calvo destacou no apartado de albariños.
A Festa do Viño de Barro inaugura a tempada de exaltacións vinícolas que se sucederán durante os meses de verán, co cumio, no caso da DO Rías Baixas, na Festa do Albariño de Cambados.

PECHE DE TRABALLADORAS ALFAGEME PARA PEDIR AXILÍCESE A VENDA AO CONSORCIO
Traballadoras de Alfageme pechadas no concello.
O alcalde de Cambados, Luís Aragunde trans faltarlle a verdade por primeira vez as traballadores, contactou por segunda vez co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, castelán parlante él, quen lle trasladou que necesita máis marxe de tempo, segundo revelou a portavoz da CIG, Rosa Abuín. A reunión vaise celebrar finalmente mañan as 5 da tarde para elo as traballadores tiveron que pecharse novamente hoxe no Concello.
"Estamos cansadas. Os asesores xurídicos levan ano e medio analizando a situación", apuntou a sindicalista, quen teme que se estea encubrindo "unha poxa, onde non se garantirían os postos de traballo. É algo que non imos permitir", advertiu Abuin.
A CIG vén denunciando nas últimas semanas a incidencia que sobre a venda de Alfageme está tendo a "paralización" do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desde que varios dos seus altos cargos fosen imputados na denominada "Operación Campión". Os Populares si tiveron presa para subvencionar a unha conserveira real que despois non ogreceu os postos de traballo que primeteu. As traballadores de Alfageme son as primeiras defraudadas polos populares de Cambados, pero non serán as últimas.

BIEITO LOBEIRA LEVA AS AMEAZAS DE CARLOS GARCIA O PARLAMENTO.
Carlos Otero
O Deputado do BNG o coñecido Bieito Lobeira ven de presentar unha iniciativa no Parlmento Galego na que denuncia o acoso e a persecución que, asegura u parlamentario, «está a padecer o concelleiro desta forza política non concello dá Illa de Arousa». Lobeira trata de que o PP «condene a presión, o acoso, a persecución e as ameazas inflixidas ao edil nacionalista». Carlos está sendo acosado continuamente «polo grande delito de impedir que co seu voto, de xeito directo ou indirecto, accedese ou PP á alcaldía dá Illa». Parece ser que hai forzas politicas que non saben gañar e botan fogos no mesmo día que enterran a un ex-concelleiro do BNG de Cambados a directivo do Club Juventud Cambados e tampouco saben perder cando as furnas non lle son favorables, pero como dicia Castealo “Se os parvos chegan a ser autorizadade , non vos  extranar, son os tempos que nos tocou vivir”.

Portada da Razón
A RAZÓN FAI DESAPARECER MANIFESTANTES MEDIANTE POHOTOSOP
O movemento 15-M, movemento pacífico por excelencia, ven dende os aillados feitos de Barcelona, e incluso xa antes , sufrindo en acoso e derribo por parte da prensa sobre todo de dereitas e xa non digamos nada da inombrable e manipuladora cadea da ultradereita chamada Intereconomia. Esta persecución chega a estremos tales que nunha portada da Razón que que se premedes nela podedes ver ampliada, podese ver como “eliminaron” manifestantes por medio do fotoshop. Un uso “moi profesional” desta ferramenta por parte de determinados “periodistas” do mentado periódico. No foto podense ver restos de tampon de clonar dabondo e xente decapitada. Despois atrevense a dicir estes pseudoperiodistas que os do 15-M son os violentos.
Foto recollida do facebook de Siso GC.

A ASOCIACION ESMORGA ASOCIACIÓN XUVENIL DE NOALLA CUMPRE SETE ANOS
Cartel do evento
5? 6? Non!!! CumprEN 7 xa... Quen ía decir que ian chegar tan lonxe dende aquel 12 de xuño de 2004? Pero o importante non é a donde chegaron se non a donde queren chegar...
E como 7 anos non se cumpren todos os días, estan preparando unha festaza, desas que marcan, polo menos ata o luns sejuinte...
Comezaran o 24 de xuño as 23 horas cuns veteranos do panorama musical galego, non lle fai falla presentación porque o seu nome xa o dí... todo...
MeDoMedA!!! Chegados dende os arredores da capital galega este grupazo deleitarannos cunha remesa dos seus mellores temas!http://www.myspace.com/medomeda 
E de seguido, dende Ribeira, terra polveira tanto no mar coma na terra, os rapaces de EntreLíneas sorprenderannos cunha mistura de temas propias e versións dun jrupo que encheu moitos ocos das nosas xuventudes, os Heredeiros da Crus!!! http://www.myspace.com/entrelineasrock
E como non, só lles quedaba o Dj... Pois nin máis nin menos que chegado dende Berlín, o noso amigo Servando Barreiro demostraranos o "porqué" de que hai galegos ata na luna... Combinará un espectáculo de luces e son que porá A eSMoRGa a fume de carozo!!! http://servandobarreiro.es/
A entrada é de balde... ACODIDE TOD@S!!! A eSMoRGa 4eVeR Lugar Local da Asociación Altín Nº8
Noalla – Galicia

UN VÍDEO SOBRE SOL
Unha amiga chamada Nuria, por e-mail partcipounos que está nunha das comisións de Acción creativa do da Porta do Sol, pedironlle que fixera un vídeo sobre a instancia do movemento en Sol. E de momento, está é a pequena achega artística de Nuria. Creo que está bonita e amosa o que non ensinan os medios. Podes ver o video premendo AQUÍ.
TOCOU A PRIMITIVA OUTRA VEZ EN CAMBADOS
O outro dia tocou noavamente a primitiva en Cambados , o afortunado prefire manterse no anónimato, pero contoulle a un amigo íntimo e este fixonolo chegar a nos que cando chegou a casa preguntoulle a muller: ¿Qué farias se me tocara a primitiva?. Ela que non se levaba ala moi ben co home e queria perdelo de vista contestoulle: “Ficaria coa metade, separabame de ti e logo fuxiria da casa”. Nesto contestoulle o home: “Moi ben , pois tocaronme 12 €, toma os teus 6 e xa te estás largando".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Polo artigo do Encontro Irmandinho:

Home Chon, eu non sei de onde sacaches esa visión do que está facendo o EI, mais eu considero que é o mellor que se fixo dentro e fóra do BNG dende hai tempo, e iso que eu vivín pouco da historia do Bloque pero neste momento creo que era exactamente o que había que facer, un SANEAMENTO, unha limpeza de cara. E canto máis para buscar unha democracia e un saber facer dentro do propio partido.
Logo os nacionalistas queixámonos de vicio, queixámonos de que perdemos votos, que perdemos representación e incluso que perdemos militancia... un pouco de autocrítica por favor! Que non se pidan votos, nin un mellor goberno cando non se predica co exemplo.